ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Novas da SGAPEIO, 24 de xaneiro 2017
1.- Conmemoración do 25 aniversario da SGAPEIO
Neste ano 2017 fanse 25 anos dende a fundación da nosa sociedade, a SGAPEIO. Para celebrar este 25 aniversario, o sábado 11 de febreiro de 2017 terá lugar na Facultade de Matemáticas unha xornada conmemorativa que inclúe unha conferencia, unha mesa redonda e a Asemblea Xeral da SGAPEIO do ano 2016. O programa detallado da xornada pode consultarse na páxina web da SGAPEIO: http://www.sgapeio.es/index.php/formacion-y-actividades/outras-actividades/1346-asemblea-xeral-da-sgapeio-2016
A participación na xornada é gratuita, pero é preciso inscribirse. O prazo de inscrición estará aberto ata o 7 de febreiro de 2017.
Trala Asemblea celebraremos unha comida de confraternidade. Próximamente poñeremos na páxina web toda a información sobre esta comida. Contamos coa asistencia de todos os socios e socias para celebrar estes 25 anos de Sociedade. Ánimate!
2.- VII Incubadora de Sondaxes e Experimentos
Lembramos que está aberta a convocatoria da VII Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de Estatística e Investigación de Operacións realizados por estudantes de ESO, PCPI, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.
O período de inscrición no concurso é do 1 ao 16 de abril de 2017.
Toda a información relativa a esta convocatoria pode consultarse na páxina web da SGAPEIO: www.sgapeio.es.
3.- Olimpíada Matemática Galega 2017
Está aberta a convocatoria da Olimpíada Matemática Galega 2017 de 2º da ESO, un evento organizado por AGAPEMA e dirixido á procura dun ensino das Matemáticas máis orientado á resolución de problemas, á creatividade e á reflexión. A fase final terá lugar na cidade de Lugo.
As principais datas a ter en conta á hora de participar son as seguintes:
- Inscrición do alumnado: ata o 23 de marzo de 2017.
- Fase de zona: 27 de abril de 2017.
- Fase final galega: 18 de maio de 2017.
Máis información: http://www.agapema.org/?q=node/372
4.- IV Congreso de Jóvenes Investigadores RSME
Do 4 ao 8 setembro de 2017 terá lugar en Valencia o Cuarto Congreso de Jóvenes Investigadores (4CJI 2017) da RSME. Trátase da cuarta edición deste congreso consolidado da RSME, despois das exitosas edicións previas que tiveron lugar en Soria en 2011, en Sevilla en 2013 e en Murcia en 2015.
Máis información: http://www.rsme.es/content/view/1925/91/
5.- Workshop Métodos Bayesianos 2017
O Grupo de Métodos Bayesianos da Universidade Complutense de Madrid organiza un Workshop internacional sobre métodos Bayesianos que ten como principal obxectivo destacar as aplicacións prácticas da inferencia Bayesiana. O Workshop terá lugar en Madrid, os días 8 e 9 de novembro de 2017.
Datas importantes:
- Envío de resumos: 15 de febreiro de 2017.
- Notificación sobre os resumos: 31 de marzo de 2017.
- Inscrición a prezo reducido: 31 de maio de 2017.
Máis información: http://www.mat.ucm.es/imi/Metodosbayesianos17/
6.- Bolsas da Axencia Turismo de Galicia
A Axencia Turismo de Galicia convoca nove (9) bolsas de formación práctica en diversas áreas da Axencia durante os anos 2017-2018. Estas bolsas están distribuídas da seguinte maneira:
– Oito (8) bolsas de formación práctica especializada para a promoción e información turística, mediante a realización de prácticas tuteladas nas oficinas de información turística dependentes da Axencia Turismo de Galicia.
– Unha (1) bolsa de formación práctica especializada na Área de Estudos e Investigación para a realización de labores de investigación, tratamento e análise de datos en materia turística. O lugar de realización das prácticas tuteladas desta bolsa será na sede da Área, nas oficinas da Axencia Turismo de Galicia da Barcia (estrada Santiago-Noia, km 3, 15897 Santiago de Compostela). Ten unha duración dun ano e é para un perfil de estatístico / programador de R.
Presentación de solicitudes: ata o 17 de febreiro de 2017.
Máis información: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170117/AnuncioG0256-020117-0003_gl.pdf
7.- Oferta de emprego de Biostatech
Biostatech, S. L., empresa de bioestatística (spin-off da Universidade de Santiago de Compostela) busca un profesional con experiencia en actividades de asesoramento e formación en estatística. Perfil:
Doutor, licenciado ou graduado con Máster en Estatística ou Bioestatística. Preferiblemente con base de formación en Matemáticas, Bioloxía ou Informática.
Descrición do posto:
- Realización de asesoramento estatístico en traballos de investigación, ou estudos para empresas.
- De xeito puntual, impartición de cursos de formación en ferramentas estatísticas (R), e técnicas estatísticas a distintos niveis.
- No caso de seren doutor, o candidato poderá valorar a opción de solicitar unha Torres Quevedo, e potenciar algunha das liñas de investigación desenvolvidas dende Biostatech.
Envío de solicitudes: ata o 31 de xaneiro de 2017.
Máis información: http://biostatech.com/2017/01/13/oferta-de-empleo-en-biostatech/
8.- Oferta de emprego postdoutoral
A Universidade Autónoma de Madrid convoca un posto de investigador postdoutoral en bioloxía computacional, bioinformática e estatística para a programación, simulación e análise estatístico de modelos evolutivos de cancro.
Requisitos:
- Postdoutoral menor de 30 anos.
- Estar inscrito no Ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e estar en situación de beneficiario no devandito ficheiro na data da sinatura do contrato (ver http://www.empleo.gob.es/es/garantiajuvenil/accesoJovenes.html).
- Estar empadroado na Comunidade de Madrid.
- Experiencia/interese nalgunha das áreas sobre as que trata o proxecto e nas ferramentas que emprega.
Máis información: http://eio.usc.es/pub/mte/index.php/es/noticias/1389-oferta-empleo-postdoc