Novas da SGAPEIO, 23 de abril de 2026

 

1.Selección de congresos nacionais e internacionais con convocatoria aberta

 

  • Workshop Emerging Trends in Game Theory (ETinGT) (Santiago de Compostela, 8-9 xuño 2026) o Información: O obxectivo principal deste obradoiro é dar visibilidade ás persoas investigadoras noveles en teoría de xogos, fomentando a interacción científica tanto a nivel nacional como internacional. Ademais, o obradoiro busca promover a teoría de xogos como una ferramenta metodolóxica útil en sectores económicos, sociais e empresariais emerxentes.

o Datas importantes:

• Envío abstracts: ata o 30/04/2026

• Rexistro: ata o 14/05/2026

o Web: https://sites.google.com/view/etingt2026/inicio

  •  International Conference on Spatio-Temporal Modelling and Methods (METMA XII 2026) (Zaragoza, España, 8-10 xuño 2026).

o Información: Conferencia internacional dedicada á modelización e aos métodos espazo-temporais, con especial atención ao desenvolvemento metodolóxico e ás aplicacións en distintos ámbitos científicos. O congreso constitúe un foro internacional para a presentación e discusión de avances recentes en estatística espazo-temporal e áreas relacionadas.

o Datas importantes:

• Envío abstracts: ata o 25/04/2026

• Rexistro: tarifa reducida ata o 30/04/2026 e tarifa regular ata o 10/06/2026 

o Web: https://metma12.unizar.es/

 

  •         X Workshop on Computational Data Analysis and Numerical Methods (WCDANM | 2026) (Guimarães, Portugal, 11-13 xuño 2026).

o Información: A X edición do WCDANM celebrarase na Universidade do Minho (Campus de Azurém, Guimarães) e constitúe unha oportunidade para a difusión de investigación en Matemáticas e Estatística, con especial atención á Análise Computacional de Datos e aos Métodos Numéricos, tanto desde unha perspectiva teórica como aplicada. O encontro promove o uso de novas técnicas e ferramentas computacionais, con especial énfase en aplicacións en Medicina, Bioloxía, Biotecnoloxía, Enxeñaría, Industria, Ciencias Ambientais, Finanzas, Seguros, Xestión e Administración. O workshop está aberto a toda a comunidade científica, con ou sen comunicación oral ou póster, e pretende fomentar o debate e novas colaboracións científicas, incluídas as relacionadas con proxectos de Mestrado e Doutoramento.

o Datas importantes:

• Envío abstracts: ata o 10/05/2026

• Notificación de aceptación: 24/05/2026

                 • Rexistro: tarifa reducida ata o 27/05/2026 e prazo final ata o 03/06/2026

o Web: https://w3.math.uminho.pt/WCDANM2026

 

  • 9th International Conference on Econometrics and Statistics (EcoSta 2026) (Kyoto – Japón, 8-10 agosto 2026).

o Información: No EcoSta 2026 desenvolveranse presentacións orais e en póster que conteñan avances substanciais nas amplas áreas da econometría e a estatística.

o Datas importantes: • Envío abstracts para sesións invitadas ou organizadas: ata o 17/04/2026

• Envío abstracts (xeral): ata o 05/05/2026

• Rexistro de autores con presentación: 08/05/2026

• Rexistro: tarifa regular ata o 15/05/2026 

o Web: https://www.cmstatistics.org/EcoSta2026/index.php

 

  • 27th International Conference on Computational Statistics (COMPSTAT 2026) (Atenas – Grecia, 25 - 28 agosto 2026).

o Información: O COMPSTAT 2026 ten como obxectivo reunir persoas investigadoras e profesionais para debater os desenvolvementos recentes en estatística computacional, metodoloxía para a análise de datos e aplicacións.

o Datas importantes:

• Envío abstracts para sesións invitadas ou organizadas: ata o 24/04/2026

• Envío abstracts (xeral): ata o 22/05/2026

• Rexistro de autores con presentación: 25/05/2026

• Rexistro: tarifa reducida ata 31/03/2026 e tarifa regular ata o 05/06/2026 

o Web: https://www.compstat2026.org/index.php

 

  • Annual conference on the Use of R in Official Statistics (uRos2026) (París - Francia, 18-20 novembro 2026)

o Información: A conferencia anual sobre o uso de R nas estatísticas oficiais organizarase como un evento presencial acollido polo INSEE nas instalacións do Ministerio de Economía, Facenda e Soberanía Industrial e Dixital, no Centro de Conferencias Pierre Mendès, Francia.

o Datas importantes:

