Novas da SGAPEIO, 16 de outubro de 2025

1.- XVII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións

O XVII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións celebrarase do 23 ao 25 de outubro de 2025 na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do Campus de Ourense (UVigo), organizado polo Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Vigo e a SGAPEIO.

Se informa aso socios que a inscrición está actualmente aberta, mediante pagamento da taxa de rexistro normal.

A programación inclúe varias xornadas destacadas, como a II Xornada de Innovación Docente (en colaboración con AGAPEMA), a sesión Galicia–Portugal de Biometría e unha xornada sobre Estatística na Agricultura e o Medio Ambiente. A conferencia plenaria será impartida pola profesora e divulgadora Anabel Forte.

Aparte do programa científico, seguidamente se describen as actividades correspondentes ao programa social:

  • Xoves 23 de outubro
    • Xantar tipo buffet na sede do congreso (Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo).
    • Visita guiada ao centro histórico e aos tellados da Catedral de Ourense: https://catedralourense.com/
    • Visita ás Termas de Outariz (saída dende a Alameda; regreso ás 21:00 con paradas na estación e centro): https://www.termasoutariz.com (imprescindibles toalla, chancletas e bañador).
  • Venres 24 de outubro
    • Xantar tipo buffet na sede do congreso.
    • Visita ao Museo do Viño en Ribadavia e degustación de produtos artesáns do obrador Pura Vila (Cenlle). Regreso ás 21:00 con paradas na estación: https://puravila.com/
  • Sábado 25 de outubro
    • Xantar oficial no restaurante El Coto (Rúa de Reza, 11): https://restaurantecoto.es
    • Custo parcialmente cuberto; abóase 20 € no rexistro. Menú: cocido tradicional ou opción de peixe (indicar preferencia no formulario).

Inscrición nas actividades sociais: cubrir o formulario canto antes: https://forms.office.com/e/k2kjEH5HNi

Máis información: http://xviicongreso.sgapeio.es, Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

2.- Convocatoria da Asemblea Xeral da SGAPEIO, 24 de outubro de 2025, Ourense

Convócase a Asemblea Xeral para o 24 de outubro de 2025, ás 13:30 horas, na Aula Magna da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo (Ourense). Orde do día: aprobación da acta (13/12/2024); informes varios (socios, informes, outros); actividades 2025 e previstas 2026 (Xornada de Formación AGAPEMA no XVII Congreso e prevista para 2026; XV Incubadora de Sondaxes e Experimentos 2025 e concurso AVATAR 2026; outras); XVII Congreso SGAPEIO; acordo de colaboración SGAPEIO–SEIO (cotas reducidas con reciprocidade, se procede); balance 2025 e orzamento 2026; eleccións ao Consello Executivo; quenda aberta de intervencións. Preséntase a lista de candidatos/as ao Consello Executivo 2025: Ana López Cheda, Fabio José González Eiras, Juan José Vidal Puga, Laura Davila Pena, Leticia Lorenzo Picado, Manuel Oviedo de la Fuente, María Erika Francesch Domenech, María Esther Calvo Ocampo, Marta Sestelo Pérez e Paula Blanco Mosquera.

3.- Cursos e talleres do XVII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións

Infórmase aos socios de que, no marco do XVII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións, desenvolveranse os seguintes cursos, de gran interese para os profesionais da estatística e IO.

  • CoDaCourse: Curso sobre Datos Composicionais (dentro da Xornada de Aplicación da Estatística e Investigación de Operacións no eido da Agricultura e o Medioambiente). Docente: Glòria Mateu-Figueras (Dept. Informática, Matemática Aplicada e Estatística, Universidade de Girona).
  • PYOMO: Optimización con Python. Docente: Ángel González Rueda. Profesor do departamento de Estatística, Análise Matemático e Optimización da Universidade de Santiago de Compostela.

Ademais, dentro das "II Xornadas de Innovación Docente na Estatística e Investigación de Operacións", terán lugar os seguintes obradoiros:

  • Métodos e recursos para a aplicación da Intelixencia Artificial no ensino da ESO e Bacharelatos. Docente: Pedro Cuesta Morales. Profesor Titular de Universidade do Departamento de Informatica da Universidade de Vigo.
  • Taller Maestr@ Yoda. Docente: Mercedes Conde Amboage. Profesora Contratada Doutora do Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización da Universidade de Santiago de Compostela.

