ÚLTIMAS NOVAS
- FASE NACIONAL | XII Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos
- Gañadores XII Concurso da Incubadora de Sondaxes e Experimentos
- Pasamento da profesora Carmen Cadarso
- Finalistas e mencións do XII Concurso da Incubadora de Sondaxes e Experimentos
- Praza de Profesor Axudante na Universidad Complutense de Madrid
Acceso socios
XV Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións | Segunda Circular
XV Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións.
- Datas: do 4 ao 6 de novembro de 2021.
- Organizado por: Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización da Universidade de Santiago de Compostela.
Como foi anunciado na primeira circular, os días 4, 5 e 6 de novembro do ano 2021 celebrarase en Santiago de Compostela o XV Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións.
Nesta segunda circular comunicamos que está habilitada unha páxina web na dirección http://xvcongreso.sgapeio.es/, onde se atopará toda a información sobre as actividades do congreso e se poderá facer a inscrición e o envío de comunicacións.
En concreto, xa é posible enviar os traballos tanto se se van a presentar en forma oral como en formato póster. Os traballos poderán remitirse en galego, castelán, portugués ou inglés indistintamente. O prazo para o envío de traballos remata o 5 de xullo.
O formato de presentación adaptarase ás circunstancias sanitarias. Así, cando por razóns sanitarias non sexa posible a asistencia presencial de todos/as os/as congresistas ás presentacións, estas se efectuarán por vía telemática, ou incluso se combinará o aforo presencial coa conexión telemática. Isto podería afectar tanto ás comunicacións orais como aos pósteres.
Como en edicións anteriores do congreso da SGAPEIO a Sociedade volve a convocar os Premios ás mellores comunicacións presentadas por investigadores/as novos/as, en dúas modalidades: mellor comunicación teórica e mellor comunicación aplicada. Cada un dos dous traballos gañadores recibirá un premio en metálico de 500 €. A notificación da concesión de ambos premios, así como a súa entrega, realizarase durante o acto de clausura do congreso. As bases pódense consultar aquí.
Proximamente comunicaremos o resto de actividades a celebrar no congreso, información que tamén se irá actualizando na web.
Agardamos a vosa participación.