ÚLTIMAS NOVAS
- Praza de Profesor Axudante na Universidad Complutense de Madrid
- Ofertas de traballo no Basque Center for Applied Mathematics - BCAM
- Oferta de traballo de ISGlobal en bioestatística (Barcelona)
- Bolsas para a realización dun doutoramento industrial no ICMAT (Madrid)
- Programa de doutramento 3-i ICT: Contratación de 4 investigadores noveis no CITIC (A Coruña)
Acceso socios
Nova versión do programa Epidat
Xa está dispoñible a versión 4.0 de Epidat, programa para análise estatística e epidemiolóxica que está desenvolvido pola Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública. Este programa é de libre distribución e pode descargarse da páxina web: http://dxsp.sergas.es (apartado "Aplicación e Datos").
Epidat 4.0 ten un módulo de análise descritiva que permite organizar e resumir un conxunto de datos mediante táboas de frecuencias, cálculo de medidas características e representacións gráficas.