Novas da SGAPEIO, 11 de abril 2019

1.- Aberto o prazo de inscrición de traballo nos IX Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos ata o 26 de abril (prazo ampliado)
Descrición: A Sociedade Galega para a promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO), ven de convocar o IX Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de estatística e investigación de operacións realizados por estudantes de ESO, PCPI, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Bases: https://sgapeio.es/descargas/formacion/Bases_IX_Incubadora.pdf
Díptico: https://sgapeio.es/descargas/formacion/diptico_IncubadoraIX.pdf
Participantes: Poden participar estudantes (matriculados en centros da Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2018-2019) de ESO, FP Básica, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio. A participación pode ser individual ou en grupo (máximo de 4 estudantes). Cada participante ou grupo deberá contar polo menos cun docente-titor do seu centro, que supervise o traballo presentado. Distínguense tres categorías:

  • Categoría A: 1º e 2º de ESO.
  • Categoría B: 3º e 4º de ESO e FP Básica.
  • Categoría C: Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio.

Non hai limitación de concursantes por un mesmo centro, nin de traballos titorizados por un mesmo docente. Só se permite unha participación por estudante.
Datas importantes:

  • Inscrición de traballos: dende o 18 de marzo ata o 26 de abril de 2019.
  • Entrega dos traballos finalizados: dende o 8 ata o 26 de abril de 2019.
  • Do 20 ao 26 de maio de 2019 daranse a coñecer os traballos finalistas e a data do acto de entrega de premios.

Máis información e vídeo promocional en: https://sgapeio.es/index.php/formacion-e-actividades/premios-sgapeio/3162-ix-concurso-incubadora-de-sondaxes-e-experimentos

2.- XIV Congreso da SGAPEIO
24 de outubro de 2019-26 outubro de 2019
Vigo, España
Descrición: O Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Vigo organiza, respondendo á petición da Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO), o XIV Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións.
Invítase a tódolos colectivos a participar nestas xornadas e a que envíen os seus traballos, tanto teóricos coma aplicados, para a súa presentación durante o congreso, que terá lugar na Escola de Enxeñería Industrial (Sede Cidade) de Vigo do 24 ao 26 de outubro de 2019. Nesta edición, a programación oficial contará cunha sesión temática de Biometría, que será organizada pola SGAPEIO e a Sociedade Portuguesa de Estatística (SPE) dando continuidade aos Encontros Galaico-Portugueses organizados polas dúas sociedades desde o ano 2013. Esta colaboración ten como obxecto a promoción e divulgación da Estatística e I.O. en distintas áreas de aplicación, fomentando novas ideas e colaboracións de interese para as dúas comunidades.
Ademais, o programa ofrecerá actividades de carácter social e cultural, que esperamos que sexan do agrado dos asistentes.
Datas límite importantes:

