Novas da SGAPEIO, 12 de novembro 2015

1.- Número 41 de INFORMEST
Está dispoñible na páxina web da SGAPEIO, apartado de PUBLICACIÓNS, o número 41 de INFORMEST. Este número ten o seguinte sumario:
• Colaboración: Da estrutura económica á renda dos fogares: trazos da economía galega.
• Software: O programa KNIME.
• Actividades da SGAPEIO:

  • O XII congreso SGAPEIO de principio a fin.
  • Explorística: aventuras na Estatística.

• Novas do IGE: Últimas novidades en publicacións e documentos do IGE.
• Traballos de Estatística no SUG: Teses e traballos fin de Grao e Máster.
• Coñecendo a un socio de SGAPEIO: Juan Carlos Pardo Fernández.
• Sabías qué?: Unha mirada á mosca da froita.
Máis información: http://www.sgapeio.es/

2.- Xornada de formación SGAPEIO-AGAPEMA (ÚLTIMAS PRAZAS)
Lembramos que a SGAPEIO e AGAPEMA organizan unha Xornada de formación para elaborar proxectos de estatística. Esta xornada, que dá continuidade á xornada celebrada en novembro de 2014, está dirixida a profesores de ESO e Bacharelato e vaise impartir nunha única edición en Santiago de Compostela.
- Lugar: Facultade de Matemáticas, Santiago de Compostela.
- Datas: 14 de novembro de 2015.
- Horario: 10:00 - 14:00 e 15:30 - 19:30.
O programa detallado e o formulario de inscrición están na páxina web da SGAPEIO (www.sgapeio.es) . O prazo de inscrición remata o 13 de novembro de 2015.

3.- Exposición de Estatística “Explorística”
Lembramos que ata o día 20 de novembro de 2015 estará dispoñible para a súa visita a exposición de estatística "Explorística" no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) en Santiago de Compostela (C/San Lázaro, 107). Esta exposición está concibida para ilustrar experimentalmente algúns conceptos da Estatística e de Probabilidades aos alumnos de ESO/Bacharelato.
Esta actividade divulgativa está cofinanciada pola SGAPEIO, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, a través da Rede Inbioest: Novas ferramentas estatisticas e computacionais aplicadas a investigación en Saúde, Deporte e Medio Ambiente", así como polo proxecto “Bioestadística para Vivir y cómo Vivir de la Estadística” da Fundación para a Ciencia e Tecnoloxía (FECYT) –Ministerio de Economía y Competitividad”
Os profesores interesados en visitar a exposición cos seus alumnos de ESO/Bacharelato deben enviar un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. especificando o día e a hora no que lle interesa facer a visita. O resto das persoas interesadas poden visitar a exposición gratuitamente nos horarios de visita do MUPEGA: http://www.edu.xunta.es/mupega/taxonomy/term/16
Máis información: http://www.exploristica.com

4.- CoDaCourse2016
CoDaCourse2016 (International Workshop on Compositional Data Analysis) terá lugar en Girona do 1 ao 5 de xuño de 2016.
Compositional data are vectors which components show the relative importance of some parts of a whole. Typical examples are data presented in percentages, ppm, ppb, or the like. Aitchison introduced the logratio approach to analyse compositional data back in the eighties. Since then, progress has been done in understanding the geometry peculiar to their sample space, the D-part simplex.
This CoDaCourse provides an introduction to theoretical and practical aspects of the statistical analysis of compositional data, as well as an informal discussion forum on more advances topics. In the theoretical sessions, the current state of the art in this field will be presented. In the practical sessions, coda techniques are applied using the available software CoDaPack and some R packages. An open discussion session is also planned.
Statisticians and applied scientists of any field, in particular engineering geologists, geologists, economics, scientists, environmental engineers, and bio&environmental scientists, working in academic or industrial institutions, are strongly encouraged to take this CoDaCourse. It is recommended that attendants have undergone some first semester courses on statistics. Basic knowledge about multivariate statistics may also be handy.
This course is organized by the Research Group on Compositional Data Analysis from the Computer Science, Applied Mathematics and Statistics Department of the University of Girona (UdG). The course is officially accredited by the International Association for Mathematical Geosciences (IAMG).
Due to the class room facilities at the UdG, the places are limited to 30. Early registration is recommended.
Further information at: www.compositionaldata.com in CoDaCourses menu. Soon a link for CoDaCourse 2016 registration will be available in this webpage.

