Convocatoria de contratación de 4 investigadores en formación no CITIC (UDC)

Contrato financiado con cargo ás Axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación do Sistema Universitario de Galicia, da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, co-financiadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

  • CENTRO: CITIC – Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións. Vicerreitoría de Política Científica, Investigación e Transferencia. UDC.
  • OBXECTO DO CONTRATO: O obxecto da presente convocatoria é a contratación de 4 Investigadores en Formación, en réxime de concorrencia competitiva e aplicando os principios de igualdade, mérito, publicidade e obxectividade, de persoal investigador en formación que desexe realizar unha tese de doutoramento asociada a unha das áreas de investigación do CITIC e baixo a dirección dalgún dos seus membros nas liñas definidas a continuación:

o Algoritmos de aprendizaxe máquina, intelixencia artificial explicable e aprendizaxe por transferencia.
o Computación de altas prestacións: sóftware e aplicacións.
o Captura, xestión e análise de datos médicos. Gráficos e procesamento de imaxe. o Simulación de procesos industriais e robótica.
o Exploring machine learning techniques to solve classical problems in computer graphics.
o Metodoloxías de construción de benchmarks para avaliación de sistemas de recuperación de información.
o Big Data en astronomía, parametrización masiva e visualización en surveys astronómicos.
o Computational methodologies for the analysis of new modalities of medical imaging.
o Modelaxe e simulación numérica para novos retos en finanzas cuantitativas ou enxeñaría.
o Procesamento da linguaxe natural robusta e multilingüe.
o Detección temperá de anomalías no ámbito da ciberseguridade.
o Tecnoloxías avanzadas de capa física para aplicacións emerxentes en

a) comunicacións sen o fíos, e
b) biomedicina e multimedia.

o Tecnoloxía intelixente aplicada para favorecer a autonomía de persoas maiores e/ou con o discapacidade.
o Creación de sóftware eficiente para Big Data: Desde as estruturas e algoritmia eficiente ata a o xeración automática de sóftware.
o Complex and high dimensional data analysis: functional data, spatio-temporal models and directional data. Palabras chave: bandwidth selection, binning, bootstrap, cluster analysis, curve ordering, diagnostic tests, directional data, distances for functional data, functional data, fuzzy c-means algorithm, goodness-of-fit, k-means algorithm, kernel smoothing, kriging, local polynomial estimation, membership function, ROC curve, rotational symmetry, spatial trend, supervised classification.

  • LUGAR E HORARIO: Edificio CITIC. De luns a venres, de 9:00h a 14:00h e de 16:00h. a 18:30 (37,5 h)
  • GRUPO DE COTIZACIÓN NO RÉXIME XERAL DA SEGURIDADE SOCIAL: Grupo I XORNADA Tempo Completo: Tempo Parcial:
  • DURACIÓN 1 ano e 10 meses (ata outubro 2022, incluído) DATA APROX. DE INICIO 01/01/2021
  • RETRIBUCIÓNS BRUTAS: 1.368,50 €/mes incluídas pagas extra.

 

 

 

 

Máis información: https://sede.udc.gal

2020  SGAPEIO   globbers joomla templates