ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Novas da SGAPEIO, 20 de febreiro 2020
1.- X Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos
A Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) ten aberta a convocatoria do X Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos, organizado para estudantes de ESO, Bacharelato, FP básica e Ciclos Formativos de Grao Medio no curso 2019-2020. Con esta iniciativa académica preténdese que o estudantado se inicie no campo da Estatística e as súas aplicacións, tan útiles na Sociedade da Información na que vivimos.
Máis información en: https://sgapeio.es/index.php/formacion-e-actividades/premios-sgapeio/3298-x-concurso-incubadora-de-sondaxes-e-experimentos
2.- III Xornada de presentación de Software Libre para uso científico
A III Xornada de presentación de Software Libre para uso científico terá lugar o próximo 27 de febreiro de 2020, na Aula Magna da Facultade de Matemáticas da USC. O obxectivo principal desta actividade é o de compartir coñecementos e experiencias arredor do Software Libre de uso Científico, e coñecer ferramentas que poidan axudar nas actividades de investigación e desenvolvemento.
Inscrición: https://xornada.melisa.gal/#formulario
3.- Summer school Santaló 2020
A escola de verano Santaló 2020 celebrarase do 13 ó 17 de xullo en Santander. O tema é a distribución de puntos en conxuntos, con énfase na distribución de puntos aleatorios mediante procesos determinantales.
Máis información en: https://www.ub.edu/santalo20/
4.- Summer school on Spatial econometrics with cross section and panel data
A 20th Advanced Summer School in Economics & Econometrics celebrarase do 2 ó 9 de agosto de 2020 na Universidade de Creta. Centrarase nas novidades en "Spatial econometrics with cross section and panel data".
Máis información en: https://economics.soc.uoc.gr/en
5.- V edición do curso de doctorado de Teoría de Xogos da SEIO
A Universitat de Barcelona, o instituto de investigación BEAT e o grupo de investigación Game Theory and Assignment Markets organizan a V edición do curso de doctorado do grupo de Teoría de Xogos da SEIO.
Está orientado a estudantes de doutoramento e doutores novos que traballen na área. Persoa de contacto: Mikel Álvarez Mozos (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.)
6.- V Congreso de Jóvenes Investigadores en Diseño de Experimentos y Bioestadística
O V Congreso de Jóvenes Investigadores en Diseño de Experimentos y Bioestadística celebrarase o 18 e 19 de xuño de 2020 en Almería. Este congreso forma parte das actividades do Grupo de Traballo Diseño de Experimentos da SEIO, coa finalidade de favorecer o intercambio de coñecementos e experiencias entre investigadores, nas áreas de deseño experimental e Bioestatística.
Máis información en: http://www2.ual.es/jede2020/Comit%C3%A9
7.- Oferta de emprego: contrato de investigación no ITMATI
O Instituto Tecnolóxico de Matemática Industria (ITMATI) convoca un posto como investigador no marco do proxecto “Modelización y Optimización de redes de transporte de Gas” entre ITMATI e unha empresa do sector da enerxía.
Máis información en: http://www.itmati.com/oferta-de-empleo-itmati-ot-022020-1-contrato-como-investigadora-para-el-proyecto-de-investigaci%C3%B3n-en
8.- Oferta de emprego: contrato de investigación como responsable de unidade estatística
O Departamento de Investigación Clínica da Fundación Teófilo Hernando ofrece un contrato posdoutoral por obra e servizo na Fundación Teófilo Hernando (www.ifth.es) como responsable da unidad de estadística.
Máis información en:
https://mcyt.educa.madrid.org/empleo/inscripcionDemandaProfesional/mostrar_oferta.asp?codigo=35121
9.- Oferta de emprego: contratos de investigación no CITIC
O CITIC (https://www.citic-research.org/), centro de investigación do SUG, publicou o 6 de febreiro diversas convocatorias de emprego:
- 2 contratados posdoutorais. Máis información en: https://sede.udc.gal/services/electronic_board/EXP2020/000520
- 7 contratados predoutorais. Máis información en: https://sede.udc.gal/services/electronic_board/EXP2020/000523
- 7 contratados a tempo parcial de inicio de investigación para estudantes de máster.
Máis información en: https://sede.udc.gal/services/electronic_board/EXP2020/000521.
O prazo para presentarse a estas convocatorias é de 15 días hábiles a partir da data de publicación.