5.- Oferta de emprego da USC
A Universidade de Santiago de Compostela convoca concurso público para o seguinte contrato:
Bioestatística para vivir e como vivir da Estatística.
- Centro de traballo: CIMUS.
- Investigador principal: Carmen Cadarso Suárez.
- Traballo a realizar: Planificación e organización de actividades de divulgación no marco do proxecto “Bioestatística para Vivir e como Vivir da Estatística” FCT-14-8405.
- Retribución bruta mensual: 1462,50€.
- Duración do contrato: 2 meses e 17 días.
- Xornada laboral: tempo completo.
- Categoría: Técnico Superior de Apoio a Investigación.
- Requisitos: Licenciado/a ou Grao en Empresariais, Administración e Dirección de Empresas ou Economía, Matemáticas ou Estatística.
Máis información: http://imaisd.usc.es/ftp/oit/documentos/1706_gl.pdf

6.- Ofertas de emprego no servizo de asesoría estatística da UCLM
A UCLM convoca dous contratos de dous anos no marco do programa de “Promoción de Empleo Joven e Implantación de la Garantía Juvenil en I+D+i del Ministerio de Economía y Competitividad”
-Tipo contrato, categoría e tipo de categoría: Contrato por obra ou servizo determinado, TITULADO UNIVERSITARIO.
-Duración prevista: dende o 1 de decembro de 2015 ata o 30 de novembro de 2017 (prorrogable en función das necesidades do proxecto).
-Dedicación: 150 horas/mes
-Lugar de traballo: ESCUELA TÉCNICA SUPERIOR DE INGENIEROS INDUSTRIALES DO CAMPUS DE CIUDAD REAL.
Máis información: http://eio.usc.es/pub/mte/index.php/es/noticias/1070-2015-11-06-12-15-18

7.- Bolsas de posgrao en Estatística no INE
O Ministerio de Economía e Competitividade convoca 15 bolsas de posgrado en Estatística coa finalidade de fomentar e promocionar a investigación estatística, así como o desenvolvemento e implantación de procesos estatísticos, mediante a formación de posgraduados.
Máis información: http://www.boe.es/boe/dias/2015/11/04/pdfs/BOE-A-2015-11925.pdf 

8.- Olimpiada Estatística para alumnos de ESO/Bacharelato
O Instituto Nacional de Estatístic, a Sociedad de Estatística e Investigación Operativa (SEIO) e a Facultade de Estudios Estadíticos da Universidad Complutense de Madrid organizan a IV Olimpiada Estadística
Poden participar estudantes de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos de grado medio en grupos (entre 1 e 3 estudantes). Cada grupo deberá ter un profesor/a tutor/a do seu centro, que se encargará de supervisar o traballo presentado.
Máis información: http://www.ine.es/explica/olimpiada2016_bases.pdf

9.- Bolsas de promoción exterior e formación de xestor de exportación no IGAPE
O IGAPE convoca 100 prazas para a capacitación de mozos profesionais en materia de internacionalización empresarial mediante formación teórica ou práctica, coa finalidade de mellorar a empregabilidade e poñer á disposición das empresas galegas profesionais que lles axuden a mellorar a súa competitividade.
Dentro das titulacións que piden para optar a estas bolsas está a Estatística.
Data fin presentación de solicitudes: 30 de novembro de 2015.
Máis información: http://www.igape.es/gl/sair-ao-mercado-exterior/formacion/item/1050-bolsas-de-promocion-exterior

10.- Xornada de matemática recreativa: as matemáticas de Coque
O vindeiro 28 de novembro celebrarase no IES Eusebio da Guarda de A Coruña a actividade "Xornada de Matemática Recreativa: As Matemáticas de Coque", coa que dende AGAPEMA queren render homenaxe ao mestre e compañeiro Manuel Pazos Crespo, "Coque".
Nesta xornada queren facer presentes algunhas ideas que guiaron o traballo de Coque ao longo da súa carreira profesional: a importancia dunha boa actitude
Máis información: http://www.agapema.org/?q=node/356

2025  SGAPEIO   globbers joomla templates