Inscrición en http://xviicongreso.sgapeio.es/inscricion.html

Máis información: http://xviicongreso.sgapeio.es/cursos.html

4.- Curso GEDM en Decisión Multicriterio: Fundamentos e Retos (UCM/UPM)

Datas: 3–6 de novembro de 2025 (16:30–19:30), 10 horas, presencial (Facultade de Matemáticas UCM; online só con autorización). Inscrición por correo ata o 31 de outubro.

Máis información (cartel e instrucións de inscrición):

https://blogs.mat.ucm.es/imeio/wp-content/uploads/sites/13/cartel_CursoDoctoradoGEDM_2.pdf

5.- Selección de congresos internacionais con convocatoria aberta

Seguidamente se indica unha serie de congresos internacionais, con sede fora da península ibérica, relacionados coa Estatística a IO e a ciencia de datos, con convocatoria aberta para o envío de resumos.

  • CFE–CMStatistics 2025 (Londres, UK, 13–15 dec 2025). Convocatoria: a organización aínda admite short talks presenciais/virtuais e pósters virtuais “ata cubrir prazas”. Ámbitos: econometría, estatística computacional e metodolóxica. Máis información: https://www.cmstatistics.org/CFECMStatistics2025/
  • ENAR 2026 Spring Meeting (Indianápolis, USA, 15–18 mar 2026). Convocatoria aberta de resumos ata o 16 de outubro de 2025 (23:59 ET). Enfoque: Estatística e IA. Máis información: https://www.enar.org/meetings/spring2026/
  • ISBA World Meeting 2026 (Nagoya, Xapón, 28 xuño–3 xul 2026). Convocatoria: propostas de talks/pósters ata o 21 de novembro de 2025 (AoE); envíos posteriores poderán considerarse como póster se hai espazo. Máis información: https://isba2026.github.io/
  • International Workshop in Sequential Methodologies (IWSM 2026) (Washington, DC, USA, 1–4 xuño 2026). Convocatoria aberta de envío de resumos ata o 1 de abril de 2026. Máis información: https://www.american.edu/cas/iwsm2026/
  • Bayes on the Beach 2026 (Wollongong, Australia, 9–11 feb 2026). Convocatoria aberta de envío de resumos ata o 23 de outubro de 2025. Enfoque: estatística Bayesiana e aplicacións. Máis información e envío: https://iasc-isi.org/2025/10/08/bayes-on-the-beach-2026-call-for-abstracts/

6.- 1st International New Researchers Conference, organizado polo IMUS e IMS

O primeiro encontro internacional para investigadroes novos/as en Estatística, Probabilidade, Optimización, Biostatística e Data Science, organizado polo Institute of Mathematical Statistics (IMS) and Institute of Mathematics of the University of Seville (IMUS), terá lugar en Sevilla, entre o 11 e o 12 decembro de 2025.

Datas importantes: inscrición ata o 1 de novembro; envío de achegas ata o 10 de novembro.

Máis información: https://imus.us.es/congresos/1INRC/.

7.- Congreso GEOMED 2026

Está aberto o envío de resumos para a conferencia GEOMED 2026, o encontro bianual de epidemioloxía espacial, que se celebrará na Universidad Pública de Navarra (Pamplona), entre o 17 e o 19 de xuño de 2026. Admítense propostas para sesión convidada (só por invitación), sesións e contribucións e póster. Os resumos deben axustarse á plantilla oficial; os aceptados e rexistrados publicaranse no Libro de Resumos do congreso. O estudantado que presente traballo poderá optar aos premios á Mellor Presentación Oral e ao Mellor Póster.

Datas importantes:

  • Límite de envío de resumos: 15 de xaneiro de 2026, 23:59.
  • Notificación de aceptación: 9 de febreiro de 2026.
  • Inscrición reducida: 28 de febreiro de 2026.

Máis información: https://geomed-conference.com.

