ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Novas da SGAPEIO, 22 de xuño 2016
1.- VIII Congreso de AGAPEMA
A Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática (AGAPEMA) organiza o VIII Congreso de AGAPEMA, que terá lugar os días 30 de setembro e 1 de outubro na Facultade de Matemáticas da USC.
Para socios da SGAPEIO a inscrición é de balde e debe realizarse antes do 23 de setembro na seguinte ligazón:
http://www.agapema.org/?q=InscricionVIIICongreso
Máis información: http://www.agapema.org/?q=node/367
2.- Bolsas de Colaboración Curso 2016/17
O Ministerio de Educación ven de asignar á USC 81 Bolsas de Colaboración para o curso 2016-2017, destinadas a iniciar nas tarefas de investigación ao alumnado do último curso do grao ou segundo ciclo ou primeiro curso de Máster que preste a súa colaboración nun Departamento, Instituto de Investigación ou Centro Singular, en réxime de compatibilidade cos seus estudos.
Máis información:
http://imaisd.usc.es/guiaconvocatorias.asp?i=gl&s=-2-26-31-56&id=2954&t=1&st=9
3.- Bolsas de Investigación Manuel de Oya 2016: Cerveza, Salud y Nutrición
O Centro de Información Cerveza y Salud, entidade de carácter científico que fomenta o estudo sobre a cervexa, convoca a XVII edición das bolsas Manuel de Oya con dúas bolsas dirixidas á realización dun proxecto de fin de carreira, de estudos de postgrao ou un traballo de investigación experimental.
Requisitos das bolsas:
- Poderán solicitar estas bolsas os estudantes de último curso de grao de calquera carreira universitaria de ciencias ou dun curso de postgrao, sempre que se trate de centros de ensinanza superior de universidades españolas. E tamén os licenciados e titulados superiores de calquera carreira de ciencias.
- A data de nacemento de todos os solicitantes deberá ser posterior ao 1 de xaneiro de 1986.
- Os solicitantes deberán contar cun director de proxecto que pertenza a unha universidade ou centro de investigación español.
As solicitudes enviaranse antes do 15 de outubro. O formulario de solicitude pode atoparse na seguinte ligazón:
http://www.cervezaysalud.es/wp-content/uploads/2016/05/cics_form.pdf
Máis información: http://www.cervezaysalud.es/becas-investigacion-manuel-oya-2016/
4.- Bolsas para másteres da facultade de Ciencias Matemáticas da UCM, curso 2016/17
Ata o 30 de xuño está aberta unha convocatoria específica de bolsas para estudar másteres da facultade de Ciencias Matemáticas da Universidade Complutense de Madrid. Nesta convocatoria está previsto conceder 10 bolsas de 1.500 euros, en base ao expediente académico e á traxectoria dos solicitantes.
A presentación das solicitudes debe realizarse telematicamente a través da seguinte ligazón:
http://pendientedemigracion.ucm.es/info/descargas/?AyudasMaster
Máis información: http://matematicas.ucm.es/ayudas_masteres
5.- Bolsas para a realización do TFM no Máster en Técnicas Estatísticas
Dende o Máster de Técnicas Estatísticas (MTE), da Universidade de Santiago de Compostela, Universidade da Coruña e Universidade de Vigo, ofértanse tres bolsas para a realización de traballos de fin de máster (TFM). A oferta está especialmente dirixida e limitada a alumnos do MTE que vaian a matricularse no seu TFM durante o curso académico 2016/17.
Todas as solicitudes deberán presentarse ao coordinador do máster (Alberto Rodríguez Casal, Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.) antes das 14:00 horas do día 4 de xullo de 2016.
Máis información: http://estudiosestadisticos.ucm.es/ebc
6.- Postdoctoral research position at Universidad Carlos III de Madrid
Postdoctoral research fellowships
Location: UC3M-BS Institute of Financial Big Data, Universidad Carlos III de Madrid, Spain
Starting: from 1 September 2016
Salary: 30,000€/ year.
Deadline for application: 12th July 2016.
Applications are invited for two-year postdoctoral research positions at the Institute UC3M-BS of Financial Big Data, Universidad Carlos III de Madrid, Spain. There will be a performance evaluation after the first year to confirm the continuation of the contract for the second year. Strong analytical and modelling skills and good knowledge of computing languages including R are required. Knowledge of Big Data tools will be also considered. We look for people able to work independently to solve complex, loosely described problems, while communicating openly with other team members. The applicants must have a PhD in Statistics, Mathematics, Computer Science, Engineering or Business or a related discipline by the 1st of September, 2016.
Interested candidates should send by email a statement of interest including the objectives to be achieved in the position and the curriculum vitae (with picture included). Also the candidate should ask two referees to send letters of reference by 12th of July to the secretary of the institute:
Ms Natalia Gutierrez-Colomer
Administrative Assistant
Phone: +34 916248514
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
More information: http://portal.uc3m.es/portal/page/portal/ifibid/jobs
7.- I Simposio Internacional “Julio Palacios”
Do 20 ao 22 de xullo celebrarase, en A Coruña, o I Simposio Internacional “Julio Palacios”, organizado pola Fundación Ramón Aceres, o CSIC e a Universidade da Coruña. O Simposio está dirixido a todo tipo de público, especialmente estudantes universitarios, e constará de 16 conferencias, unha sesión póster e unha mesa redonda multidisciplinar en torno á Bioloxía, Física, Medicina e Química. A inscrición será gratuíta ata completar o aforo.
Máis información: http://jpalacios.iqfr.csic.es/
8.- Conferencia de Nuno Freitas (Premio “Rubio de Francia” 2015)
O próximo día 29 de xuño, ás 19:30 horas na sede da Fundación BBVA (Paseo de Recoletos 10, Madrid), o último premiado “Rubio de Francia”, Nuno Freitas, impartirá a conferencia titulada “Elliptic curves and Fermat’s Last Theorem”.
As persoas interesadas en acudir á conferencia deberán confirmar a súa asistencia na dirección e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Máis información:
http://www.rsme.es/org/INVITACION%20CONFERENCIA%20NUNO%20FREITAS%20-%2029%20DE%20JUNIO%20DE%202016.pdf