Novas da SGAPEIO, 17 de xullo 2021

1.- Publicación do Número 58 do INFORMEST
Infórmase a todos os socios da publicación do novo número do INFORMEST, incluíndo as seguintes seccións:

  • Colaboración.
  • Entrevista.
  • Actividades da SGAPEIO.
  • Novas do IGE.
  • Traballos de Estatística e IO.
  • Coñecéndonos.
  • Sabías que?

O documento está accesible a través do seguinte enlace:
https://www.sgapeio.es/INFORMEST/Informest58.pdf.

2.- Consecución do premio internacional Poster Competition 2020-2021
O traballo "What is the Most Effective Fertilizer?", presentado na X Edición do Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos por Aldán Mosquera, Daniel Iglesias, Valentín Giovani e Xián Paredes, do IES Pontepedriña, sendo a titora Concepción Sieiro, vén de recibir a Mención de Honra no International Poster Competition 2020-2021 (International Statistical Literacy Project).
Desde a SGAPEIO felicitamos a todo o equipo por este magnífico resultado.
Máis información:
https://www.sgapeio.es/index.php/listado-novas/3493-poster-competition-2020-2021

3.- Resolución da Fase Galega do Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos
Reunido o xurado da Fase Galega do Concurso da Incubadora de Sondaxes e Experimentos, a 11 de xuño de 2021, resolveuse nomear os seguintes premios, finalistas e mencións en cada unha das categorías:
Traballos gañadores:

  • 1º e 2º da ESO:
    Título: “Vaia cara”.
    Autores/as: Pedro López González, Sara Martínez Vázquez, Paula Mosquera Mariño, Elena Núñez Pena e Fernando Pizarro Lema.
    Titora: Milagros Diéguez Taboada.
    Centro: IES do Milladoiro. (O Milladoiro).
  • 3º e 4º da ESO:
    Título: “Optimizando rutas Pokémon”.
    Autores: Daniel Iglesias López, Hugo Vidal Pérez e Xián Paredes Diéguez.
    Titora: Marta Rodríguez Fernández.
    Centro: IES Pontepedriña (Santiago de Compostela).
  • Bacharelato e ciclos formativos de grao medio:
    Título: “(A)Politicamente coherentes”.
    Autoras: Laura Alonso Simón, Sabela Cambón Martínez, Sara Castelo Paredes, Alejandra Guimeráns Guillén e Samuel Vidal Mariño.
    Titoras: Trinidad Pazos Celis e Olga Simón Cruz.
    Centro: IES Cacheiras (Teo).

Traballos finalistas:

  • 1º e 2º da ESO:
    o Título: “Vaia cara”.
    Autores/as: Pedro López González, Sara Martínez Vázquez, Paula Mosquera Mariño, Elena Núñez Pena e Fernando Pizarro Lema.
    Titora: Milagros Diéguez Taboada.
    Centro: IES do Milladoiro. (O Milladoiro).
    o Título: “Temos que lavarnos as mans tantas veces como nos din os profes?”.
    Autores/as: Miguel Carvalho Santos, Andrea Núñez Borrageiros, Gabriel Rodríguez e Irene Román Montenegro.
    Titora: Adela Rodríguez Rodríguez.
    Centro: IES República Oriental de Uruguai (Vigo).
  • 3º e 4º da ESO:
    o Título: “Como está o noso aire?”.
    Autores/as: Pablo Araújo Rodríguez, Isabel Conde, Sabela Fiaño García, Nacho Canosa Gómez e Roque Varela Blanco.
    Titora: María Ángel Martínez Rodríguez.
    Centro: IES Agra do Orzán (A Coruña).
    o Título: “Lobo ou can?”.
    Autores/as: Yanira Castro Rojo, Brenda Rodríguez García, Elena Torrado Rama, Martín López Vaamonde e Tomás Mato Varela.
    Titora: Clara Regueira Vilar.
    Centro: IES Eduardo Pondal (Ponteceso).
  • Bacharelato e ciclos formativos de grao medio:
    o Título: “WSCIENTIFICS: rompiendo con el efecto Matilda”.
    Autoras: Alba Porto, Antía Novas Arribas e Iria Estévez Juncal.
    Titor: Miguel Quiroga Bóveda. Centro: IES Johan Carballeira (Bueu).