  • Envío de traballos: 30 de Xuño
  • Inscrición reducida: 15 de Xullo

Máis información: http://sgapeio2019.webs.uvigo.es/

3.- Curso de Formación da Universidade de Vigo Data Mining con " R"
Descrición: Está aberta ata o 25 de ABRIL a inscrición no Curso de Formación da Universidade de Vigo Data Mining con " R", de carácter totalmente non presencial, que se impartirá desde a plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo (Faitic) do 1 ao 31 de maio de 2019. O curso utiliza o programa estatístico " R", totalmente gratuíto e accesible, que ten unha potencia de análise moi superior á de calquera outro programa estatístico, e pretende ensinar a utilizar "R" para o tratamento estatístico avanzado de datos coas principais técnicas de Data Mining (Minería de Datos), especialmente indicados para a investigación científica e técnica; está dirixido fundamentalmente a investigadores, doctorandos, e técnicos de análise de datos en calquera ámbito de actividade. O contido do curso consiste nos métodos de Minería de Datos máis empregados e útiles (CHAID, k-means, svm, Pagerank, AdaBoost, KNN, Naive Bayes, CART, randomForest...). Para cada método explícase o seu principio de funcionamento, o algoritmo, os supostos ou requisitos, e a súa aplicación co programa estatístico R, mediante exemplos adecuados realizados paso a paso xunto coa interpretación correcta dos resultados, e proponse unha tarefa similar que se debe cumprimentar para asegurar o principal obxectivo do curso: que o alumno é capaz de aplicar os distintos métodos aos seus propios datos. Inclúese unha breve introdución ao programa R, para facelo alcanzable aos usuarios da Estatística non expertos. É eminentemente práctico e aplicado, e realizarase de forma virtual mediante secuenciación das unidades didácticas a través da plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo, Faitic. O alumno pode elixir o día e hora de acceso aos materiais docentes, debendo unicamente cumprir cos prazos máximos de envío de informes de prácticas e cuestionarios de avaliación. O criterio de admisión é a orde cronolóxica de solicitude, e o custo da matrícula 125 euros (estudantes e parados 90 euros). Máis información (inscrición, contidos, profesorado, etc.) na web da Universidade de Vigo: https://bubela.uvigo.es/curso/3462

4.- International Summer School on "Preferences, Decisions and Games"
25 de Xuño de 2019-28 de Xuño de 2019
Sorbonne Université, Paris, France
Descrición: O obxectivo desta escola de verán é xuntar a estudantes de doutoramento, investigadores de postdoutoramento e investigadores en xeral interesados nos aspectos matemáticos e computacionais da modelización de datos, toma de decisions e teoría de xogos. Está especialmente orientada a participantes con diferentes habilidades e perfil relacionado coa investigación de operacións, intelixencia artificial e aecononomía. Durante 4 días o programa incluirá dous tipos de actividades: conferencias impartidas por prominentes científicos en talleres ou workshops nos que os participantes terán a oportunidade de presenter os seus traballos e intercambiar ideas.
A escola de verán terá lugar na Sorbonne Université e será organizada CNRS e o Grupo Nacional Francés de Investigación de Operacións.
Máis información: https://decisionschool.lip6.fr/

5.- Curso virtual: como revisar un artigo orixinal (4ª edición)
Descrición: Desde a Revista Gaceta e a Escuela Andaluza de Salud Pública, temos o agrado de presentarlles a nova Serie de talleres de e-aprendizaxe, dirixidos a mellorar a calidade da publicación científica.
Este curso é a cuarta edición de "Como revisar un artigo orixinal" coordinado por Pere Godoy García e Clara Bermúdez Tamayo.
Introdución: A revisión dun artigo científico é unha etapa crave no proceso de publicación dos artigos e debe contribuír á validez, claridade e utilidade do que se publica. O curso está estruturado en cinco unidades:

  • proceso de revisión por pares.
  • A redacción científica e a estrutura dun artigo.
  • A realización dunha revisión.
  • exercicio práctico dunha revisión.
  • Como responder a editores/ as e revisores/ as.

Dirixido a:
Profesionais do ámbito clínico e da saúde pública interesados en adquirir coñecementos para a revisión de artigos científicos orixinais.
Data: Do 13 de maio ao 15 de xuño de 2019. Con 4 horas de dedicación aproximada por semana. Despois da realización e entrega de diferentes tarefas, obterase a certificación da formación.
Requisitos:

  • Publicar polo menos 2 artigos científicos.
  • Coñecementos de metodoloxía da investigación.

A selección farase por parte do comité editorial da revista GACETA SANITARIA, en función dos requisitos esixidos e priorizando os socios de SESPAS.
Data límite para a inscrición: 2 de maio de 2019
Prezo: 80€
Modalidade: Virtual
Inscrición: https://bit.ly/2Ue7aG1
Contacto: Juan Antonio Castillo (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.)

