XV Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións | Terceira Circular

 

XV Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións.

- Datas: do 4 ao 6 de novembro de 2021.

- Organizado por: Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización da Universidade de Santiago de Compostela.

Páxina web

Como foi anunciado na primeira circular, os días 4, 5 e 6 de novembro do ano 2021 celebrarase en Santiago de Compostela o XV Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións.
Nesta cuarta circular informamos de que foi ampliado o prazo para o envío de comunicacións ata o 27 de xullo de 2021. Animámosvos a presentar os vosos traballos ao congreso.

Nesta terceira circular comunicamos que está habilitada a inscrición no congreso a través da páxina web http://xvcongreso.sgapeio.es/, e está dispoñible unha cota superreducida ata o 6 de setembro de 2021. Tamén recordamos que o prazo para envío de comunicacións remata o 5 de xullo de 2021.

Ademais, xa están previstas as seguintes actividades:

Mesa redonda I: O impacto da covid19 dende diferentes perspectivas

  • Rosa M. Crujeiras Casais (moderadora), Dpto. de Estatística, Análise Matemática e Optimización, Universidade de Santiago de Compostela.
  • Alberto Ruano Raviña, Dpto. de Medicina Preventiva e Saúde Pública, Universidade de Santiago de Compostela.
  • Ricardo Cao Abad, Dpto. de Matemáticas, Universidade da Coruña.
  • José Antonio Campo Andión, Director do Instituto Galego de Estatística.
  • Diego Ramiro Fariñas, Investigador Científico do Consello Superior de Investigacións Científicas, Director do Instituto de Economía, Xeografía e Demografía do CSIC.


Mesa redonda II: Estatística e IO noutros mundos

  • Milagros Diéguez Taboada (moderadora), IES de Milladoiro, Xunta de Galicia.
  • Carlos Amiama Ares, Dpto. de Producción vexetal e proxectos de enxeñería, Universidade de Santiago de Compostela.
  • Ángel Carracedo Álvarez, Dpto. de Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría, Universidade de Santiago de Compostela.
  • Jesús Lagos Milla, ORANGE.
  • José Ramón Pichel Campos, IMAXIN.


Curso: Aprendendo ferramentas TIC para o ensino da Estatística
Este curso se levará cabo dende o 13 de setembro ao 6 de novembro de 2021, cunha duración total de 35 horas, e será impartida polas seguintes docentes:

  • Mª Isabel Borrajo García, Dpto. de Estatística, Análise Matemática e Optimización, Universidade de Santiago de Compostela.
  • Mercedes Conde Amboage, Dpto. de Estatística, Análise Matemática e Optimización, Universidade de Santiago de Compostela.
  • Mª José Ginzo Villamayor, Dpto. de Estatística, Análise Matemática e Optimización, Universidade de Santiago de Compostela.

Obradoiro: Sentido estatístico e actividades para o seu desenvolvemento

  • Carmen Batanero Bernabeu, Departamento de Didáctica de la Matemática, Universidad de Granada.
  • José Antonio Garzón Guerrero, Departamento de Didáctica de la Matemática, Universidad de Granada.

Dende o Comité organizador seguimos traballando para facilitar a asistencia presencial ao congreso, dentro do cumprimento das medidas de prevención sanitaria, e complementando con medios telemáticos para o seguimento do congreso ou para a presentación dos poñentes que así o precisen.

Recordamos que están convocados os Premios ás mellores comunicacións presentadas por investigadores/as novos/as, en dúas modalidades: mellor comunicación teórica e mellor comunicación aplicada. Para participar nesta convocatoria será necesario expoñer a comunicación de maneira presencial.

Agardamos a vosa participación.
O comité organizador,
XV Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións

2025  SGAPEIO   globbers joomla templates