XV Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións | Quinta Circular

 

XV Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións.

- Datas: do 4 ao 6 de novembro de 2021.

- Organizado por: Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización da Universidade de Santiago de Compostela.

Páxina web

Como foi anunciado na primeira circular, os días 4, 5 e 6 de novembro do ano 2021 celebrarase en Santiago de Compostela o XV Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións.
Nesta quinta circular informamos de que foi ampliado o prazo para o envío de comunicacións ata o 20 de setembro de 2021. Animámosvos a presentar os vosos traballos ao congreso.

Ademais informamos de que temos dúas actividades mais previstas no congreso, ambas do campo da Investigación de Operacións. Son un novo conferenciante plenario e un obradoiro, que detallamos a continuación.


José María Alonso Meijide Universidade de Santiago de Compostela.
José Mª Alonso Meijide é Profesor Titular do Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización da Universidade de Santiago de Compostela. Ocupou o cargo de Coordinador Xeral do Programa de Doutoramento Interuniversitario en Estatística e Investigación Operativa organizado pola tres universidades públicas de Galicia. Tamén foi Vicepresidente e Secretario Xeral da SGAPEIO, así como director da revista Informest. A súa liña de investigación é a teoría de xogos cooperativos. Publicou ao redor de 40 artigos en revistas tales como European Journal of Opeational Research, Annals of Operations Research, Optimization, Applied Mathematics and Computation, Games and Economic Behavior, Journal of Optimization Theory and Applications, Discrete Applied Mathematics e TOP, entre outras..

Obradoiro: Ferramentas en R para a resolución de problemas de Investigación de Operacións, impartido por Alejandro Saavedra Nieves (Universidade de Santiago de Compostela).

O comité organizador,
XV Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións

 

2021  SGAPEIO   globbers joomla templates