Novas SGAPEIO 30 xuño 2014

1.- Xornada de formación para elaborar proxectos de estatística: aplicación á Incubadora
A Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) e a Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA), en colaboración con educaBarrié, organizan unha Xornada de formación para elaborar proxectos de estatística: aplicación á Incubadora. Esta xornada, que da continuidade á xornada sobre o ensino da Estatística celebrada en novembro de 2013, está dirixida a profesores de ESO e Bacharelato e vaise impartir en dúas edicións, unha na Coruña e outra en Vigo.
Esta actividade, que conta coa homologación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, inclúe exposición de experiencias, obradoiros, unha conferencia e una ponencia práctica sobre a elaboración de traballos para presentar á Incubadora.
- Lugar: A Coruña e Vigo nas sedes da Fundación Barrié.
- Datas:
- A Coruña: 15 de novembro de 2014.
- Vigo: 29 de novembro de 2014.
- Horario: 9:30 - 14:00 e 15:30 - 19:30.
O programa detallado e o formulario de inscrición están na páxina web da SGAPEIO (www.sgapeio.es) . O prazo de inscrición remata o 31 de outubro de 2014.

2.- IV Fase Nacional “Incubadora de Sondeos y Experimentos”
Os días 2 e 3 de xullo de 2014 terá lugar en Granada a IV Fase Nacional dos concursos tipo Incubadora de Sondeos y Experimentos, coa participación de oito fases locais. Os traballos que representarán a Galicia nesta Fase Nacional son:
Categoría de ESO:
- Título: La proporción áurea de la cara en diferentes edades de los seres humanos.
- Centro: Colegio Obradoiro, A Coruña.
- Titor: David Romero Pedreira.
- Alumnos: Lucía Mercedes del Valle-Inclán Redondo e Marina Rodríguez López.
Categoría de Bacharelato e Ciclos Formativos:
- Título: Introdución á análise sensorial. Estudo hedónico do pan no IES Mugardos.
- Centro: IES de Mugardos.
- Titora: Covadonga Rodríguez-Moldes Rey.
- Alumnos: Verónica González Regueiro, Carlos Rodeiro Matriz, Carmen María Sanmartín Fero, Sergio Vila Plana.

2024  SGAPEIO   globbers joomla templates