6.- Diploma de Especialización en Epidemiología e Investigación Clínica (23ª edición)
Coordinación: Isabel Ruiz Pérez
Horas Totais: 750
Modalidade: Semipresencial
Créditos Europeos ( ECTs) 30,00
Data límite para a inscrición: 20/07/02019
Matrícula: 3300 €
Preinscrición: ONLINE
Introdución: "Título propio da Universidad de Granada". A complexidade crecente da Medicina e o desafío dos avances nas múltiples frontes diagnósticos e terapéuticos que exploran as ciencias biomédicas, fan da investigación clínica unha necesidade formativa indispensable para os profesionais sanitarios.
Dirixido a Profesionais da saúde implicados en actividades de investigación, especialmente aos integrados nas Unidades de Xestión Clínica ou en estruturas estables de investigación cooperativa (CIBER e RETIC), interesados en fomentar o desenvolvemento da investigación no seu ámbito de traballo.
Observacións: Para profesionais do Sistema Sanitario Público de Andalucía que soliciten financiamento de matrícula, as solicitudes deberán ser previamente autorizadas polo Organismo ao que pertenzan.
Bolsas: Existe posibilidade de solicitar bolsa da UGR para o financiamento da matrícula para o resto de profesionais, conforme aos criterios económicos e académicos establecidos pola propia Universidade e qe serán xestionadas pola Escola Internacional de Posgrao aínda que se deben presentar na EASP:
http://escuelaposgrado.ugr.es/pages/titulos_propios/tramites_admin_alumnos_master/solicitud_bolsa
Requisitos: É requisito imprescindible posuír titulación universitaria. Valorarase como criterio preferente de selección:

  • Pertencer a unha Unidade de Xestión Clínica (UGC) do SSPA ou a un Centro de Investigación Biomédica en Rede (CIBER e RETIC) e liderar ou participar en proxectos de investigación competitivos.
  • Ter coñecementos básicos en estatística e epidemioloxía.
  • Ter coñecementos de inglés que permitan ao participante ler bibliografía científica nese idioma.
  • Dispoñibilidade para a asistencia ao 100% das actividades presenciais programadas.
  • Ter coñecementos de informática a nivel de usuario e dispoñer de acceso a Internet.

Máis información: https://www.easp.es/cursos/?idCurso=3114010019

7.- Curso de deseño e validación de cuestionarios
Datas previstas: Granada, 22 de maio ao 28 de xuño de 2019.
Sesións presenciais: Módulo I: 22-24 de maio; Módulo II: 27 e 28 de xuño.
Coordinación: Juan Manuel Jiménez Martín.
Horas Totais: 50.
Modalidade: Semipresencial.
Data límite para a inscrición: 22/04/02019.
Matrícula: 750 €.
Preinscrición: ONLINE
Introdución: A enquisa de opinión constitúe unha das principais estratexias de investigación na actualidade. O seu uso crecente en numerosos ámbitos relacionados tanto coas prácticas profesionais como coa xestión de institucións socio-sanitarias fai necesario que os profesionais das devanditas organizacións conten cunha sólida formación orientada tanto ao deseño e execución deste tipo de estudos como á análise crítica dos datos proporcionados polos mesmos. Este curso, de 50 horas de duración, está especialmente orientado ao deseño e validación de cuestionarios, a principal e máis importante ferramenta empregada nos métodos de enquisa. Para iso analizásense as distintas fases e elementos que estruturan o seu deseño, así como os criterios imprescindibles para analizar a validez e fiabilidade dos resultados obtidos.
Dirixido a: Profesionais de servizos sociais e sanitarios interesados no deseño e validación de cuestionarios. Estudantes de terceiro ciclo do ámbito das ciencias sociais e da saúde.
Requisitos: Coñecementos básicos de estatística. Imprescindible dispoñer de acceso a Internet de banda ancha, correo electrónico persoal e ter habilidades para o uso de programas informáticos básicos (Office) a nivel de usuario.
Obxectivo Xeral: Capacitar aos participantes para o deseño e validación de cuestionarios
Contidos:

