Novas SGAPEIO 19-marzo-2013

1.- Acta da Asemblea Xeral da SGAPEIO
Comunicamos que xa está dispoñible na web da SGAPEIO, no apartado A SOCIEDADE-Actas e Informes, a acta da última Asemblea Xeral da Sociedade que tivo lugar en Santiago de Compostela o día 16 de febreiro de 2013.

2.- Exposición RSME-Imaginary-Santiago
Lembramos que o pasado venres 15 de marzo de 2013 inaugurouse en Santiago de Compostela a exposición RSME-Imaginary, que poderá visitarse na Igrexa da universidade ata o 16 de maio de 2013.
Máis información: http://www.usc.es/gl/centros/matematicas/imaginary/

3.- Olimpíada Estatística
Con motivo do Ano Internacional da Estatística en 2013, o Instituto Nacional de Estadística (INE) e a Facultad de Estudios Estadísticos (FEE) da Universidad Complutense de Madrid convocan unha Olimpíada Estatística para estudantes de ensino secundario obrigatorio, bacharelato e ciclos formativos de grao medio.
A Olimpíada Consta dunha primeira fase eliminatoria de preguntas de estatística para responder on line, organizadas en tres probas, e unha segunda fase de investigación que consistirá en explotar unha base de datos dada.
Datas importantes:
- 15 de marzo a 8 de abril: inscrición dos equipos.
- 9 a 17 de abril: realización das probas da primeira fase.
- 6 de maio: último día para completar a proba da segunda fase.
- 17 de maio: publicación dos equipos gañadores.
Máis información: http://www.ine.es/explica/olimpiada_inicio.htm

4.- Cursos da EASP
A Escuela Andaluza de Salud Pública (EASP) organiza os seguintes cursos para os próximos meses:
Curso semipresencial de Estatística e Epidemioloxía:
- Duración: 60 horas
- Datas: 22 de abril a 21 de xuño de 2013 (presenciais: 5 a 7 de xuño e 19 a 21 de xuño)
- Matrícula: 875 €
- Prazo de inscrición: ata o 21 de marzo de 2013

Curso presencial de Análise estatístico con datos faltantes:
- Duración: 15 horas
- Lugar e datas: Granada, 13 de maio de 2013.
- Matrícula: 680 €
- Prazo de inscrición: ata o 4 de abril de 2013

Curso virtual de Desenvolvemento de cuestionarios e enquisas na Web:
- Duración: 20 horas
- Datas: 20 de maio a 21 de xuño de 2013.
- Matrícula: 350 €
- Prazo de inscrición: ata o 18 de abril de 2013
Máis información: http://www.easp.edu.es/ProgramaDocente/

5.- Graduate Summer Institute of Epidemiology and Biostatistics
The Graduate Summer Institute of Epidemiology and Biostatistics offers short, intensive courses in epidemiology and biostatistics intended to develop an understanding of the principles, methodologic strategies and practical aspects of epidemiological research. The Summer Institute schedule offers courses that meet for three weeks, two weeks or one week as well as a weekend course.
Website: http://bit.ly/10Owi42

6.- Course and Open Seminar on Compositional Data Analysis
The Statistics and Data Analysis group from the University of Girona announce the third compositional data analysis course to be held in Girona (1-5 July 2013). The course is supported by the Statistical Modelling Society (SMS) and it is officially accredited by the International Association for Mathematical Geosciences (IAMG).
More information: http://www.compositionaldata.com/

7.- Bolsas para a XIV Conferencia Española de Biometría
A Sociedad Española de Biometría (SEB) e a Red Nacional de Bioestadística (BiostatNet) ofrecen 5 bolsas a estudantes para asistir á XIV Conferencia Española de Biometría que se celebrará en Ciudad Real do 22 ao 24 de Maio de 2013. As bolsas cubren a cuota de inscrición e están destinadas preferentemente a aqueles estudantes que teñen dificultades de financiación para asistir ao congreso.
Máis información: http://areaestadistica.uclm.es/biometria2013/becas.html

2025  SGAPEIO   globbers joomla templates