ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Novas da SGAPEIO, 28 de xullo de 2025
1.- Aberta a inscrición e envío de traballos para o XVII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións
O XVII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións celebrarase do 23 ao 25 de outubro de 2025 na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do Campus de Ourense (UVigo), organizado polo Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Vigo e a SGAPEIO.
O prazo de inscrición e envío de traballos ábrese o 6 de xullo, con tres tipos de matrícula: súper reducida (ata o 12 de setembro), reducida (ata o 12 de outubro) e normal (a partir do 12 de outubro). As propostas de comunicación poderán presentarse ata o 12 de setembro a través da web do congreso.
A programación inclúe varias xornadas destacadas, como a II Xornada de Innovación Docente (en colaboración con AGAPEMA), a sesión Galicia–Portugal de Biometría e unha xornada sobre Estatística na Agricultura e o Medioambiente. A conferencia plenaria será impartida pola profesora e divulgadora Anabel Forte.
Tamén están convocados o premio á mellor comunicación de investigador/a novo/a (500 €) e o concurso de pósteres do Máster en Técnicas Estatísticas (MTE).
Máis información: http://xviicongreso.sgapeio.es, Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
2.- Publicación do número 70 da revista Informest
A SGAPEIO vén de publicar o número 70 do seu boletín Informest, correspondente ao mes de xullo de 2025. Este novo exemplar inclúe unha colaboración centrada na xestión óptima de inventarios na industria téxtil, ademais dunha entrevista ao profesor Justo Puerto, da Universidad de Sevilla, investigador insigne no eido da IO en España. Por outra banda, tamén se ofrece información sobre as últimas e máis actuais actividades da SGAPEIO, como son os resultados da XV Incubadora de Sondaxes e Experimentos ou do concurso AVATAR 2025, así como novidades do Instituto Galego de Estatística, sen esquecer a sección de traballos académicos recentes. Pechan o número os apartados “Coñecéndonos”, dedicado nesta edición á profesora Paula Saavedra Nieves, e “Sabías que?” cunha curiosidade matemática sobre teoría da parada óptima. Grazas, Alex, María, pola xestión desta nova edición da nosa revista!
Máis información: http://www.sgapeio.es
3.- Cursos e seminarios do INE
O Instituto Nacional de Estatística (INE) ofrece un ciclo de seminarios cursos e sesións técnicas dirixido a profesionais do sector público e privado, centrados en estatística oficial, ciencia de datos e ferramentas actuais (API, IA, ML). Estas actividades formativas permiten actualizar coñecementos en ámbitos como visualización, estatística e novas fontes de datos integradas. Entre as diversas sesións, destacan:
- Recursos de ML e IA aplicados á estatística oficial.
- Panel de indicadores de comercio en valor engadido (TiVA).
- Uso de API JSON e ineapir para acceder a INEbase.
- Ciclos sobre operacións estatísticas e incorporación de nuevas fontes.
- Visualización interactiva de datos.
- Atlas de distribución de renda, uso de web scraping, etc.
Máis información: https://www.ine.es/dyngs/FYE/index.htm?cid=147
4.- IUMA Day sobre análise bayesiana e a influencia de Alan Gelfand
O Instituto Universitario de Matemáticas e Aplicaciones (IUMA) da Universidad de Zaragoza organiza unha xornada especiais sobre análise bayesiana o próximo 22 de outubro, centrada na influencia do traballo do Profesor Alan Gelfand, con motivo do seu nomeamento como Doutor Honoris Causa por esta universidade.
A xornada contará coa participación de especialistas en estatística bayesiana e estatística espacial, con aplicacións á modelización de procesos na ecoloxía e ciencias medioambientais.
Mais información: https://eventos.unizar.es/138310/detail/iuma-day-on-bayesian-analysis-the-influence-of-alan-gelfands-work.html
5.- Selección de congresos internacionais con convocatoria aberta
Seguidamente se indica unha serie de congresos internacionais, con sede fora da península ibérica, relacionados coa Estatística a IO e a ciencia de datos, con convocatoria aberta para o envío de resumos.
- 22nd International Symposium on Econometrics, Operations Research and Statistics (EYI'2025). O simposio EYI 2025 celebrarase do 24 ao 28 de setembro de 2025 e estará centrado en econometría, series temporais, técnicas de predición e aprendizaxe estatística aplicada, con aplicacións en economía, medio ambiente e políticas públicas. O prazo para o envío de resumos está aberto ata o 15 de agosto de 2025. Máis información: https://www.eyi2025.com/.
- Congreso IX Latin American Conference on Statistical Computing (LACSC 2025). Do 4 ao 7 de novembro de 2025 celebrarase en Valparaíso (Chile) o congreso LACSC 2025, principal evento latinoamericano da IASC-LARS sobre computación estatística. A temática xirará arredor da integración entre estatística e intelixencia artificial en ámbitos como a saúde, as finanzas ou o medio ambiente. Máis información: https://www.lacsc2025.cl/.