  • Unidade didáctica n º: 1: Introdución á investigación por enquisa
  • Unidade didáctica n º: 2: Deseño de cuestionarios
  • Unidade didáctica n º: 3: Validación de cuestionarios: conceptos de validez e fiabilidade
  • Unidade didáctica n º: 4: Análise estatística de datos para a estimación de validez e fiabilidade (programa R)

Máis información: https://www.easp.es/cursos/?idCurso=314301NA19

8.- València International Bayesian Summer School (VIBAS S3)
Descrición: Anúnciase a Terceira edición do València International Bayesian Summer School (VIBASS3) que terá lugar desde o 22 ao 26 de xullo 2019 en València (España).
VIBASS3 é unha escola de verán de 5 días que ofrece unha oportunidade para aprendizaxe da estatística bayesiana sen requerirse coñecementos de partida neste ámbito.
Os cinco días de VIBASS3 organízanse en tres partes:

  • Os primeiros dous días inclúen un curso básico en Bayesian learning (12 horas), con sesión conceptual e sesións prácticas con paquetes de R.
  • Sería aconselláble que os participantes trouxesen os seus portátiles para as sesións prácticas.
  • A segunda parte adicarase a un asunto de interese actual na investigación bayesiana como é o Applied Bayesian Computation e o NIMBL Esta edición terá por a Aplicado Bayesian Computation e o e a plataforma NIMBLE Plataforma para a Modelización Xerárquica e MCMC. Este curso de 12 h será impartido por Daniel Turek, Assistant Professor de Estatística no Williams College e membro do Equipo de Desenvolvemento NIMBLE.
  • O venres 29 é o último día da escola de verán no que se programará un workshop composto por dúas sesións plenarias cos seguintes conferenciantes convidados:
    • Eleni Matechou (University of Kent).
    • Gonzalo García-Donato ( Universidad Castilla- La Mancha).

Anímase a todos os participantes na escola de verán apresentar as súas investigación no marco dunha tormenta de ideas informal e a través da sesión de pósteres programada.
O VIBASS3 está organizado polo grupo VABAR, pola Universitat de València e polo Biomathematics and Statistics Scotland, BIOSS.
Máis información: http://vabar.es/events/vibass3/

9- 1st Conference on Transfer between Mathematics & Industry [CTMI 2019]
22 de xullo de 2019 – 24 de xullo de 2019
Santiago de Compostela, España
Descrición:
En representación dos comités de organización e científico, invítase a toda a comunidade científica e profesionais da indusria e administración a participar na 1st Conference on Transfer between Mathematics & Industry [CTMI 2019] que pretende fortalecer a interacción entre academia e industria, fomentando a inovación en ambos eidos e abrindo novas canles para a colaboración entre o mundo académico e industrial.
O evento:
Esta nova iniciativa constitúe un espazo único para a promoción e a diseminación das ferramentas matemáticas relacionadas coa Estatística, Big Data e o MSO (Modelling, Simulation and Optimization), incluindo as súas aplicacións industriais, o establecemento de redes de investigación, a iniciación de novas liñas de investigación e a internacionalización da actividade academia-industria Máis información premendo aquí.
Onde e cando?
O CTMI 2019 terá lugar en Santiago de Compostela, España, do 22 ao 24 de xullo do 2019, na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela (mapa).
Como participar?
Requírese o rexistro previo. Para máis información premer aquí. A data límite de rexistro e o 31 de maio 30 de xuño.
Programa

