ÚLTIMAS NOVAS
- Convocatoria dunha praza de profesor de estatística na Universidade complutense
- Prazas de profesor na Universidad Diego Portales de Chile
- Cinco contratos de postdoutoramento no Basque Center for Applied Mathematics
- OFERTA DE EMPREGO ITMATI
- Contratos de predoutoramento no Departamento de Económicas do Copenhagen Business School
Acceso socios
Contratos para investigadores en ciencia de datos e investigación de operacións na Escola de Negocios IESE de Barcelona
Descrición: A partir do mes de outubro de 2018 estarán dispoñibles dous empregos de investigación a tempo completo no IESE Business School (Universidade de Navarra) de Barcelona. O traballo desenvolverase en proxectos interesantes que buscan modelar e predicir patróns de consumo e mobilidade, ademáis de aconsellar a toma de mellores decisións para comerciantes e cidades. Estes proxectos non son illados, senón que estenden investigacións previas.
Para máis información, consúltese:
http://blog.iese.edu/martinezdealbeniz/research/
Perfil: O posto é ideal para candidatos recentemente titulados en matemáticas, enxeñería ou economía que estean interesados en seguir unha carreira na investigación en investigación operativa (ciencia da información ou matemática aplicada) ou xestión de operacións. Os candidatos potenciais deben estar familiarizados coas técnicas básicas de ciencia da información (econometría, aprendizaxe automática, R/python), modelización e optimización (programación matemática).
Prégase aos interesados que envíen o seu CV a Victor Martínez-de-Albéniz a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.