- 12th International Conference on Teaching Statistics (ICOTS 12). O ICOTS 12 celebrarase do 12 ao 17 de xullo de 2026 en Brisbane (Australia), sendo o seu tema principal o ensino da estatística e da ciencia de datos. Está dirixido a docentes, investigadores e profesionais da educación estatística. O prazo para propostas está aberto ata o 31 de xullo de 2025, e o envío de comunicacións con revisión ata o 30 de agosto de 2025. Máis información: https://app.oxfordabstracts.com/content/events/73693/vc-downloads/486cc37d-cc68-4d4e-a0d1-7ff0a0bdfc4c.pdf e https://virtual.oxfordabstracts.com/e/icots12
6.- Premios: Data Science Talent Awards 2025
Premios convocados pola Pistoia Alliance para recoñecer proxectos innovadores relacionados coa ciencia de datos aplicada e con impacto contrastado nos sectores da industria e ciencias da vida. Hai dúas modalidades, o
- Young Data Scientist of the Year, dirixido a profesionais e estudantes de ata 30 anos, e
- Data Science Team of the Year, para a labor de equipos de investigación nos últimos 12 meses.
O formulario de inscrición estará dispoñible durante o mes de setembro de 2025.
Máis información: https://www.pistoiaalliance.org/data-science-talent-awards/.
7.- Aberto o prazo para o envío de artigos a números especias de revistas do JCR
A continuación preséntase unha selección de Call for Papers para números especiais en revistas indexadas no Journal Citation Report (JCR) das áreas de Statistics & Probability e Operations Research & Management Science, publicadas por editoriais de referencia como Springer e Elsevier.
- Spatial Statistics (Elsevier). Esta revista mantén abertas dúas convocatorias para números especiais. O primeiro está centrado na estatística espacial para saúde pública e epidemioloxía, mentres que o segundo aborda o desenvolvemento de modelos espaciais con impacto ambiental. Ambas iniciativas buscan achegas metodolóxicas e aplicadas que impulsen o desenvolvemento da estatística espacial en contextos reais. Os prazos de envío permanecen abertos e a información detallada está dispoñible na web oficial da revista. Máis información: https://www.sciencedirect.com/journal/spatial-statistics/about/call-for-papers.
- Statistical Papers (Springer). Número especial vinculado á avaliación estatística da calidade. O prazo remata o 1 de decembro de 2025. Máis información: https://link.springer.com/journal/362/collections.
- Journal of Multivariate Analysis (Elsevier). Número especial sobre métodos estatísticos para espazos de alta dimensión ou dimensión infinita. Prazo aberto ata o 31 de outubro de 2025. Máis información: https://www.journals.elsevier.com/journal-of-multivariate-analysis/special-issues.
- Annals of Operations Research (Springer). Esta revista ten abertos diversos números especiais en relación a diversas temáticas, como son a modelización da fiabilidade e optimización en sistemas sostibles, a optimización estocástica no sector agrícola e a integración da ciencia de datos coa analítica de decisións, entre outras. Máis información: https://link.springer.com/journal/10479/updates/17189262.
- Computers & Operations Research (Elsevier). Está aberta a convocatoria de envío de traballos relacionados coa simulación estocástica e a intelixencia artificial aplicadas á toma de decisións. O prazo está aberto ata maio de 2026. Máis información: https://www.sciencedirect.com/journal/computers-and-operations-research/about/call-for-papers.
8.- Pre-anuncio de prazas postdoutorais no IMUS-MdM (Universidad de Sevilla)
A Universidad de Sevilla publicara en setembro de 2025 unha convocatoria para cubrir catro prazas postdoutorais no marco da unidade IMUS-MdM, recoñecida co selo de Excelencia María de Maeztu. Os contratos, de duración indefinida mentres dure a axuda, estarán orientados a tarefas de investigación e transferencia en liñas prioritarias do instituto. As persoas candidatas deberan ter o titulo de doutor en matemáticas ou equivalente. O salario previsto estará comprendido entre 32200 e 48803 euros brutos anuais, segundo o perfil.
Mais información: https://www.imus.us.es/, https://www.us.es/tablon-virtual y https://www.investigacion.us.es/.
9.- Praza de Axudante Doutor en Estatística na Universidad Complutense de Madrid
O Departamento de Estadística e Investigación Operativa da Facultad de Ciencias Matemáticas da Universidad Complutense de Madrid convocou unha praza de Axudante Doutor, dentro da oferta publicada no BOUC. A praza corresponde ao código 080725/PAD/008. O prazo de solicitude esta aberto e remata o 30 de xullo de 2025.
Mais información: https://www.ucm.es/convocatoria-publicada-en-el-bouc-de-8-de-4.


