ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Novas SGAPEIO 16-abril-2013
1.- Curso de deseño e validación de cuestionarios
A Escuela Andaluza de Salud Pública (EASP) organiza un curso sobre deseño e validación de cuestionarios:
- Duración: 30 horas
- Datas: 10 a 14 de xuño de 2013 (Granada)
- Matrícula: 580 €
- Prazo de inscrición: ata o 4 de maio de 2013
Máis información: http://www.easp.es/cursos?idCurso=314301NA13
2.- Estancias posdoutorais no IMUS
O Instituto de Matemáticas de la Universidad de Sevilla (IMUS) convoca axudas para a realización de estancias posdoutorais de 2 meses na Universidad de Sevilla. Estas estancias están dirixidas a doutores en Matemáticas que teñan defendido a súa tese no ano 2008 ou con posterioridade, e que na actualidade e durante os últimos tres anos realizaran a súa actividade investigadora habitual nun centro de investigación externo á Universidad de Sevilla.
- Presentación de solicitudes: do 10 de abril ao 10 de decembro de 2013.
- Período para realizar as estancias: do 1 de setembro de 2013 ao 31 de xullo de 2014.
Máis información: http://www.imus.us.es/noticia/359
3.- Actividades de RSME-Imaginary
Obradoiro de papiroflexia:
- Data e hora: xoves 18 de abril de 2013, ás 19:00 horas.
- Lugar: aula 12 da Facultade de Xeografía e Historia da USC.
Matemáticas efervescentes:
- Data e hora: sábado 20 de abril de 2013, ás 12:00 horas.
- Lugar: mercado de abastos de Santiago de Compostela.
Máis información:
http://www.usc.es/gl/centros/matematicas/imaginary/actividades_complementarias.html
4.- VIII Semana Matemática de Vigo
A Asociación Escola Rosalía de Castro, coa asesoría pedagóxica da Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática (AGAPEMA) e o patrocinio de Novacaixagalicia, Concello de Vigo e SMART, organiza a VIII SEMANA MATEMÁTICA DE VIGO, que se vai desenvolver entre o 6 e o 15 de maio con diferentes actividades dirixidas ao alumnado, profesorado e público en xeral.
Máis información: http://www.escolarosaliadecastro.edu.es/index.php?option=com_content&view=article&id=426&Itemid=329
5.- Actividades do Ano Internacional da Estatística en España
Universidad CEU San Pablo de Madrid:
Como parte das actividades destinadas ao fomento da investigación científica, a Asociación Española de Profesores de Matemáticas para la Economía y la Empresa (ASEPUMA) e a Universidad CEU San Pablo de Madrid, organizan a xornada “2013 Ano Internacional da Estatística”, que se celebrará na Facultade de Ciencias e Económicas da Universidad CEU San Pablo o venres 31 de maio de 2013.
Máis información: http://www.seio.es/Noticias/Jornada-del-A-o-Internacional-de-la-Estad-stica-organizada-por-ASEPUMA-y-la-Universidad-CEU-San-Pab.html
Universidad Carlos III de Madrid
O Departamento de Estatística da Universidad Carlos III de Madrid organiza a "Jornada de la Estadística", que terá lugar o vindeiro 23 de abril de 2013 na Aula Magna da Universidad Carlos III (Edificio Rectorado do Campus de Getafe).
Programa:
* 11:30. Charla "Fisher e a Estatística como ferramenta fundamental para o coñecemento" a cargo de Daniel Peña, Reitor da Universidad Carlos III de Madrid.
* 12:30. Mesa Redonda sobre "Aplicacións da Estatística no mundo empresarial" con representantes de destacadas empresas (AXA, EADS, EDP, E&Y, Banco de Santander, Instituto de Salud Carlos III).
Máis información: http://www.uc3m.es/portal/page/portal/dpto_estadistica/AIE_2013
Universidad de Granada (UGR)
- Ciclo de conferencias divulgativas de 35-40 minutos dirixidas aos alumnos, e que teñen por obxectivo aumentar a súa motivación e dar visibilidade á Estatística e ó seu impacto na sociedade e na vida cotiá. O programa inclúe 9 conferencias programadas para o curso 2012-13 e outras 14 conferencias para o curso 2013-14.
Máis información: http://www.ugr.es/~cctecnie/AIE/AIE.html
- A páxina web http://www.ugr.es/~cctecnie/AIE/AIE.html informa das actividades que se realizan na UGR como motivo do Ano Internacional da Estatística, e das que se realizan noutras universidades. Tamén contén links a artigos, entrevistas e blogs sobre o tema. Estas noticias poden seguirse tamén en facebook e twitter: AIEstadisticaUgr.
- Os profesores Francisco Ocaña Peinado e Román Salmerón Gómez crearon en xaneiro de 2013 o blog "Estadística por todas partes", que ten como obxectivo reivindicar o papel protagonista que debe ter a Estatística como ferramenta indispensable para a toma de decisións.