ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Novas da SGAPEIO, 4 de maio 2017
1.- Curso de estatística avanzada con R para profesionais da saúde
A Universidade de Vigo organiza o curso de formación “Estatística avanzada con R para profesionais da saúde”. O curso é totalmente non presencial para que os titulados do ámbito biosanitario (ou estudantes universitarios de último curso) poidan seguilo en horario libre e dende calquera lugar de modo compatible coa súa actividade.
- Importe da matrícula: 125 € (90 € parados e membros da Fundación Biomédica de Vigo).
- Período de matrícula: do 1 ao 28 de maio de 2017.
- Período de docencia: do 1 de xuño ao 15 de xullo de 2017.
O curso inclúe algunhas das técnicas estatísticas avanzadas máis utilizadas na investigación médica (análise de supervivencia, deseños de investigación, meta-análise, regresión de Cox, regresión de Poisson, regresión ordinal, regresión loxística multinomial), con datos e exemplos paso a paso, alcanzables para usuarios non expertos. O curso é eminentemente práctico e aplicado, e realizarase de forma virtual mediante secuenciación das unidades didácticas a través de Faitic, a plataforma de tele docencia da Universidade de Vigo. Non é necesario ter un nivel elevado de Estatística ou coñecer previamente o programa R.
Este curso está recoñecido polo Sistema Nacional de Saúde (a través da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia) como actividade de formación continua (5,3 créditos) para todos os profesionais sanitarios titulados.
Más información: https://bubela.uvigo.es/curso/3027
2.- XII Foro de Interacción Matemática Industria
O Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI) organiza o vindeiro 9 de xuño de 2017 o XII Foro de Interacción Matemática Industria, que terá lugar na Escola de Enxeñeiros de Telecomunicación da Universidade de Vigo.
No Foro, as empresas e institucións invitadas presentarán os seus ámbitos de actuación, as súas actividades de I+D+i, e se utilizan ou están interesadas en empezar a usar métodos matemáticos. En caso afirmativo, exporán problemas que xorden no seu ámbito e que son susceptibles de ser tratados mediante métodos matemáticos e numéricos: Simulación Numérica (CAD & CAE), Estatística e Big Data, e Investigación Operativa. Nesta ocasión, as empresas e institucións invitadas son Efacec, CTAG, CITEVE, Iberian Nanotechnology Laboratory, Tesla Technologies e Pharmamodelling.
Máis información: http://www.itmati.com/XII_FORO_MATEMATICA_INDUSTRIA
3.- Curso de Modelos de Investigación Operativa en Teoría de Xogos
O grupo de Teoría de Xogos da SEIO organiza un curso de Modelos de Investigación Operativa en Teoría de Xogos, que terá lugar os días 13 e 14 de outubro de 2017 en Pontevedra.
O curso ten como obxectivos dar a coñecer a Teoría de Xogos como ferramenta de utilidade en diversos ámbitos económicos e empresariais, contribuír a que se afiancen as relacións entre estudantes de doutoramento que realicen as súas teses en España en temas próximos á Teoría de Xogos, e favorecer o intercambio de ideas entre estudantes de doutoramento e investigadores que poida dar lugar a novas perspectivas de investigación.
Este curso está dirixido a estudantes de doutoramento para os que a Teoría de Xogos poida ser de utilidade nas súas liñas de investigación, tanto a nivel teórico como práctico. Isto inclúe alumnado de cursos de Economía, Administración de Empresas, Investigación Operativa, Matemáticas, Enxeñeira, Loxística, Ciencias Políticas e Dirección Pública, entre outras.
Máis información: http://docjuegos.webs.uvigo.es/
4.- Curso de Metanálise en rede
O Centro Cochrane Iberoamericano (IIB Sant Pau) organiza un curso de Comparacións indirectas e Metanálise en rede (Network Meta-Analysis) que terá lugar os días 25 e 26 de maio de 2017 en Barcelona.
