Novas da SGAPEIO, 23 de xaneiro 2020

1.- X Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos
A Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) ten aberta a convocatoria do X Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos, organizado para estudantes de ESO, Bacharelato, FP básica e Ciclos Formativos de Grao Medio no curso 2019-2020. Con esta iniciativa académica preténdese que o estudantado se inicie no campo da Estatística e as súas aplicacións, tan útiles na Sociedade da Información na que vivimos.
Máis información en: https://sgapeio.es/index.php/formacion-e-actividades/premios-sgapeio/3298-x-concurso-incubadora-de-sondaxes-e-experimentos

2.- Praza para a realización dunha tese de doutoramento no IISGS
O grupo de investigación de “Reumatología y Enfermedades Inmuno-mediadas - IRIDIS” do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS) ubicado en el Hospital Álvaro Cunqueiro (Área Sanitaria de Vigo) busca candidatos para a realización dunha tese de doutoramento no seu centro. Os interesados deben enviar o CV e unha carta de presentación (incluyendo referencias) co asunto “PREDOC_2020_IRIDIS”, antes do 31/01/2020.
e-mail de contacto: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

3.- Praza para a realización dunha tese de doutoramento no ICMAT
O Statistics, Probability and Operations Research (SPOR) group do ICMAT, co apoio da Fundación La Caixa, convoca unha praza para a realización dunha tese de doutoramento no campo do Machine Learning.
Máis información: https:/www.icmat.es/convocatorias/LaCaixa-INPhINIT/2020/PhD_Adversarial_Machine_Learning.pdf

4.- Praza posdoutoral na Universidade de Málaga
O Optimization and Analytics for Sustainable EnergY Systems (OASYS) da Universidade de Málaga convoca un contrato posdoutoral sobre Advanced analytics and its applications to sustainable energy systems.
Máis información: https://sites.google.com/view/groupoasys/open-positions?authuser=0.

5.- Estatístico para Unidade de Bioestatística
O Instituto de Investigación Biomédica de Bellvitge (IDIBELL) busca un estatístico con experiencia para labores de asesoramento estatístico e metodolóxico de estudos clínicos e epidemiolóxicos.
Máis información: http://www.idibell.cat/es/instituto/ofertas-de-trabajo/idibell-busca-incorporar-un-estadisticoa-para-la-unidad-de

6.- Prazas no Corpo Superior de Estatísticos do Estado
O pasado 8 de xaneiro publicouse no BOE a convocatoria do proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre (31 prazas) e promoción interna (7 prazas), no Corpo Superior de Estatísticos do Estado. O prazo está aberto ata o 5 de febreiro.
Máis información: https://www.ine.es/ss/Satellite?L=es_ES&c=INEProcesoSelec_C&cid=1259952484113&p=1254735801186&pagename=FormacionYEmpleo%2FINELayout

7.- XX Latin Ibero-American Conference on Operations Research
O XX Latin Ibero-American Conference on Operations Research terá lugar en Madrid do 29 de agosto ó 2 de setembro de 2019, na Facultad de Ciencias Matemáticas da Universidad Complutense. Este encontro bianual, que conta co apoio da SEIO, é un punto de encontró dos investigadores do campo da Investigación de Operacións.
Máis información: https://claio2020.com/en/

8.- RSS 2020 International Conference
A Royal Statistical Society International Conference celebrarase do 7 ó 10 de setembro en Bournemouth (Reino Unido). Está orientada a profesionais que usen a Estatística e ciencia de datos no seu día a día, contando cun atractivo programa de conferencias.
Máis información: https://events.rss.org.uk/rss/406/home

9.- COMPSTAT 2020
A 24th International Conference on COMPUTATIONAL STATISTICS (COMPSTAT 2020) celebrarase do 25 ó 28 de agosto en Boloña (Italia). Entre os seus obxectivos, está a posta en común dos máis recentes avances computacionais e metodolóxicos para a análise de datos e a Estatística.
Máis información: http://www.compstat2020.org/submission.php

10.- IWSM2020
O 35th International Workshop on Statistical Modelling (IWSM2020) celebrarase do 19 ó 24 de xullo en Bilbao (España). Está dirixido a profesionais da Estatística, tanto do ámbito académico coma profesional, centrándose na modelización estatística.
Máis información: https://wp.bcamath.org/iwsm2020/

2025  SGAPEIO   globbers joomla templates