Oferta de contrato postdoc en Xeoestatística e vixiancia da saúde na KAUST

Os solicitantes deberán contactar coa Dra. Paula Moraga, na dirección de correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., incluíndo os seguintes documentos:

  • Carta de motivación que inclúa unha descrición da experiencia de investigación e os intereses do candidato.
  • CV que inclúa unha lista de publicacións e a información de contacto de tres referees.

A revisión das solicitudes comezará de inmediato e continuará ata que se cubra o posto. 
O grupo de investigación de Estatística Xeoespacial e Vixilancia da Saúde atópase enmarcado no Programa de Estatística (http://stat.kaust.edu.sa) dentro da División de Enxeñería, Electricidade, Matemáticas e Enxeñería na Universidade de Ciencia e Tecnoloxía King Abdullah (KAUST) (http://kaust.edu.sa). Situada á beira do Mar Vermello en Arabia Saudita, KAUST ofrece excelentes instalacións de investigación, xenerosos fondos de investigación e salarios competitivos a nivel internacional. A universidade fomenta a investigación fundamental e orientada a obxectivos, co fin de atopar solucións a problemas en áreas relacionadas coa saúde, a auga, os alimentos, a enerxía e o medio ambiente. 
Máis información: www.paulamoraga.com 

2020  SGAPEIO   globbers joomla templates