Grupo MODESTYA - Oferta de traballo: Contrato pos-doutoral

O grupo de investigación MODESTYA (Modelos de optimización, decisión, estatística e aplicacións, http://eio.usc.es/pub/gi1914/index.php/gl) da Universidade de Santiago de Compostela ofrece un contrato pos-doutoral. A persoa candidata deberá desenvolver unha liña de investigación na área da Estatística e Investigación Operativa, preferiblemente orientada a fortalecer algunhas das liñas estratéxicas do grupo MODESTYA (estatística non paramétrica e semiparamétrica, análise de datos direccionais, datos funcionais, datos de alta dimensión, teoría de xogos, modelos da investigación operativa, técnicas de optimización) coa aportación de novos modelos e/ou métodos, o estudo das súas propiedades teóricas e o desenvolvemento de software con aplicación a distintos eidos (economía, biomedicina, saúde, enxeñaría, finanzas, enerxía, bioloxía, medioambiente ou loxística), incluíndo a colaboración en actividades de transferencia co ITMATI.

Requisitos:

  • Doutoramento en Estatística, Teoría de Xogos, Investigación Operativa.

Criterios de valoración: 

  • Outros méritos relacionados coas tarefas a desenvolver.
  • Experiencia investigadora acreditada (publicacións en revistas da área).
  • Capacidade de abordar novas liñas de investigación.
  • Coñecementos de programación avanzada e manexo de software estatístico ou de investigación operativa.
  • Cartas de recomendación.
  • Entrevista persoal (os 5 mellores candidatos).

Descrición do traballo: 

  • Salario bruto: 2027.50 euros/mes.
  • Xornada de traballo semanal: 37.5 horas/semana.
  • Duración do contrato: 21 meses.
  • Centro de traballo: Facultade de Matemáticas. Campus Vida (Santiago de Compostela).

Presentación de solicitudes e prazo: 

  • A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Universidade de Santiago de Compostela. 
  • Prazo: ata as 14 horas do 21 de xaneiro de 2019.

 Entrevistas persoais e resolución:

  • As persoas preseleccionadas serán convocadas a unha entrevista persoal.
  • Data estimada de resolución para a provisión da praza: 31 de xaneiro de 2019.
  • Data prevista de inicio do contrato: 1 de febreiro de 2019.
  • Máis información http://imaisd.usc.es/ftp/oit/documentos/2409_gl.pdf 
  • Para calquera outra cuestión, poden contactar con Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
2019  SGAPEIO   globbers joomla templates