Grupo MODESTYA - Procura de candidatos para contratos posdoutorais

O grupo de investigación MODESTYA (Modelos de optimización, decisión, estatística e aplicacións, http://eio.usc.es/pub/gi1914/index.php/gl) da Universidade de Santiago de Compostela busca doutores que desexen levar a cabo a súa investigación no seno do grupo para concurrir a distintas convocatorias competitivas de contratos posdoutorales (programas Juan de la Cierva Incorporación, Juan de la Cierva Formación e Ramón y Cajal do Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades).

A persoa candidata deberá desenvolver unha liña de investigación na área da Estatística e Investigación Operativa, preferiblemente orientada a fortalecer algunhas das liñas estratéxicas do grupo MODESTYA (estatística non paramétrica e semiparamétrica, análise de datos direccionais, datos funcionais, datos de alta dimensión, teoría de xogos, modelos da investigación operativa, técnicas de optimización) coa aportación de novos modelos e/ou métodos, o estudo das súas propiedades teóricas e o desenvolvemento de software con aplicación a distintos eidos (economía, biomedicina, saúde, enxeñaría, finanzas, enerxía, bioloxía, medioambiente ou loxística), incluíndo a colaboración en actividades de transferencia co ITMATI.

Os interesados deben enviar a súa expresión de interese, acompañada de copia electrónica do seu curriculum vitae por correo electrónico ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Deberán facelo non máis tarde do día 18 de xaneiro de 2019. A expresión de interese ten formato libre pero deberá indicar, a lo menos, a formación académica, experiencia e motivación da persoa candidata. Tamen son benvenidos os nomes de investigadores de referencia que poidan informar sobre o candidato.

Para calquera outra cuestión, poden contactar con Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

2019  SGAPEIO   globbers joomla templates