  • Conferencias invitadas:
    • Francisco Chinesta. École Nationale Supérieure des Arts et Métiers (ENSAM), Francia.
    • Ignacio Grossmann. Carnegie Mellon University, EEUU.
    • Volker Mehrmann. Institut f. Mathematik, TU Berlin, Alemaña.
    • Stefan Nickel. Institut für Operations Research (IOR), Karlsruher Institut für Technologie (KIT), Alemaña.
    • Antonio Pita Lozano. LUCA, Unidad de Datos de Telefónica, España.
  • Minisimposios: organizaranse 5 minisimposios, sendo un deles o relacionado cos premios math-in e Repsol para teses de doutoramento e traballos fin de mestrado (1st edition of the math-in awards & math-in | Repsol award) no eido das matemáticas industriais (data límite de postulación: 26 de abril) .
    • MS1: "Mathematics of Logistics: emerging trends in Optimization and Simulation modelling".
    • MS2: "Successful examples of industry-academia collaboration in the energy sector".
    • MS4: Math-in awards & math-in | Repsol award for outstanding Phd and Msc thesis in Industrial Mathematics.
  • Comunicacións. Durante o congreso, terán lugar como mínimo dúas sesións paralelas de Matemáticas Industriais. O 26 de abril é a nova data límite de envío de comunicacións en formato resumo.
  • Casos de éxito en formato póster. O 26 de abril é a nova data límite de envío de comunicacións en formato resumo.
  • Face2Face Brokerage event. O 23 de xullo de 2019, a Enterprise Europe Network organizará un Matchmaking event - Mathematics & Industry co galo de fomentar a cooperación entre a industria e a academia.

Máis información: http://www.itmati.com/ctmi2019

10.- XV Congreso Dr. Antonio Monteiro
5 de xuño de 2019 – 7 de xuño de 2019
Bahía Blanca, Arxentina
Descrición: Temos o agrado de convidalos a participar no XV Congreso Dr. Antonio
Monteiro, que levará a cabo na cidade de Bahía Blanca os días 5, 6 e 7 de xuño de 2019. Este ano o tema principal será Probabilidade e Estatística e haberá sesións de comunicacións en Álxebra, Análise, Xeometría, Lóxica e Matemática Aplicada. A inscrición xa se atopa aberta na páxina web do congreso,
http://www.matematica.uns.edu.ar/xvcm/
O martes 4 de xuño é a data límite para:

  • Inscrición nos cursos
  • Solicitude de axuda económica

O luns 22 de abril é a data límite para:

  • Envío de resumos de comunicacións

Cursos:

  • "Modelos Probabilísticos". RODRIGUEZ, Pablo Martín (Universidade de San Pablo en San Carlos, Brasil)
  • "Modelos de Regresión". SUED, Mariela (Universidade de Buenos Aires)
  • "Ideas fundamentais para a ensinanza e a práctica da inferencia estatística". MEYER, Roberto (Universidade Nacional do Litoral)

Conferencias:

  • FRERY, Alejandro Carlos (Universidade Federal de Alagoas, Brasil)
  • FERRARI, Pablo Augusto (Universidade de Buenos Aires – CONICET)
  • HAEDO, Ana Silvia (Universidade de Buenos Aires – CONICET)
  • SVARC, Marcela (Universidade de San Andrés – CONICET)
  • D´AMELIO, Adriana Graciela (Universidade Nacional de Cuxo)
  • FLESIA, Ana Georgina (Universidade Nacional de Córdoba)

Desexando que o XV Congreso Dr. Antonio Monteiro sexa, do mesmo xeito que as súas edicións anteriores, un lugar de reunión, intercambio e discusión interdisciplinaria, esperamos a súa participación e enviámoslles un cordial saúdo.

11.- II Xornada de presentación de Software Libre para uso científico
25 de abril de 2019
Santiago de Compostela, España
Descrición: É un pracer poder convidarte a participar na II Xornada de presentación de Software Libre para uso científico, que terá lugar o próximo 25 de abril de 2019, na Aula Magna da Facultade de Matemáticas [1] da USC [2]. O obxectivo principal desta actividade é o de compartir coñecementos e experiencias arredor do Software Libre de uso Científico, así como presentar a versión 4.0 de BioStatFLOSS [3].
A xornada está organizada pola Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MeLiSA) [4], e conta co apoio da AMTEGA [5] e da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.
O acceso é libre, e a inscrición de balde, que pode realizarse na seguinte ligazón:
http://xornada.melisa.gal/#formulario
Vémonos o 25 de abril na Facultade de Matemáticas para falar de Software
[1] http://www.usc.es/es/centros/matematicas/
[2] http://www.usc.es
[3] https://www.sergas.es/Saude-publica/BioStatFLOSS
[4] http://www.melisa.gal/
[5] http://amtega.xunta.gal/

