ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Novas da SGAPEIO, 11 de febreiro de 2025
1.- XVII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións
O Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Vigo, a petición da Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) organiza o XVII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións. Nesta ocasión, o congreso celebrarase en OURENSE do 23 ao 25 de OUTUBRO de 2025. Como en edicións anteriores, entre os distintos actos incluiranse conferencias, mesas redondas, obradoiros e comunicacións, ademais de actividades de carácter cultural coas que intentaremos facer mais atractiva a participación. O obxectivo deste congreso é contribuír á divulgación dos avances na teoría, nas aplicacións e na didáctica da Estatística e da Investigación de Operacións.
O Comité Organizador convida a todos aqueles vinculados coa Estatística e a Investigación de Operacións a participar nestas xornadas, amosando as súas experiencias e resultados máis recentes.
Máis información: http://xviicongreso.sgapeio.es/
2.- XV Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos
A Sociedade Galega para a promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO) ven de convocar o XV Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de estatística e investigación de operacións realizados por estudantes de ESO, Formación Profesional Básica, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Datas importantes:
- Inscrición de traballos: desde o 24 de marzo ata o 7 de abril de 2025.
- Entrega dos traballos finalizados: desde o 24 de marzo ata o 11 de abril de 2025.
- Fallo do xurado: do 19 ao 23 de maio de 2025.
Máis información: https://www.sgapeio.es/index.php/formacion-e-actividades/premios-sgapeio/3659-xv-concurso-incubadora-de-sondaxes-e-experimentos
3.- Seminarios web do International Statistical Institute (ISI)
O International Statistics Institute (ISI) está a organizar una serie de seminarios web que abranguen desde a estatística pública á ética profesional, pasando pola titoría estatística.
Máis información: https://isi-web.org/courses-webinars-workshops?type=2&field_type_courses=All&page=0
4.- Seminario web Statistical Modeling for Scientists and Engineers
Seminario en liña sobre modelado estatístico para científicos e enxeñeiros, impartido por Bernd Heinen. Data: 13 de febreiro de 2025.
Máis información: https://www.jmp.com/es_es/events/live-webinars/time-to-innovate/time-to-innovate-13feb2025-modeling.html
5.- Congreso Internacional en Estatística e Ciencia de datos do IMS 2025
O Congreso Internacional en Estatística e Ciencia de datos do Institute of Mathematical Statistics (International Conference on Statistics and Data Science, ICSDS) 2025 celebrarase en Sevilla, España, do 16 ao 19 de decembro de 2025. Este congreso reunirá investigadores de estatística e ciencia de datos de todo o mundo para intercambiar ideas sobre os máis actuais desenvolvementos no eido da estatística, da aprendizaxe máquina e, en xeral, das aplicacións relacionadas coa ciencia de datos. O evento incluirá sesións plenarias, sesións invitadas, sesións regulares e sesións de póster, ademais de organizar un concurso no que poderán concorrer estudantes de doutoramento.
Máis información: https://sites.google.com/view/ims-icsds2025/
6.- BFTA 2025: 7th School on Belief Functions and their Applications
A 7ª edición da School on Belief Functions and their Applications (BFTA 2025) celebrarase en Granada, España, do 19 ao 23 de outubro de 2025. Este evento bienal, organizado pola Belief Functions and Applications Society (BFAS), ofrece unha oportunidade única para estudantes e investigadores para formarse en aspectos fundamentais e avanzados da teoría das funcións de crenza (tamén coñecida como teoría de Dempster-Shafer ou teoría da evidencia). O programa incluirá conferencias de investigadores destacados que abordarán conceptos teóricos básicos e avanzados, así como aplicacións en diversos dominios como aprendizaxe máquina, fusión de información, inferencia estatística e ciencia de materiais.
Máis información: https://www.bfasociety.org/BFTA2025/
7.- 25th Conference of the European Network for Business and Industrial Statistics
A 25ª edición do congreso anual da European Network for Business and Industrial Statistics (ENBIS) celebrarase no Pireo, porto de Atenas, Grecia, do 14 ao 18 de setembro de 2025. O evento será organizado pola Universidade do Pireo e incluirá sesións plenarias, sesións invitadas, sesións regulares, talleres e cursos pre- e post-congreso. Os principais relatores deste ano inclúen a Jennifer van Mullekom (Virginia Tech, USA) e George Moustakides (Universidade de Patras, Grecia). O congreso ofrece unha excelente oportunidade para o intercambio científico e profesional nunha contorna única que conforma o Pireo, Atenas e Grecia.
Máis información: https://conferences.enbis.org/event/63/
8.- VIBASS 8: Escola de Verán Internacional en Estatística Bayesiana de Valencia
A Escola de Verán Internacional en Estatística Bayesiana (València International Bayesian Summer School, VIBASS 8) celebrarase en València, España, do 7 ao 10 de xullo de 2025. VIBASS 8 é unha escola de verán de 4 días que ofrece a oportunidade de introducirse na aprendizaxe bayesiana sen necesidade de coñecementos previos sobre o tema. Os catro días de VIBASS 8 están organizados en dúas partes:
- Os primeiros dous días consisten nun curso básico sobre aprendizaxe bayesiana (12 horas), con sesións conceptuais e sesións prácticas utilizando o paquete R vibass. Recoméndase que os participantes traian os seus propios portátiles para as sesións prácticas.
