ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Wenceslao González Manteiga académico numerario da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales de España
A Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións quere felicitar ao seu socio Wenceslao González Manteiga polo seu recente nomeamento como académico numerario da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturales de España, adscrito á Sección de Ciencias Matemáticas.
Este novo nomeamento constitúe un mérito máis que se suma aos numerosos recoñecementos que ten recibido ao longo da súa brillante traxectoria investigadora. É unha honra contar cun membro cuxo prestixio e labor científico reflicten unha contribución excepcional á comunidade estatística e matemática.
Parabéns.