O curso está dirixido a profesionais sanitarios, persoal de investigación en ciencias da saúde, ciencias sociais ou economía, con coñecementos básicos de revisións sistemáticas e/ou metanálise, e con interese na aplicación das comparacións indirectas e a súa extensión ao metanálise en rede. Os alumnos precisan ter unha base de coñecementos ou experiencia en metaanálise de comparacións indirectas.
- Datas e horario: 25 e 26 de maio de 9:00 a 18:00 (16 horas)
- Lugar: Barcelona
- Importe da matrícula: 250 €
- Período de inscrición: a partir do 18 de abril de 2017
Máis información: http://es.cochrane.org/es/news/curso-de-comparaciones-indirectas-y-metanálisis-en-red-network-meta-analysis-en-barcelona
5.- Curso de Investigación Reproducible con R e RStudio
A Fundación para el Fomento de la Investigación Sanitaria y Biomédica da Comunitat Valenciana (FISABIO), en colaboración coa Sociedad Española de Biometría (SEB) e a Sociedad Española de Epidemiología (SEE) organiza un curso de “Investigación Reproducible con R e RStudio” que terá lugar do 5 ao 9 de xuño de 2017 (25 horas lectivas), na biblioteca de FISABIO. Este curso aborda a problemática da reproducibilidade na investigación científica dende o enfoque dos analistas de datos.
O curso está dirixido a profesionais da análise de datos con experiencia en R e, a ser posible, en RStudio.
Máis información: https://fisabio.github.io/investigacion_reproducible/
6.- MESIO UPC-UB Summer School 2017
The MESIO UPC-UB Summer School is a specialized training program that increases the supply of both professional and research training in the Interuniversity Master in Statistics and Operations Research (MESIO UPC-UB), the 2nd cycle studies, the Degree in Statistical Science and Techniques, and the PhD in Statistics and Operations Research of the UPC, Statistics of the UB and Economy of the UB.
This academic year 2016-2017, it will be held the eleventh edition of the MESIO Summer School. These courses are open to all members of the FME, UPC, UB, and to the university, scientist and professionals in general.
In this edition, 12 activities will be held, including R courses (V SummeR School 2017), Big Data (IV Big Data School).
The courses will be taught from June 19 to July 7, 2017.
Further information: https://mesioupcub.masters.upc.edu/en/xi-summer-school-2017
7.- Symposium on Big Data in Finance, Retail and Commerce
Symposium on Big Data in Finance, Retail and Commerce. Statistical and Computational Challenges.
- Date: 2-3 November 2017
- Local: Jupiter Lisboa Hotel. Lisboa (Portugal)
CALL FOR PAPERS
- Abstracts submission 16th June 2017
- Notification of Acceptance within 2 weeks after submission
The objective of the symposium is to present new approaches to deal with Big Data Applications in finance, retail and commerce bringing together professionals from companies in these areas and researchers who generate sound methods and tools to handle such data. It is hoped that such an interaction may help in understanding the new needs and trends in the emerging field of Data Sciences. Although the main theme of the Symposium is on applications to finance, retail and commerce, participants are welcome to submit papers on other areas of applications of Big Data and Data Sciences.
Invited Speakers:
- Cristina San José, Banco Santander, España
- João Marques da SIlva, Universidade de Lisboa, Portugal
- Marc Hallin, Université Libre de Bruxelles, Belgium
- Nuno Crato, University of Lisbon, Portugal, and European Commission Joint Research Center, Italy
- Peter Diggle, Lancaster University, UK
- Tiago Pereira Durão, Deloitte, Portugal
- Vicente Calzado, El Corte Inglés, España
More informations on http://symposiumbigdata2017.weebly.com/
8.- VI Encuentro Iberoamericano de Biometría
O VI Encontro Iberoamericano de Biometría, organizado pola Carreira de Enxeñería Agropecuaria (IASA) da Universidad de las Fuerzas Armadas (ESPE), terá lugar no Campus Central da ESPE na cidade de Quito, Ecuador, os días 15, 16 e 17 de novembro de 2017.