- Os dous días seguintes estarán centrados nun tema de interese actual na análise bayesiana. O tema desta edición é "Modelado bayesiano con brms". Este curso de 12 horas será impartido por Javier Enrique Aguilar (TU Dortmund University, Alemaña).
VIBASS 8 está organizado polo VAlència BAyesian Research group (VABAR) e conta co apoio da Universitat de València, Universidad de Castilla-La Mancha, CIRAD, Universitat Politècnica de València e Biomathematics and Statistics Scotland (BioSS).
Máis información: http://vabar.es
9.- EURO 2025: Applications of Combinatorial Optimization in Industry and Services
A sesión invitada "Applications of Combinatorial Optimization in Industry and Services" terá lugar no 34ª Congreso Europeo de Investigación Operativa (EURO 2025) en Leeds, Reino Unido, do 22 ao 25 de xuño de 2025. Esta sesión, dentro do stream invitado "Combinatorial Optimization", céntrase en modelos e algoritmos que poden contribuír a resolver problemas do mundo real. De estar interesado en presentar un resumo (máx. 1500 caracteres), váiase directamente á páxina do sistema de envío https://www.euro-online.org/conf/euro34/), úsese a opción para enviar un "abstract in an organized session" e introdúzase o código 8bddc868.
Datas Importantes:
- Data límite para envío de resumos: 8 de marzo de 2025.
- Data límite para rexistro anticipado: 30 de marzo de 2025.
Máis información: https://euro2025leeds.uk/
10.- NetGCoop 2025: 12º Congreso sobre Xogos de Redes, Control e Optimización
O 12º Congreso Internacional sobre Xogos de Redes, Control e Optimización (NetGCoop 2025) celebrarase en Bilbao, España, do 8 ao 10 de outubro de 2025. Este congreso multidisciplinar reúne investigadores e profesionais de distintas áreas da teoría de xogos, control e optimización, con especial atención ás súas aplicacións ás redes. Ademais, os días 6 e 7 de outubro celebrarase o VI SEIO Course on Game Theory: Applications to Blockchain and Networking.
Máis información: https://netgcoop2025.univ-avignon.fr/
11.- SEIO 2025: XLI Congreso Nacional de Estadística e Investigación Operativa e XV Jornadas de Estadística Pública
O comité organizador do XLI Congreso Nacional de Estadística e Investigación Operativa e as XV Jornadas de Estadística Pública (SEIO2025), que se celebrará no palacio de congresos da Llotja, en Lleida, do 10 ao 13 de xuño de 2025, ampliou o prazo para o envío de traballos ata o día 22 de febreiro de 2025. O prazo de inscrición con tarifa reducida será ata o día 1 de marzo de 2025.
Máis información: https://grafo.etsii.urjc.es/es/event/seio2025/
12.- Premios de Investigación Sociedad Científica Informática de España (SCIE) – Fundación BBVA 2025
A Sociedade Científica Informática de España (SCIE) e a Fundación BBVA convocan os Premios de Investigación SCIE-Fundación BBVA 2025 para recoñecer a labor de investigadores e entidades públicas e privadas no ámbito da informática, incluíndo áreas como a estatística e a intelixencia artificial. Estes premios teñen dúas modalidades: Premios Nacionais de Informática, para recoñecer traxectorias científicas e profesionais destacadas, e Premios a Investigadores Mozos en Informática, para distinguir traballos doutorais innovadores e relevantes. Prazo de presentación de candidaturas: ata o 13 de marzo de 2025.
Máis información: https://www.fbbva.es/premios/premios-investigacion-sociedad-cientifica-informatica-espana-fundacion-bbva-2025/
13.- Convocatorias abertas de financiación estatal e autonómica
A continuación se relacionan as convocatorias con prazo de solicitude aberto relacionadas con actividades e formación de investigación, sexan financiadas por gobernos autonómicos e ministerios.
Ministerios:
- Axudas complementarias de mobilidade destinadas a beneficiarios do programa de formación do profesorado universitario (FPU) 2025.
- Formación de profesorado universitario 2024.
Convocatorias autonómicas:
- Axudas de apoio á etapa predoutoral 2025.
- Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral 2025.
- Axudas para completar a etapa de formación posdoutoral 2025.
- Consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas 2025.
14.- Oposicións do ensino medio, 21/06/2025: 1.664 prazas, 51 en matemáticas
Os exames das oposicións de ensino en Galicia comezarán o 21 de xuño de 2025, con 1.664 prazas en máis de cincuenta especialidades docentes. Entre estas, destacan as 51 prazas para a especialidade de Matemáticas no corpo de profesores de ensino secundario. A maioría das prazas (86%) serán de novo ingreso, incluíndo prazas para mestres, profesores de ensino secundario, especialistas en sectores singulares da FP e inspectores de educación. A Consellería de Educación tamén abordou a actualización da normativa de formación do profesorado para adaptala ás necesidades do século XXI.
Máis información: https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/009507/los-examenes-las-oposiciones-ensenanza-comenzaran-21-junio-con-1-664-plazas-medio


