ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Publicouse a versión 4.1 de Epidat
O servizo de Epidemioloxía da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública acaba de publicar a versión 4.1 de Epidat, programa de libre distribución orientado á análise estatística e epidemiolóxica de datos.
Epidat 4.1 ten as seguintes novidades con respecto á versión anterior:
- Inclúe dous módulos novos: Inferencia sobre parámetros e Regresión loxística.
- É una versión multilingüe, que permite seleccionar entre castelán, galego e portugués.
- Ten melloras no contorno do programa e nalgúns dos módulos existentes.
- Ten corrixidos algúns erros detectados na versión anterior.
Igual que as versións anteriores, Epidat 4.1 pódese descargar desde a páxina web da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública (apartado "Aplicacións e Datos"), na que tamén está toda a información sobre o contido e as novidades detalladas do programa. O arquivo que se descarga non precisa instalación. Só é necesario descomprimilo nunha carpeta do sistema con permisos de escritura, e executar o arquivo epidat.jar que está dentro da carpeta do programa (chamada Epidat 4.1).
Máis información: Epidat