12.- Charlas sobre análise de datos e computación de altas prestacións (HPC)
25 de abril de 2019, 2 de maio de 2019,
A Coruña, España
Descrición: A partir do Xoves 3 de Abril, o Mestrado Interuniversitario en Computación de Altas Prestacións (HPC) organiza na Facultade de Informática da Coruña unhas charlas sobre análise de datos e computación de altas prestacións (HPC). Estas charlas están abertas a toda a comunidade universitaria. As próximas conferencias son as seguintes:

  • Entorno machine learning nunha empresa cervexeira, a cargo de Jorge López Muñiz (xerente de tLab e análise avanzada de datos), que terá lugar na Aula 2.0b da Facultade de Informática o 25 de abril ás 13:00 h.
  • HPC no centro de supercomputación de Galicia, a cargo de Andrés Gómez, que terá lugar na Aula 2.0b da Facultade de Informática o 2 de maio ás 13:00 h.

13.- International Data Science and Engineering Symposium (IDSES'19)
2 de maio de 2019 - 3 de maio de 2019,
Karabük, Turquía
Descrición: O Comité de Organización do International Data Science and Engineering Symposium (IDSES'19) comprácese en convidalos á nova edición do congreso que terá lugar entre o 2 e o 3 de maio de 2019 en Karabük, Safranbolu, Turquía. O simposio será organizado pola Universidade de Karabük. O IDSES'19 ten como fin o de reunir investigadores, científicos e académicos para compartir a súa experiencia e coñecementos en todos os aspectos da minería de datos, así como os seus resultados, ideas e boas prácticas. Convídase especialmente a todos aqueles profesionais que queiran mellorar as súas habilidades na minería de datos, tanto enxeñeiros coma investigadores en xeral, sexa cal sexa o seu sector. O IDSES'19 tamén terá especial interesa para aqueles empregados multidisciplinares nos eidos da tecnoloxía e da ciencia.
Máis información: www.idses.org

14.- Publicación do “Informe completo del impacto socioeconómico de las matemáticas en la economía española”
Vense de publicar o “Informe completo del impacto socioeconómico de las matemáticas en la economía española”, a cargo dos “Consultores de las Administraciones Públicas” e da “Red Estratégica en Matemáticas”. A súa presentación tivo lugar o 10 de abril de 2019 en Madrid.
O documento está dispoñible no enlace
https://institucionales.us.es/remimus/informe-completo-del-impacto-socioeconomico-de-las-matematicas-en-la-economia-espanola/

15.- BCAM - ITP Aero PhD Position in Machine learning applied to electro welding
Descrición: Oferta do Basque Center for Applied Mathematics (BCAM) e a empresa ITP Aero para realizar unha tese de doutoramento en Machine Learning aplicada a procesos de soldadura eléctrica.
Directores:

  • Dr. Aritz Pérez.
  • Prof. Jose Antonio Lozano.

Liña de investigación: Machine Learning.
Salario e condicións: O salario bruto anual será de 18.000 €, na Axencia do Tesouro de Biscaia. Tamén existen dietas de mobilidade para aqueles candidatos que veñen alén de do Pais Vasco que oscila 500 e 1000 euros.
Número de prazas: 1.
Duración do contrato: 4 anos.
Data límite de presentación de solicitudes: 30 de abril de 2019, ás 12:00.
Como facer a solicitude: As solicitudes deberán enviarse de xeito on-line a través da páxina web http://www.bcamath.org/en/research/job