Datas importantes:
- Data límite de envío de traballos: 15 de xullo de 2017
- Data límite de notificación da aceptación: 15 de agosto de 2017
- Data límite para a inscrición en cota reducida: 30 de setembro de 2017
Más información: http://www.biometriaecuador2017.com/
9.- 5th International Joint Conference New Challenges for Statistical Software
The 5th International Joint Conference New Challenges for Statistical Software - The Use of R in Official Statistics will be held in Bucharest-ROMANIA, on 6-7 November, 2017.
The purpose of the conference is to provide a public forum for researchers from academia and institutes of statistics to present, exchange ideas and discuss developments in state-of-the-art statistical software commonly used in applied economics and statistics. The most focused debates are expected to be the use of R in official Statistics.
Important dates:
- Conference Date – 6-7 November, 2017
- Abstract submission – 26 July, 2017
- Notification of acceptance – 07 August, 2017
- Complete paper due – 25 September, 2017
- Registration deadline – 1 October, 2017
Further information: http://r-project.ro/conference2017/
10.- Statistical Methods for Rare Diseases and Special Populations
The eighth European Statistical Forum:“Statistical Methods for Rare Diseases and Special Populations”, will be held in Barcelona on 13th of November.
The one-day event will include presentations focused on:
- Innovative statistical methods for rare diseases and special populations.
- Clinical trials designs, endpoints as well as approaches to evidence synthesis and extrapolation.
- Regulatory views on statistical approaches.
- Practical examples and case studies.
The Scientific Board of the event will lead a panel of experts, to share best practices, knowledge and experience, coming from statistics, medicine, regulatory and academia interested in the field of rare diseases and special populations.
Early bird registration deadline: 13 October 2017
Further information: https://esf-2017.eventify.it/
11.- Convocatoria de Contrato no Hospital Universitario 12 de Octubre
Convocatoria de Contrato: Unidade de Investigación e Soporte Científico do Hospital Universitario 12 de Octubre.
- Proxecto de Investigación: Plataforma de Unidades de Investigación Clínica e Ensaios Clínicos (SCReN).
- Orixe dos fondos: Instituto de Salud Carlos III.
- Investigador Responsable: Dr. Agustín Gómez de la Cámara
Requisitos:
- Licenciatura ou doutoramento en Ciencias e Técnicas Estatísticas
Méritos:
Formación específica:
- Metodoloxía en investigación clínica.
- Bases metodolóxicas da investigación biomédica.
Experiencia:
- Experiencia investigadora en proxectos de investigación nacionais e internacionais.
- Experiencia como técnico-bioestatístico de apoio á investigación.
- Formación en ensaios clínicos.
Outros méritos curriculares. Valorarase:
- A participación en publicacións e/ou comunicacións a congresos.
- Experiencia en programas estatísticos: SAS, SPSS, Stata e R.
- Manexo de bases de datos.
- Alto nivel de inglés.
Presentación de solicitudes: ata o 31 de maio de 2017.
Máis información: http://eio.usc.es/pub/mte/index.php/es/noticias/1498-2017-04-26-15-20-14
12.- Praza de profesor axudante doutor na Universidade de Málaga
A Universidade de Málaga oferta unha praza de Profesor Axudante Doutor na área de Estatística e Investigación Operativa (Código 027AYD16). O prazo de presentación de solicitudes remata o día 9 de maio de 2017.
Máis información: http://www.juntadeandalucia.es/eboja/2017/73/BOJA17-073-00026-6587-01_00111902.pdf
13.- Oferta de contrato predoutoral
O grupo de investigación interuniversitario en Deseño de Experimentos (OED) oferta un contrato predoutoral para a formación de doutores (4 anos) vinculado ao proxecto de investigación “Deseño Óptimo de Experimentos Aplicado á Saúde e á Investigación en Seguridade (2017-2020)” financiado polo Ministerio de Economía y Competitividad.
Máis información: http://eio.usc.es/pub/mte/descargas/CallforapplicationsFPI.pdf