Oferta de traballo: Contrato de Iniciación á Investigación - SiDOR

O grupo de investigación SiDOR (Statistical Inference, Decision and Operations Research, http://sidor.uvigo.es) da Universidade de Vigo ofrece un contrato de Iniciación á Investigación en Estatística e Investigación Operativa baixo a dirección de investigadores do grupo. A investigación a realizar corresponde ás liñas estratéxicas do grupo SiDOR, que inclúen investigación básica e proxectos de I+D con empresas e institucións.

Requisitos:
Graduados con polo menos 60 ECTS superados a nivel de Mestrado na área de Estatística e Investigación Operativa
Manexo de software estatístico. Coñecementos de programación
Bo nivel de inglés falado e escrito

Criterios de valoración:
Expediente académico do grao
Expediente académico de mestrado, no seu caso
Curriculum vitae
Entrevista persoal

Descrición do traballo:
Salario bruto: 1250 euros/mes
Xornada de traballo semanal: 37.5 horas/semana
Duración do contrato: 8 meses
Centro de traballo: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e/ou CINBIO. Campus Universitario Lagoas-Marcosende (Vigo)

Presentación de solicitudes e prazo:
Correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. co seguinte asunto: Contrato Ini Inv - SiDOR
Achegar carta de presentación e expediente académico de grao/mestrado e CV
Prazo: ata as 14:00 horas (CET) do 29 de xaneiro de 2021
Os candidatos preseleccionados serán convocados a unha entrevista persoal. Non se manterá correspondencia co resto dos solicitantes
Data prevista de inicio do contrato: 1 de marzo de 2021

2021  SGAPEIO   globbers joomla templates