ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Novas SGAPEIO 09 de abril 2014
1.- IV Incubadora de Sondaxes e Experimentos
O día 1 de abril iniciouse o prazo de inscrición no IV Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos, organizado por SGAPEIO en colaboración con educaBarrié e dirixido a profesores e estudantes de ESO, PCPI, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio. A inscrición pode realizarse na páxina web do concurso ata o día 15 de abril de 2014.
Máis información: http://goo.gl/YDU62f
2.- Curso de Estatística avanzada con R para profesionais da saúde
A Universidade de Vigo, en colaboración coa Fundación Biomédica de Vigo, organiza o curso de formación “Estatística Avanzada con R para Profesionais da Saúde”. O curso é totalmente non presencial para que os médicos e outros titulados do ámbito bio-sanitario (ou estudantes universitarios de últimos cursos) poidan seguilo en horario libre e dende calquera lugar de modo compatible coa súa actividade.
- Importe da matrícula: 125 € (90 € parados)
- Período de matrícula: do 7 ao 30 de abril de 2014.
- Período de docencia: do 1 ao 31 de maio de 2014.
O curso inclúe algunhas das técnicas estatísticas avanzadas máis utilizadas na investigación médica, con datos e exemplos paso a paso, asequibles para usuarios non expertos. Non é necesario ter un nivel elevado de Estatística ou coñecer previamente o programa R, aínda que sen dúbida eses coñecementos poden aumentar o rendemento do alumno. É eminentemente práctico e aplicado, e realizarase de forma virtual mediante secuenciación das unidades didácticas a través de Faitic, a plataforma de tele docencia da Universidade de Vigo.
Está en trámite o recoñecemento como actividade de formación continua -para todas as profesións sanitarias- da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. Ese recoñecemento xa foi concedido para o curso básico realizado o ano pasado.
Máis información: https://bubela.uvigo.es/curso/2258
3.- Curso de Deseño e validación de cuestionarios
A Escuela Andaluza de Salud Pública (EASP) organiza o curso “Deseño e validación de cuestionarios” dirixido a profesionais de servicios sociais e sanitarios interesados no deseño e validación de cuestionarios, e a estudantes de terceiro ciclo do ámbito das ciencias sociais e da saúde.
- Lugar: Granada.
- Datas: 9 a 13 de xuño de 2014.
- Duración: 30 horas.
- Matrícula: 580 €.
- Preinscrición: ata o 30 de abril de 2014.
Máis información: http://www.easp.es/cursos/?idCurso=314301NA14
4.- Short course on Flexible Bayesian Methods
Do 4 ao 6 de xuño terá lugar en Lisboa o curso “Short course on Flexible Bayesian Methods for Diagnosis and ROC Curve Estimation”, impartido por Vanda Inácio e Miguel de Carvalho, da Pontificia Universidad Católica de Chile.
O curso inclúe sesións teóricas e prácticas con R e WinBUGS e o prezo da matrícula é de 150 €.
Este curso está baseado en materiais dun libro escrito por Vanda Inácio de Carvalho (Pontificia Universidad Católica de Chile), Wesley Johnson (University of California), Adam Branscum (Oregon State University), and Miguel de Carvalho (Pontificia Universidad Católica de Chile), e que será publicado a finais de 2014 por Chapman & Hall/CRC Biostatistics Series.
Máis información: http://ceaul-course-fbm.weebly.com/
5.- VII Congreso de AGAPEMA
O VII Congreso de Educación matemática de AGAPEMA celebrarase na Facultade de Matemáticas de Santiago os días 26 e 27 de setembro de 2014. Esta actividade pretende ser un foro de presentación dos traballos e iniciativas máis salientables realizados en Galicia no eido da educación matemática.
Dende AGAPEMA, conscientes da importancia do ensino dende os primeiros niveis educativos, invitan dun xeito especial ao profesorado de Infantil e Primaria a participar neste congreso.
Máis información: http://www.agapema.org/?q=node/297
6.- Bolsas de introducción á investigación
A Agencia Estatal Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) convoca 100 bolsas de introdución á investigación para estudantes universitarios, no marco do Programa “Junta para la Ampliación de Estudios” (BOE nº 78 do 31 de marzo de 2014).
AS bolsas están dirixidas a alumnos matriculados en asignaturas dos últimos cursos académicos, e o traballo desenvolverase nos institutos ou centros do CSIC baixo a dirección dos seus investigadores. A duración das bolsas é de 3 meses.
Presentación de solicitudes: ata o 20 de abril de 2014.
Máis información: http://www.boe.es/boe/dias/2014/03/31/pdfs/BOE-A-2014-3460.pdf
7.- Bolsa para estatístico en EQUIFAX
A empresa EQUIFAX, adicada á tecnoloxía da información, ofrece un posto de bolseiro a xornada completa para o departamento TAS-Analytics.
Requisitos:
- Licenciado/Diplomado en Estatística, Matemáticas, etc.
- Inglés Alto.
- Imprescindible coñecementos básicos de SAS (valoraranse coñecementos de R, SPSS, Angoss).
- Imprescindible coñecementos estatísticos (modelos predictivos, distribucións de probabilidade, etc).
- Capacidade analítica, habilidade no manexo e manipulación de datos procedentes de diferentes fontes.
- Capacidade de resolver problemas de forma autónoma.
- Valorarase manexo de Excel, Access e Power Point.
Máis información: http://www.seio.es/Becas-y-Ofertas-de-empleo/Becario-para-departamento-de-TAS-Analytics.html