• Envío abstracts: ata o 15/06/2026

• Rexistro: ata o 15/09/2026

o Web: https://r-project.ro/conference2026.html

 

  • International Joint Conference on Computational and Financial Econometrics and Computational and Methodological Statistics (CFE-CMStatistics 2026) (Berlín, Alemaña, 12–14 decembro 2026)

o Información: A 20ª edición da conferencia conxunta CFE-CMStatistics celebrarase na HTW Berlin (Wilhelminenhof campus). Trátase dun evento internacional de referencia en econometría, estatística computacional e metodoloxía estatística, con ampla participación académica e aplicada. Esta edición incluirá sesións especiais conmemorativas con relatorios convidados de investigadores de prestixio. O congreso terá formato híbrido, permitindo participación presencial e virtual, con todas as sesións retransmitidas.

o Datas importantes:

• Envío abstracts (invited): ata o 15/07/2026

• Envío abstracts (contributed): ata o 4/09/2026

o Web: https://www.cmstatistics.org/CFECMStatistics2026

 

  • IMS International Conference on Statistics and Data Science (ICSDS 2026) (Split, Coracia, 15–18 decembro 2026)

o Información: A conferencia internacional ICSDS, organizada pola IMS, ten como obxectivo reunir investigadores en estatística e ciencia de datos de academia, industria e administración pública. O programa inclúe sesións plenarias, comunicacións contribuídas, pósters e sesións convidadas, así como competición de artigos de estudantes e apoio á participación de investigadores novos. Continúa a serie recente de edicións en Florencia (2022), Lisboa (2023), Niza (2024) e Sevilla (2025).

o Datas importantes:

• Envío abstracts: pendente de publicación

o Web: https://sites.google.com/view/ims-icsds2026/

 

2.- XLII Congreso Nacional da SEIO: Prazo de envío de traballos e sesións invitadas

O comité organizador e o Comité Científico do XLII Congreso Nacional de Estadística, Investigación Operativa y Ciencia de Datos, SEIO2026, que se celebrará na Facultade de Ciencias Económicas da Universidade de Santiago de Compostela, en Santiago de Compostela, do 2 ao 5 de setembro, convidan a participar no Congreso a todas as persoas interesadas en Estatística, Investigación Operativa e Ciencia de Datos, xa sexan do ámbito académico, do sector público ou do privado. Convidan a presentar os traballos máis recentes, tanto metodolóxicos como aplicados, e a contribuír ao debate científico e técnico que impulsa o progreso da nosa sociedade. Destacamos as datas importantes:

Envío de traballos: do 01/02/2026 ao 24/04/2026

Rexistro: o Tarifa reducida: do 01/12/2025 ao 14/05/2026

o Tarifa regular: do 15/05/2026 ao 30/06/2026

o Tarifa última oportunidade: do 01/07/2026 ao 31/07/2026

Máis información: https://seio2026.com/es/

 

3.- Workshop on Functional, NonParametric and Spatio-Temporal Statistics. In honor of Wenceslao González-Manteiga (FNPSTS 2026)

O obxectivo deste encontro é seguir potenciando as sinerxías entre os membros dos diferentes grupos de traballo da SEIO así como render un tributo á excelente traxectoria académica do Prof. Wenceslao González Manteiga.

o Datas importantes: • Envío abstracts: ata o 08/05/2026

• Notificación de aceptación: 22/05/2026

• Rexistro: ata o 05/06/2026

 o Lugar: Santiago de Compostela

o Datas: 14-17 xullo 2026

o Máis información: https://sites.google.com/view/fnpsts/

 

4.- Cursos

Microcredencial “De los datos al informe: modelización estadística con R”

o Descrición: Curso intensivo orientado a desenvolver o fluxo completo de traballo en R cun enfoque moderno e práctico, incluíndo programación eficiente, elaboración de informes reproducibles con Quarto, preprocesado de datos con tidyverse e modelización con técnicas actuais como AutoML e tidymodels.

o Contido e calendario: https://bit.ly/3Oll9GV

1. Fundamentos de programación en R

2. Programación en R con IDEs e IA

3. Quarto para a elaboración de informes

4. Preprocesado e xestión de datos con tidyverse

5. Modelización rápida con AutoML e explicabilidade

6. Modelización rápida con tidymodels

 

o Datas: 22–25/06/2026

• Horario: 15:30–19:30

• Duración: 16 horas (2 ECTS)

• Inscrición: ata o 20/05/2026

 

o Organizador: Universidad Carlos III de Madrid

o Formato: En liña

o Outros: 10 becas Santander dispoñibles; prazas limitadas (máx. 20 estudantes)

o Máis información: https://www.uc3m.es/formacion-permanente/Microcredencial-de-los-datos-al-informe