Mencións especiais:

  • 1º e 2º da ESO:
    o Título: “Pasos e profesións”
    Autores/as: María Losada Reboreda, Iván Iglesias Campos e Lucas Posada Toubes.
    Titora: Mariña Lopéz Yunta.
    Centro: IES República Oriental de Uruguai (Vigo).
    o Título: “Scrabble en gallego”.
    Autores/as: Telma Campos Fernández, Sara Vicente Lorenzo e Gael Álvarez Vázquez. Titora: Mariña López Yunta.
    Centro: IES República Oriental de Uruguai (Vigo).
  • Bacharelato e ciclos formativos de grao medio:
    o Título: “¿Vale la pena copiar?”.
    Autores/as: Inés Rodríguez de Francisco, Pedro Vázquez Padín, Irea Guede Carrera, Silvia Taboada Pérez e Daniela Viso Senra.
    Titor: Juan Lois González.
    Centro: Colegio Santiago Apóstol, Xesuitas (Vigo).

A SGAPEIO agradece encarecidamente todo o traballo e ilusión postas por todos os participantes da presente edición, facendo especial fincapé na calidade, orixinalidade e paixón que caracterizan aos traballos presentados. Tamén aproveitamos a agradecer a valiosísima labor de coordinación do equipo organizador, así como o inestimable traballo realizado polos avaliadores.
Máis información: https://www.sgapeio.es/index.php/formacion-e-actividades/premios-sgapeio/3442-xi-concurso-incubadora-de-sondaxes-e-experimentos

4.- Consecución do premio da Fase Nacional da Incubadora de Sondaxes e Experimentos
Reunido o xurado da Fase Nacional do Concurso da Incubadora de Sondaxes e Experimentos, composto por:

  • Dª. María Dolores Ruiz Medina (Vicepresidenta de la SEIO).
  • D. Adolfo Gálvez Moraleda (Subdirector General de Difusión Estadística. INE).
  • D. Valeriano Díaz Revilla (Director de ALSA: Zona Mediterráneo).

Resolveuse outorgar o premio ao mellor traballo na categoría de Bacharelato as gañadores da fase galega, Laura Alonso Simón, Sabela Cambón Martínez, Sara Castelo Paredes, Alejandra Guimeráns Guillen, Samuel Vidal Mariño, sendo titoras Trinidad Pazos Celis e Olga Simón Cruz, do IES Cacheiras (Teo).
Desde a SGAPEIO felicitamos a todo o grupo, polo seu fantástico traballo, polos inmellorables resultados, representando magnificamente á estatística galega.
Máis información sobre todos os gañadores en:
http://www.seio.es/Incubadora/premiados-2020-21.html

5.- Premio SEIO-FBBVA á mellor contribución metodolóxica en estatística outorgado a membros da SGAPEIO
Recentemente falláronse os Premios Sociedad de Estadística e Investigación Operativa (SEIO) – Fundación BBVA, na súa edición do 2021, resultando como gañadores á mellor contriibución metodolóxica en Estatística o traballo dos investigadores da Universidade da Coruña e membros da SGAPEIO Ricardo Cao Abad, María Amalia Jácome Pumar e Ana López Cheda, en colaboración con Ingrid Van Keilegom (Katholieke Universiteit Leuven, Bélxica) titulado “Nonparametric incidence estimation and bootstrap bandwidth selection in mixture cure models” e publicado na revista Computational Statistics & Data Analysis.
Desde a SGAPEIO felicitamos aos gañadores e, por extensión, a toda a estatística galega polo éxito acadado neste ámbito tan competitivo no eido nacional.
Máis información: https://www.fbbva.es/noticias/fallados-los-premios-sociedad-de-estadistica-e-investigacion-operativa-seio-fundacion-bbva-2021/

