Procura de candidatos para contratos de predoutoramento no grupo MODES (UDC)

O grupo de investigación Modelización, Optimización e Inferencia Estatística (MODES) da Universidade da Coruña (UDC) busca candidatos para próximas convocatorias de contratos de predoutoramento, sufragados con fondos de investigación do grupo e do CITIC, con posibilidade de participar tamén en futuras convocatorias competitivas. O perfil requirido é o de estudantes de máster ou xa titulados, cunha sólida formación no ámbito das matemáticas e a estatística. En calquera caso, os candidatos deben estar en condicións de matricularse nun programa oficial de doutoramento ao longo do curso 2021-2022. As persoas interesadas que teñan pensado incorporarse ao programa de doutoramento en setembro de 2021, poden enviar a súa expresión de interese, xunto co seu CV e copia do seu expediente académico, a estas direccións de correo electrónico (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. e Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.) non máis tarde do 30 de agosto de 2021. Por outra banda, os candidatos interesados e en condicións de incorporarse ao programa de doutoramento no intervalo febreiro-setembro de 2022, poden tamén enviar esta mesma documentación non máis tarde do 15 de novembro de 2021.

2021  SGAPEIO   globbers joomla templates