Distribución espacial das características da poboación de Galicia por cuadrícula de 1km2

O IGE acaba publicou o 27.11.2020 por primeira vez información estatística sobre a poboación de Galicia nunha cuadrícula regular de 1km2 que cobre todo o territorio de Galicia. Nesta malla regular represéntase unha aproximación da poboación de Galicia segundo diversas características sociodemográficas: sexo, idade, lugar de nacemento, afiliación á Seguridade Social, pensionista…

A maior desagregación espacial da información permite un coñecemento máis exhaustivo do comportamento dos patróns das distintas variables no territorio. Con isto preténdese achegar unha mellora na toma de decisións por parte dos axentes públicos e privados. Esta información pode ser útil na toma de decisións en cuestións relacionadas coa poboación que se ve afectada polo risco de inundación, co grao de accesibilidade da poboación ao centro de saúde máis próximo, coa poboación de menores asignada a un centro educativo …

Podedes acceder á información nesta ligazón:

http://www.ige.eu/web/mostrar_actividade_estatistica.jsp?codigo=0201001009&idioma=gl

Nesta ligazón tedes acceso ao visor da información en mapas e a consulta en forma de táboas:
http://www.ige.eu/igebdt/openOSMGrid1km.jsp?idioma=gl&c=0201001009
http://www.ige.eu/igebdt/DatosGridSel.jsp?idioma=gl&c=0201001009

Así como, unha nota divulgativa cos principais resultados.


2021  SGAPEIO   globbers joomla templates