100 bolsas de excelencia para a mocidade do exterior

Convocatoria de 100 bolsas de excelencia para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de máster que se inicien no ano 2018 nunha universidade galega (PR911A)
Descrición: Con este programa de bolsas, a Secretaría Xeral da Emigración ofértalles aos/ás galegos/as universitarios/as residentes no estranxeiro a posibilidade de adquirir unha especialización académica de máster nunha universidade galega, coa finalidade de que amplíen a súa formación e adquiran competencias e habilidades que favorezan a súa inserción laboral e futuro profesional en Galicia con maiores garantías de éxito. Os másteres ofertados intégranse nas áreas de Arte e Humanidades, Ciencias, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas e Enxeñería e Arquitectura; seleccionáronse en función das posibilidades dunha maior empregabilidade e son de interese para o desenvolvemento do sector produtivo industrial, de servizos, así como o da información e coñecemento de Galicia.

Requisitos:

 

  • Ser menor de 40 anos.
  • Estar en posesión da nacionalidade española.
  • Residir no estranxeiro.
  • Acreditar un mínimo de dous anos de residencia no estranxeiro inmediatamente anteriores á data da presentación da solicitude
  • Ser emigrante nacido/a en Galicia, ou ter residido en Galicia de forma continuada durante dez (10) anos con nacionalidade española antes de emigrar, ou ser descendente por consanguinidade dunha destas persoas e que nacese no estranxeiro.
  • Ter rematado e estar en posesión dalgunha titulación universitaria de grao, arquitecto/a, enxeñeiro/a, licenciado/a, arquitecto/a técnico/a, diplomado/a, enxeñeiro/a técnico/a ou outra declarada equivalente de forma expresa.

Prazo: O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e finalizará o día 31 de maio de 2018 ás 24.00 horas (hora peninsular española).
Dotación:
Dotación total da bolsa
Nº créditos ECTS Nº cursos Europa Resto países
60-72 1 7.000 € 7.650 €
90 1,5 10.500 € 11.475 €

Solicitudes: As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
Convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180305/AnuncioG0244-210218-0001_gl.html

2018  SGAPEIO   globbers joomla templates