8.- 11th International Workshop on Compositional Data Analysis

O 11th International Workshop on Compositional Data Analysis (CoDaWork2026) celebrarase na Universidade de Coimbra entre o 1 e o 5 de xuño. O encontro inclúe metodoloxía e aplicacións de CoDA en múltiples ámbitos e manterá o formato habitual, cun curso introdutorio o primeiro día. O envío de resumos e a inscrición xestiónanse dende a web oficial; o prazo de envío está aberto ata o 19 de decembro de 2025.

Máis información: http://www.coda-association.org/en/codawork2026/.

9.- Xornadas “Enseñanza de las Matemáticas en la Educación Infantil” 

A Comisión de Educación de CEMat organiza no Centro Internacional de Encuentros Matemáticos (CIEM) de Castro Urdiales, entre o 7 e o 9 de novembro de 2025, unhas xornadas centradas na educación matemática en infantil, con participación das sociedades do CEMat e recoñecemento de formación pola Univ. de Cantabria. Requírese cubrir o formulario de inscrición para a loxística. Programa (PDF): http://www.ce-mat.org/wp-content/uploads/2025/10/2025-Programa-Seminario-Castro-Urdiales-.pdf

Inscrición (Google Forms): http://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSepX8A6Y--aL_So7DaDhaIejtCQMnp-L6cfeST5AN791KovwQ/viewform

Máis información: http://www.ce-mat.org/jornadas-ensenanza-de-las-matematicas-en-la-educacion-infantil/

10.- Competición Estatística Europea 2025–2026

A Fase nacional da Competición Estatística Europea 2025–2026 (ESC) é un concurso de aplicación da estatística para alumnado de ESO, FP Básica, Bacharelato e CF medio, coordinado polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Prazo de inscrición: do 1 de outubro ao 27 de novembro de 2025.

Máis información: https://www.ine.es/esc_es/

11.- Premios Enrique Fuentes Quintana (Funcas) para Teses doutorais 2024–2025

Convócanse os Premios Enrique Fuentes Quintana (Funcas) para teses doutorais lidas no curso 2024–2025, entre o 1 de setembro de 2024 e o 31 de agosto de 2025. Poderán optar a este premio as teses de doutoramento que obtiveran a mención cum laude en 5 ámbitos:

  • Economía, Finanzas e Empresa
  • Ciencias Políticas, Socioloxía e Comunicación
  • Ciencias da Saúde e da Vida
  • Humanidades
  • Enxeñaría, Matemáticas, Física, Química e Arquitectura.

Dotación: 6.000 € por categoría.

Prazo: ata o 17 de novembro de 2025 (23:59).

Máis información: https://www.funcas.es/premios-enrique-fuentes-quintana-2024-2025/

12.- Premios FRACE ao Xove Talento Científico Feminino

A Fundación Real Academia de Ciencias de España (FRACE), en colaboración con Mastercard, convoca a 6ª edición dos Premios ao Xove Talento Científico Feminino. Concederanse catro premios de 2.500 € (un por categoría): Matemáticas e Ciencias Afíns; Física, Química e Ciencias Afíns; Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Afíns; e Aplicacións da Ciencia á Tecnoloxía. Inclúense tamén dous accésits para investigadoras menores de 30 anos (experiencia “Priceless” valorada en 600 €). Poden concorrer científicas españolas ou estranxeiras cunha traxectoria desenvolvida maioritariamente en España, con 45 anos ou menos a data de setembro de 2025. O prazo de recepción de candidaturas está aberto do 25 de setembro ao 2 de novembro de 2025 (23:59).

Contacto: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Máis información: https://premiostalentofemenino.frace.es/.

13.- Oferta de traballo para bioestatístico no IIS La Fe (Valencia)

O Instituto de Investigación Sanitaria La Fe (IIS La Fe) anuncia a contratación de persoal investigador predoctoral R1 e outros perfís ligados a biomarcadores, medicina xenómica, estatística e análise masiva de datos.

Máis información: https://www.iislafe.es/es/talento/empleo/3872/contratacion-de-tecnico-a-de-gestion-de-la-investigacion-m3-plataforma-de-big-data-ia-bioinformatica-y-bioestadistica

2025  SGAPEIO   globbers joomla templates