 

9th edition València International Bayesian Analysis Summer School

o Descrición: VIBASS 9 é a novena edición da escola de verán en estatística bayesiana, que se celebrará do 6 ao 9 de xullo de 2026 en Valencia (España).

o Contido: O VIBASS desenvolverase durante 4 días. Os dous primeiros días, inclúen un curso básico de aprendizaxe Bayesiano (12 horas), alternando sesións conceptuais e prácticas con paquetes de R. É recomendable que as persoas participantes leven os seus portátiles para as sesións prácticas. A seguinte parte (12 horas) é dedicada á investigación Bayesiana: supervivencia Bayesiana, datos lonxitudinais e joint models con INLA.

o Lugar: Valencia, School of Engineering ETSE-UV (Universitat de València)

o Formato: Presencial

o Máis información: https://vabar.github.io/events/vibass9/

 

Bayesian Modelling Using R-INLA Course (BMIN04)

o Descrición: Obtén coñecementos prácticos de modelización bayesiana neste curso en liña de modelización bayesiana con INLA. Esta formación de 5 días ensina inferencia bayesiana, modelización xerárquica e análise espacial en R usando o potente marco R-INLA.

o Contido: Este curso en liña de modelización bayesiana con INLA introduce a teoría e a práctica da estatística bayesiana cun enfoque na análise de datos reais en R. Aprenderás a definir priores, construír modelos xerárquicos, realizar comparacións de modelos e interpretar distribucións posteriores usando R-INLA.

Este taller de R-INLA combina a comprensión conceptual cos fluxos de traballo prácticos de modelización usados en ecoloxía, epidemioloxía e estatística aplicada.

o Formato: En liña

o Máis información: https://prstats.org/course/bayesian-modelling-using-r-inla-bmin04/

 

5.- Ofertas de traballo

Procura de candidatos - Contrato como investigador colaborador:

Convocatoria dun contrato de investigador colaborador vinculado ao proxecto “Investigación Matemática en Metodoloxía Estatística e Optimización para a Análise e evolución do parque de vehículos”.

o Perfil orientativo: Licenciados/as, Enxeñeiros/as, Graduados/as e equivalentes.

o Condicións:

 Retribución bruta mensual: 1.799,21 € en 14 pagas.

 Data de inicio prevista: A partir do día seguinte á data da resolución da praza ofertada.

 Tipo de contrato: contrato por circunstancias da produción.

 Categoría Laboral: Persoal investigador colaborador.

 Duración prevista: ata o 7 de abril de 2027.

 Xornada laboral: a tempo completo (35.0 horas semanais).

 

o Prazo de fin de solicitudes: 29 de abril de 2026 ás 23:59h

o Contacto: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

o Máis información: https://citmaga.gal/es/w/citmaga-ot-06-2026

 

Procura de candidatos - Contrato Predoutoral FPI:

Convocatoria dun contrato predoutoral FPI vinculado ao proxecto “Inferencia non paramétrica para datos, dependencias e dinámicas complexas” (COD3NP), financiado no marco dos Proxectos de Xeración de Coñecemento. A persoa seleccionada desenvolverá a súa tese doutoral no ámbito da Estatística / Ciencia de Datos dentro dunha das seguintes liñas: dependencias e dinámicas complexas, datos funcionais ou datos en variedades.

o O contrato inclúe estadías de investigación internacionais (KU Leuven, Bélxica) e a tese será dirixida por membros do equipo do proxecto (http://eamo.usc.es/pub/gi1914/index.phpoption=com_content&view=article&id=29&lang=es&idproy=377).

o Perfil orientativo: titulados/as ou estudantes do Máster en Estatística, Ciencia de Datos ou áreas afíns.

o Requisitos: É necesario ter finalizado o Máster no momento da solicitude (consideraranse estudantes que defendan o seu TFM proximamente).

o Condicións:  Retribución mensual bruta: 1.357,66 € en 14 pagas.

 Data inicio prevista: 01/06/2026

 Tipo de contrato: Contrato de persoal investigador predoutoral modalidade Ley 14/2011 da ciencia, a tecnoloxía e a innovación.

 Categoría Laboral: Persoal investigador en formación.