6.- XV Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións
Temos o pracer de anunciar que os días 4, 5 e 6 de novembro do ano 2021 celebrarase en Santiago de Compostela o XV Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións.
O congreso, organizado polo Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización da Universidade de Santiago de Compostela, por encargo e coa colaboración da Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO), ten por obxecto contribuír á divulgación dos avances na teoría, nas aplicacións e na didáctica da Estatística e da Investigación de Operacións, así como facilitar a súa relación con todos os eidos do coñecemento científico e tecnolóxico. Con tales fins, entre os distintos actos incluiranse conferencias, mesas redondas, obradoiros e sesións de comunicacións orais e tipo póster.
Tendo en conta a situación sanitaria motivada pola pandemia da COVID-19, as actividades do congreso cumprirán todas as medidas necesarias para garantir a seguridade das persoas participantes no congreso. Por este motivo, contémplase a posibilidade de que algunhas sesións se realicen de maneira telemática, mentres que as sesións que podan realizarse de maneira presencial respectarán as restricións de aforo e outras medidas preventivas. As actividades culturais, que esperamos poder celebrar, tamén estarán suxeitas a estas restricións.
Comunícase que está aberto o prazo para presentarse aos premios para a mellor comunicación presentada por investigadores novos, ademais do concurso de pósteres de MTE, para pósteres de estatística e investigación de operacións realizados por estudantes do Mestrado en Técnicas Estatísticas.
A data límite para a presentación de comunicacións vén de estenderse ata o 27 de xullo. Máis información: http://xvcongreso.sgapeio.es

7.- Seminario na USC impartido por Vojtěch Kika
Desde o departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización e o Instituto de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela convidámosvos ao seguinte seminario que terá lugar o día 29/07/2021 en liña a través de Zoom e presencial na facultade.
16:00 – 16:45 Vojtěch Kika (Department of Probability and Mathematical Statistics, Charles University, Czech Republic) “Multivariate tail coefficients and their estimation”. Certificarase unicamente a asistencia aos alumnos do programa de doutoramento en Estatística e Investigación Operativa das 3 universidades galegas. É necesario previamente rexistrarse en Zoom.
Contacto: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

8.- Praza de Profesor Axudante Doutor na Universidade de Vigo
O 20 de xullo saíu publicada no DOG a convocatoria dunha praza de Axudante Doutor no Centro Universitario da Defensa - ENM (centro adscrito á Universidade de Vigo).
O perfil está asociado á docencia en "Cálculo I" e "Álxebra e Estatística", polo que a titulación requirida é a licenciatura en Matemáticas ou graos afíns.
O prazo finaliza o próximo 31 de agosto.
Máis información https://cud.uvigo.es/concurso-profesorado

9.- Procura de candidatos para contratos de predoutoramento no grupo MODES (UDC)
O grupo de investigación Modelización, Optimización e Inferencia Estatística (MODES) da Universidade da Coruña (UDC) busca candidatos para próximas convocatorias de contratos de predoutoramento, sufragados con fondos de investigación do grupo e do CITIC, con posibilidade de participar tamén en futuras convocatorias competitivas. O perfil requirido é o de estudantes de máster ou xa titulados, cunha sólida formación no ámbito das matemáticas e a estatística. En calquera caso, os candidatos deben estar en condicións de matricularse nun programa oficial de doutoramento ao longo do curso 2021-2022. As persoas interesadas que teñan pensado incorporarse ao programa de doutoramento en setembro de 2021, poden enviar a súa expresión de interese, xunto co seu CV e copia do seu expediente académico, a estas direccións de correo electrónico (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. e Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.) non máis tarde do 30 de agosto de 2021. Por outra banda, os candidatos interesados e en condicións de incorporarse ao programa de doutoramento no intervalo febreiro-setembro de 2022, poden tamén enviar esta mesma documentación non máis tarde do 15 de novembro de 2021.

2025  SGAPEIO   globbers joomla templates