OFERTA DE EMPREGO ITMATI

Título da actividade: “CONSOLIDACIÓN DA UNIDADE DE TRANSFERENCIA DA CIENCIA E DA TECNOLOXÍA MATEMÁTICA Á INDUSTRIA”. Esta contratación realízase no marco do Convenio de Colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as tres universidades galegas para consolidar a Unidade de Transferencia da Ciencia e da Tecnoloxía Matemática á Industria do Consorcio Instituto Tecnológico de Matemática Industrial. 
Descrición do posto: 1 contrato como Xestor de Transferencia e Tradutor de Tecnoloxía na área de Estatística, Big Data e Optimización para a Unidade de Transferencia da Ciencia e da Tecnoloxía Matemática á Industria de ITMATI. 
Responsable: Comisión Executiva de ITMATI. 
Perfís dos candidatos: Graduados/ as, Licenciados/ as, Enxeñeiros/ as, Másteres, Doutores/ as, con experiencia previa contrastada en xestión de transferencia de tecnoloxía e innovación relacionada co eido das ciencias experimentais ou a enxeñería, e na execución de proxectos de transferencia no ámbito da Estatística, Big Data e Optimización. 
Méritos e requisitos a valorar:

  • Formación e experiencia xeral a valorar (40 puntos, todas as achegas deben estar documentadas).
  • Expediente académico do grao ou licenciatura, enxeñería, máster. Valorarase o grao de afinidade das titulacións do candidato cos ámbitos da estatística e a investigación operativa.
  • Para os doutores no ámbito da Estatística e a Investigación Operativa valorarase a cualificación obtida, e a afinidade da tese de doutoramento con temáticas de innovación industrial ou empresarial.
  • Experiencia previa contrastada na execución e desenvolvemento de proxectos de investigación e/ou transferencia no ámbito da Estatística, Big Data e Optimización, en particular, que requirisen o desenvolvemento ou uso de paquetes de software.
  • Experiencia previa contrastada en xestión de transferencia de tecnoloxía relacionada co ámbito das ciencias experimentais ou a enxeñería.
  • Coñecementos avanzados de inglés.
  • Coñecementos de ferramentas ofimáticas.
  • Coñecementos e experiencia adicional e específica a valorar (30 puntos, todas as achegas deben estar documentadas).
  • Coñecemento e experiencia no uso de paquetes de software no ámbito da Estatística, Big Data e Optimización.
  • Coñecementos e experiencia previa en xestión de transferencia de tecnoloxía, innovación, e valorización dos resultados de investigación relacionada co ámbito das ciencias experimentais ou a enxeñería.
  • Experiencia na preparación e redacción de memorias de proxectos de I+D e de transferencia.
  • Experiencia na preparación e redacción de informes científico-técnicos.
  • Coñecementos e experiencia previa en solicitude, xestión, e xustificación de proxectos de I+D+i.

Entrevista persoal e cartas de recomendación (30 puntos): Os candidatos/as seleccionados/as de acordo cos criterios anteriores serán convocados a unha entrevista persoal e a unha proba relativa ás funcións do posto. Nesta terceira fase teranse en conta as cartas de recomendación que cheguen para cada candidato; só se admitirán 3 cartas de recomendación por candidato, que deberán ser remitidas directamente pola persoa que emita o informe e non o propio candidato. Entrevistarase polo menos aos tres candidatos/ as mellor valorados/ as e que entre os dous apartados anteriores alcanzasen polo menos 35 puntos. 
Requisitos xerais dos candidatos: Para ser admitidos os aspirantes, ademais de cumprir os requisitos específicos esixidos na actividade ou proxecto para a que realicen a súa solicitude indicados no punto anterior, deberán posuír no día de finalización de presentación de solicitudes e mantelos ata a data prevista de finalización do contrato, os seguintes requisitos de carácter xeral:

  • Ser español ou nacional dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún estado, ao que, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
  • Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o cónxuxe dos españois e dos nacionais dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea, e cando así o prevexa o correspondente tratado, ou dos nacionais dalgún estado ao cal en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe, menores de vinte e un anos ou maiores da devandita idade que vivan ao seu cargo.
  • Así mesmo poderán participar os nacionais de países non membros da Unión Europea ou que non estean incluídos no ámbito de aplicación dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores. Con todo, a formalización do contrato laboral con estes nacionais queda condicionada a que os aspirantes teñan concedida a excepción ou permiso de traballo e residencia legal en España.
  • Ter cumpridos os 16 anos.
  • Estar en posesión da/ s titulación/é válida/ s en España que se indique/ n de acordo á lexislación española.
  • Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das funcións correspondentes.
  • Non estar separado, mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas nin estar inhabilitado para o desempeño das funcións públicas.

Envío de solicitudes: As persoas interesadas neste contrato deberán enviar antes do 22 de febreiro de 2019 ás 00:00 horas as solicitudes, que deberán incluír unha carta de presentación que resuma a traxectoria do solicitante cos méritos e experiencia a valorar na convocatoria, o currículo vitae (con teléfono móbil e correo electrónico), o título e os expedientes académicos de Grao/Licenciatura/Enxeñería, Mestrado, Doutoramento. As cartas de recomendación, só se admitirán se as envía directamente a persoa que informa (e non o propio candidato/a). Toda a documentación remitirase á seguinte dirección de correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. indicando en “asunto” a referencia da oferta ITMATI-OT-05/2019. Unha vez recibidas as solicitudes confirmarase a recepción da mesma mediante correo electrónico. Os candidatos que sexan convocados á fase de entrevista deberán achegar documentación orixinal dos méritos achegados. 

 

 

Máis información: http://www.itmati.com/en/oferta-de-empleo-itmati-ot-052019-gestora-de-transferencia-y-traductora-de-tecnolog%C3%ADa-en-el-%C3%A1mbito-d

2019  SGAPEIO   globbers joomla templates