Novas SGAPEIO 02-setembro-2013

1.- Curso de Estatística con R
A SGAPEIO, en colaboración coa Universidade de Vigo, organiza un curso de “Estatística con R para profesorado de ensino medio”. O curso, de carácter non presencial, realizarase a través da plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo (TEMA-FAITIC).
- Datas de celebración do curso: do 1 ao 31 de outubro de 2013 (40 horas lectivas).
- Prazo de inscrición: do 5 ao 15 de setembro de 2013.
- Cota de inscrición: a cota ordinaria é de 75€, e de 25€ para socios e socias da SGAPEIO e para persoas inscritas no XI congreso de SGAPEIO.
O curso consiste en sete unidades didácticas coas súas correspondentes tarefas que os alumnos deberán realizar. A cualificación do curso será a media das obtidas nas tarefas máis un exame conceptual tipo test realizado ao final (equivalente a unha tarefa).
Está en trámite o recoñecemento da Consellería de Educación como actividade de formación continua.
Toda a información do curso está na web da SGAPEIO: www.sgapeio.es

2.- Xornada sobre o ensino da Estatística
Lembramos que está aberto a prazo de inscrición na xornada sobre o ensino da Estatística que organizan a SGAPEIO e AGAPEMA en colaboración con educaBarrié, e que terá lugar en A Coruña (9 de novembro) e en Vigo (16 de novembro).
Para inscribirse hai que cubrir un formulario que está dispoñible na páxina web da SGAPEIO: http://goo.gl/N0Pbse

3.-Curso de Meta-análise en rede
O Centro Cochrane Iberoamericano e a Fundación de Investigación Biomédica do Hospital La Princesa de Madrid organizan o curso "Meta-análise en rede (network meta-analysis)”, que se vai impartir os días 28 e 29 de novembro de 2013 en Madrid.
- Lugar: Hospital Universitario La Princesa, Madrid.
- Importe da matrícula: 250€.
- Período de inscrición: ata o 1 de novembro de 2013.
Máis información: http://www.inmusc.eu/formacioacuten.html

4.- Curso de Estatística aplicada á investigación biomédica con R
A Unidade de Bioestatística do Instituto IMDEA Alimentación organiza o curso “Estatística Aplicada á Investigación Biomédica con R”, que se vai celebrar en Madrid os días 25, 26 e 27 de setembro de 2013.
O obxectivo principal deste curso é proporcionar aos alumnos os coñecementos das Técnicas Estatísticas máis utilizadas dentro do campo das ciencias da saúde, da epidemioloxía e da investigación biomédica en xeral.
Máis información: http://www.alimentacion.imdea.org/unidad-de-formacion

2025  SGAPEIO   globbers joomla templates