Oferta de contrato de colaboración con empresas na UDC

Descrición: Ofértase un contrato a tempo completo no marco de contrato de colaboración da UDC (grupo MODES) con empresas. A actividade estará enfocada principalmente na análise exploratoria de bases de datos, polo que se requiren habilidades no manexo de bases de datos e o software estatístico R. A contratación será inmediata, existindo a posibilidade de levar a cabo o traballo a distancia. 
Duración: 3 meses. 
Perfil: Titulados do Mestrado en Técnicas Estatísticas ou estudantes de derradeiro ano con moi bo manexo de bases de datos e o software estatístico R. 
Documentos requiridos na solicitude: Expediente académico e breve CV. Prazo de entrega de solicitudes: 17 de setembro de 2018, ás 14:00. Envío de solicitudes: A solicitudes enviaranse á dirección Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. Contacto: Para máis información, contactar con María José Lombardía a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou a través do número de teléfono 881011253.

2018  SGAPEIO   globbers joomla templates