 Duración: non maior a 4 anos

 Xornada laboral: a tempo completo (35.0 horas semanais)

 

o Prazo de fin de solicitudes: 10 de maio de 2026 ás 23:59h

o Contacto: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. e Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

o Máis información: https://citmaga.gal/es/w/citmaga-ot-07-2026

 

 

Programa TALENTGAL – MSCA Postdoctoral Fellowships (Galicia, España)

o Descrición: TALENTGAL é un programa posdoutoral MSCA-COFUND promovido pola rede CIGUS e financiado pola Comisión Europea e a Xunta de Galicia. Ofrece 40 contratos posdoutorais para desenvolver proxectos de investigación interdisciplinarios nos centros de excelencia de Galicia, con alto grao de independencia científica e formación en competencias transversais.

o Duración: 30 meses

o Lugar: Galicia (centros CIGUS)

o Datas importantes: Apertura da convocatoria: maio–xullo 2026

o Requisitos principais:  Doutoramento obtido nos últimos 8 anos Regra de mobilidade MSCA (non residir en España máis de 12 meses nos últimos 36 meses)

 Polo menos 2 publicacións revisadas por pares (unha como primeiro/a autor/a ou correspondente)

 

o Outros: Inclúe estadías en academia, industria ou sector público, formación avanzada e plan de desenvolvemento profesional individualizado

o Máis información: https://talentgal.cigus.gal/

 

MSCA Postdoctoral Fellowships 2026 (Marie Skłodowska-Curie Actions)

o Descrición: As bolsas posdoutorais MSCA teñen como obxectivo apoiar a carreira investigadora e fomentar a excelencia científica mediante a mobilidade internacional. Permiten a persoas investigadoras posdoutorais desenvolver proxectos propios en universidades, centros de investigación ou empresas, adquirindo novas competencias e experiencia interdisciplinar e intersectorial.

o Tipos de bolsas:

 European Postdoctoral Fellowships (1–2 anos en Europa)

 Global Postdoctoral Fellowships (2–3 anos: fase internacional + retorno a Europa)

 

o Datas importantes: Prazo de solicitude ata o 09/09/2026 (17:00 CEST)

o Requisitos principais:

 Doutoramento obtido no momento da solicitude

 Máximo 8 anos de experiencia investigadora posdoutoral

 Cumprir a regra de mobilidade MSCA

o Financiamento:

 Salario, mobilidade e complementos

 Custes de investigación, formación e networking

o Máis información: https://marie-sklodowska-curie-actions.ec.europa.eu/actions/postdoctoral-fellowships

 

Lecturer (Level B) in Mathematical Sciences – Data Science / Statistics (University of Adelaide, Australia):

o Descrición: A Adelaide Data Science Centre abre unha praza de Lecturer (Level B) cun enfoque en estatística, ciencia de datos e modelización estocástica. A persoa seleccionada incorporarase a un equipo interdisciplinar nun contorno de investigación e docencia consolidado en ciencia de datos.

o Perfil: Persoas con experiencia en estatística, ciencia de datos ou áreas afíns, con capacidade investigadora e docente.

o Tipo de contrato: Temporal (fixed-term)

o Lugar: Adelaide, Australia

o Máis información: https://internal-jobs.adelaide.edu.au/jobs/lecturer-b-mathematical-sciences-adelaide-cbd-sa-australia

 

Lecturer (Level B) in Mathematical Sciences – Data Science / Statistics (University of Adelaide, Australia):

o Descrición: A Adelaide Data Science Centre abre unha praza de Lecturer (Level B) cun enfoque en estatística, ciencia de datos e modelización estocástica. A persoa seleccionada incorporarase a un equipo interdisciplinar nun contorno de investigación e docencia consolidado en ciencia de datos.

o Perfil: Persoas con experiencia en estatística, ciencia de datos ou áreas afíns, con capacidade investigadora e docente.

o Tipo de contrato: Temporal (fixed-term)

o Lugar: Adelaide, Australia

o Máis información: https://internal-jobs.adelaide.edu.au/jobs/lecturer-b-mathematical-sciences-adelaide-cbd-sa-australia

 

6.- Convocatorias e premios

Premios RAGC-UIE para Investigadoras e Investigadores Xoves 2026:

o Descrición: A Real Academia Galega de Ciencias e a Universidad Intercontinental de la Empresa convocan os Premios RAGC-UIE co obxectivo de recoñecer e impulsar as traxectorias de investigadoras e investigadores novos que desenvolven a súa carreira en Galicia.

o Áreas:

 Ciencias Básicas

 Ciencias Técnicas

 Ciencias Sociais

 

o Dotación: 3 premios de 5.000 € cada un

o Prazo: ata o 7 de maio de 2026

o Máis información: https://www.ragc.gal/gl/premios-ragc-uie/

 

 


 

2026  SGAPEIO   globbers joomla templates

Consola de depuración Joomla!

Sesión

Información do perfil

Uso de memoria

Consultas da base de datos