Novas da SGAPEIO, 5 de marzo 2020

1.- X Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos
A Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) ten aberta a convocatoria do X Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos, organizado para estudantes de ESO, Bacharelato, FP básica e Ciclos Formativos de Grao Medio no curso 2019-2020. Con esta iniciativa académica preténdese que o estudantado se inicie no campo da Estatística e as súas aplicacións, tan útiles na Sociedade da Información na que vivimos.
Máis información en: https://sgapeio.es/index.php/formacion-e-actividades/premios-sgapeio/3298-x-concurso-incubadora-de-sondaxes-e-experimentos

2.- Game Theory and Management 2020 (GTM2020)
O Game Theory and Management 2020 (GTM2020) terá lugar en San Petersburgo (Rusia) do 24 ó 26 de xuño de 2020. A data límite de envío de traballos é 20 de marzo de 2020. Máis información: https://gsom.spbu.ru/en/gsom/research/conferences/gtm2020/

3.- ASEPELT 2020
A XXXIV Edición do Congreso Internacional de Economía Aplicada (ASEPELT 2020) terá lugar en Xaén, do 24 ó 27 de xullo de 2020.
Máis información en: http://www.asepelt2020.com/

4.- ISCB 2020
A 41st Annual Conference of the International Society for Clinical Biostatistics (ISCB), terá lugar do 23 ó 27 de agosto de 2020 en Cracovia (Polonia). O prazo de envío de traballos está aberto ata o 16 de marzo.
Máis información: www.iscb2020.info

5.- V edición do curso de doctorado de Teoría de Xogos da SEIO
A Universitat de Barcelona, o instituto de investigación BEAT e o grupo de investigación Game Theory and Assignment Markets organizan a V edición do curso de doctorado do grupo de Teoría de Xogos da SEIO.
Formulario de inscrición aquí
Persoa de contacto: Mikel Álvarez Mozos (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.)

6.- Curso non presencial de Control Estatístico de Calidade con R
A Universidade de Vigo organiza Curso de Formación “Control Estadístico de Calidad con R”, impartido polo Catedrático da Universidade de Vigo Antonio Vaamonde, dun mes de duración e dirixido a enxeñeiros, profesionais do control de calidade, estatísticos, e persoas interesadas no programa R ou no control de calidade. O importe da matrícula é 125 euros (parados/estudiantes 90 euros).
Inscrición: https://bubela.uvigo.es/bubela/publico/publico.php?funcion=ver_edicion_descripcion&tab=LC&id_edicion=4528

7.- Conferencia de Jorge Luis Vega Valle na UDC
Jorge Luis Vega Valle, subdirector adxunto de Estatística SocioDemográficas do Instituto Nacional de Estatística (INE), impartirá unha charla o vindeiro luns 9 ás 10:30 no salón de Graos da Facultade de Socioloxía da UDC.

8.- Praza de profesor Axudante Doutor na Área de Estadística e Investigación Operativa da Universidad Complutense de Madrid
A Universidad Complutense de Madrid convocou o concurso Público para a adxudicación dun contrato de Profesor Axudante Doutor para el curso 2019-2020: 1 praza na súa Área de Estadística e Investigación Operativa.
Máis información en: https://bouc.ucm.es/pdf/3558.pdf

9.- Praza de profesor Axudante Doutor na Área de Métodos Cuantitativos da Universidad de Alcalá
A Universidad de Alcalá convocou o concurso Público para a adxudicación dun contrato de Profesor Axudante Doutor para el curso 2019-2020: 1 praza na súa Área de Métodos Cuantitativos para la Economía y la Empresa.
Persoa de contacto: Eva Senra (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.)

2020  SGAPEIO   globbers joomla templates