ITMATI. 2 ofertas de emprego para Vigo

Oferta de emprego para a contratación de dous investigadores/ as para o experimento OTEAres, concedido na segunda convocatoria do proxecto FORTISSIMO2.
PROXECTO: Improvement of the remote expert system based on software OTEA (OTEAres).
REFERENCIA DA OFERTA: ITMATI-OT-08/2018.
CONVOCATORIA: Contratación no marco do experimento OTEAres (https://www.fortissimo-project.eu/experiments/904).
DESCRICIÓN DO POSTO: Dous contratos a tempo completo como investigador/a para o experimento OTEAres, financiado na convocatoria Fortissimo-2 Call-2. O Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial ( ITMATI) forma parte do consorcio que executa o experimento, que está coordinado por Ecomanagement Technology (ECOMT), unha empresa do sector TIC dedicada á implementación de solucións para a eficiencia enerxética.
INVESTIGADOR PRINCIPAL: Profesor Dr. Javier Roca Pardiñas, Profesor Titular de Universidade da Universidade de Vigo, e investigador adscrito a ITMATI.
PERFÍS DOS CANDIDATOS: Graduados/ as, licenciados/ as, diplomados/ as, enxeñeiros/ as, másteres e doutores/ as en matemáticas, estatística, física, informática ou outras titulacións afíns, con coñecementos en computación estatística, minería de datos, Big Data, e machine learning.
MÉRITOS E REQUISITOS A VALORAR:

  • Formación e experiencia xeral a valorar (40 puntos, todas as achegas deben estar documentadas).
    • Expediente académico do grao, licenciatura, diplomatura, enxeñería, máster e/ou doutoramento.
    • Valorarase o grao de afinidade das titulacións do candidato/a con a área de estatística e investigación operativa.
    • Experiencia previa en análise e programación de algoritmos matemáticos e/ou estatísticos. Coñecementos avanzados e experiencia previa no uso das linguaxes de programación R e Python.
    • Coñecementos avanzados de inglés.
  • Coñecementos e experiencia adicional e específica a valorar (35 puntos, todas as achegas deben estar documentadas).
    • Coñecementos e experiencia previa en computación estatística, minería de datos, Big Data e machine learning.
    • Coñecementos e experiencia previa en procesamento de grandes bases de datos: Hadoop, Spark, SparkR (R on Spark), Cassandra, etc.
  • Entrevista persoal (25 puntos): Os candidatos/ as seleccionados/ as de acordo cos criterios anteriores serán convocados/ as a unha entrevista persoal. Entrevistarase polo menos aos tres candidatos/ as mellor valorados/ as. 

TRABALLOS A REALIZAR: Análise estatística dos datos relacionados coa temática do proxecto. Desenvolvemento e selección os mellores modelos estatísticos predictivos para os obxectivos do proxecto.

LUGAR DE TRABALLO: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Campus Lagoas- Marcosende da Universidade de Vigo, Vigo (España).

ENVÍO DE SOLICITUDES: As persoas interesadas neste contrato deberán enviar antes do 13 de xuño de 2018 ás 14:00 horas a súa solicitude, que deberá incluír unha carta de presentación que resuma a traxectoria da persoa solicitante (coa formación e experiencia xeral a valorar, así como os méritos adicionais que se valoran na convocatoria), un currículo vitae (con teléfono móbil e correo electrónico), e o título e o expediente académico de grao, licenciatura, diplomatura, enxeñería, máster e/ou doutoramento. Se os candidatos/ as estímano oportuno tamén poderán achegar á súa solicitude cartas de recomendación. Toda a documentación remitirase á seguinte dirección de correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., indicando en “asunto” a referencia da oferta ITMATI-OT-08/2018. Unha vez recibida a solicitude, confirmarase a recepción da mesma mediante correo electrónico.
MÁIS INFORMACIÓN: Na páxina web de ITMATI en ITMATI-OT-08-2018

2018  SGAPEIO   globbers joomla templates