16.- 12 prazas de investigadores de predoutoramento para o Climate Advanced Forecasting of sub-seasonal Extremes Consortium
Descrición: O CAFE, Climate Advanced Forecasting of sub-seasonal Extremes Consortium, está buscando investigadores novos altamente cualificados para 12 prazas de investigadores de predoutoramento.
O obxectivo do proxecto CAFE é a mellora dentro de cada estación das predicións dos eventos meteorolóxicos extremos a través dunha formación interdisciplinaria en 12 aspectos diferentes coma son a ciencia climática, as redes complexas e a análise de datos. Os extremos climáticos como as vagas de calor, secas, precipitacións extremas e vagas de frío teñen unha alta repercusión social e económica que se irá incrementando segundo avance o cambio climático. A predición de eventos extremos nun intervalo comprendido entre 10 días e 3 meses e un gran reto debido ao pobre entendemento que hoxe en día se ten dos fenómenos que os condicionan, como é o caso das oscilacións de Madden Julian, ondas planetarias e bloqueos atmosféricos. A obtención de información fiable destes fenómenos é de gran importancia, permitindo a obtención de avisos previos e accións correctivas anticipadas.
Os candidatos deben estar no primeiro ano das súas carreiras de investigación (ata un ano despois de obter o seu título de mestrado) no momento de ser admitidos e non ter o título de doutor.
Os contratos firmaranse por un período de 36 meses e están dotados dun atrativo salario da cordo coas regulacións do MSCA para Early-Stage Researchers.
Data límite para a presentación de solicitudes: 20 de maio do 2019.
Máis información: https://euraxess.ec.europa.eu/jobs/392074

17.- Contratos en Data Science Lab
Buscamos a licenciados para a súa incorporación ao equipo da área de soporte Data Science, centrado en data analytics e intelixencia artificial.
Tarefas a realizar
Participación na execución de proxectos dos tres labs verticais: Open Innovation, Clean Energy e Industrial Internet.
Requisitos

  • Licenciatura ou Grao en Matemáticas, Enxeñería Informática ou Telecomunicacións.
  • Posgrao ou máster en data analytics, intelixencia artificial ou similar.
  • Un ou dous anos de experiencia (excluídas prácticas).

Valórase

  • Experiencia na execución de proxectos: formulación e desenvolvemento de modelos matemáticos de simulación.
  • Experiencia en Phyton, R, Matlab, Simulink, C e C++ así como noutras ferramentas matemáticas e linguaxes de programación que poidan ser utilizados en contornas de análises de datos.
  • Coñecementos de machine learning, DNNs para computer vision, intelixencia artificial.
  • Coñecementos de inglés, outros idiomas.
  • Cursos de especialización nas temáticas mencionadas.
  • Capacidade de comunicación e interacción con clientes.
  • Capacidade de aprendizaxe.
  • Capacidade de integración en equipos multidisciplinares.

Se tes ganas e crees que encaixas no que necesitamos, por favor, ponche en contacto connosco enviándonos o teu C.V. a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

18.- Contrato no proxecto “ Modelización e Optimización de redes de transporte de Gas”
DESCRICIÓN DO POSTO: 1 contrato como investigador/a para o proxecto de investigación no marco do contrato entre ITMATI (Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial) e unha empresa do sector da enerxía.
RESPONSABLE: Prof. Dr. Alfredo Bermúdez de Castro e Prof. Dr. Anxo González Rueda. PERFÍS DOS CANDIDATOS: Licenciados/ as, Enxeñeiros/ as, Graduados/ as, e Másteres relacionados coas Matemáticas, a Física, a Enxeñería e a Informática.
MÉRITOS E REQUISITOS A VALORAR:

  • Formación e experiencia xeral a valorar (40 puntos, todas as achegas deben estar documentadas).
    • Expediente académico do grao ou licenciatura, enxeñería, máster.
    • Grao de afinidade das titulacións do candidato cos ámbitos da Matemática Industrial (Matemática Aplicada, Estatística e Investigación Operativa ou similar).
    • Coñecemento e experiencia previa en técnicas de programación matemática e optimización: en particular, programación lineal e enteira, programación non lineal e programación estocástica.
    • Coñecemento e experiencia previa na modelización e optimización de redes de transporte de gas.
    • Coñecemento de linguaxes de programación: en particular, Python e FORTRAN.
  • Coñecementos e experiencia adicional e específica a valorar (30 puntos, todas as achegas deben estar documentadas).
  • Á hora de valorar as candidaturas presentadas tamén se terá en conta a experiencia nalgúns dos seguintes campos relacionados cos ámbitos de investigación do Proxecto, non sendo necesario ter experiencia en todos eles:
    • Linguaxes de modelado algebraico de problemas de optimización: en particular, AMPL e Pyomo.
    • Experiencia na modelización de problemas de programación lineal en Python utilizando APIs de solvers lineais ( Gurobi, Cplex, Google OR- Tools, ...).
    • Experiencia no desenvolvemento de software científico, en particular, software de simulación e optimización matemática.
  • Entrevista persoal e cartas de recomendación (30 puntos).

Os candidatos/as seleccionados/as de acordo cos criterios anteriores serán convocados a unha entrevista persoal e a unha proba relativa ás funcións do posto. Nesta terceira fase teranse en conta as cartas de recomendación que cheguen para o candidato; só se admitirán 3 cartas de recomendación por candidato, que deberán ser remitidas directamente pola persoa que emita o informe e non o propio candidato. Entrevistarase polo menos aos tres candidatos/ as mellor valorados/ as e que entre os dous apartados anteriores alcanzasen polo menos 35 puntos.
REQUISITOS XERAIS DOS CANDIDATOS: Para ser admitidos os aspirantes, ademais de cumprir os requisitos específicos esixidos na actividade ou proxecto para a que realicen a súa solicitude indicados no punto anterior, deberán posuír no día de finalización de presentación de solicitudes e mantelos ata a data prevista de finalización do contrato, os seguintes requisitos de carácter xeral:

  • Ser español ou nacional dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún estado, ao que, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
  • Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o cónxuxe dos españois e dos nacionais dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea, e cando así o prevexa o correspondente tratado, ou dos nacionais dalgún estado ao cal en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe, menores de vinte e un anos ou maiores da devandita idade que vivan ao seu cargo.
  • Así mesmo poderán participar os nacionais de países non membros da Unión Europea ou que non estean incluídos no ámbito de aplicación dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores. Con todo, a formalización do contrato laboral con estes nacionais queda condicionada a que os aspirantes teñan concedida a excepción ou permiso de traballo e residencia legal en España.
  • Ter cumpridos os 16 anos.
  • Estar en posesión da/ s titulación/é válida/ s en España que se indique/ n de acordo á lexislación española.
  • Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das funcións correspondentes.
  • Non estar separado, mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas nin estar inhabilitado para o desempeño das funcións públicas.

ENVÍO DE SOLICITUDES: As persoas interesadas neste contrato deberán enviar antes do 15 de abril de 2019 ás 23:59 horas as solicitudes, que deberán incluír unha carta de presentación que resuma a traxectoria do solicitante cos méritos e experiencia a valorar na convocatoria, o currículo vitae (con teléfono móbil e correo electrónico), o título e os expedientes académicos de Grao/Licenciatura/Enxeñería, Máster, Doutoramento; e a vida laboral (que acredite os méritos profesionais que aparecen no currículo vitae). As cartas de recomendación, só se admitirán se as envía directamente a persoa que informa (e non o propio candidato/a). Toda a documentación remitirase á seguinte dirección de correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. indicando en “asunto” a referencia da oferta ITMATI-OT-07/2019. Unha vez recibida a solicitude confirmarase a recepción da mesma mediante correo electrónico. Os candidatos que sexan convocados á fase de entrevista deberán achegar documentación orixinal dos méritos achegados.
MÁIS INFORMACIÓN: http://www.itmati.com/oferta-de-empleo-itmati-ot-072019un-contrato-como-investigadora-para-proyecto-%E2%80%9Cmodelizaci%C3%B3n-y-optimi

2019  SGAPEIO   globbers joomla templates