Convocatoria 2 prazas profesor axudante doutor na Universidad Carlos III de Madrid

O Departamento de Estatística da Universidade Carlos III de Madrid (UC3M) convoca DÚAS PRAZAS de Profesor Axudante Doutor, con data de incorporación en febreiro de 2026.

Os requisitos son:

  • Doutoramento en estatística ou áreas relacionadas.
  • Excelente dominio do inglés (escrito e oral), xa que se espera que as persoas candidatas poidan impartir clases en inglés, tanto a nivel de grao como de posgrao.

As características básicas do posto son:

  • Contrato de 6 anos de duración.
  • Salario bruto base de 26.000 euros anuais (complementado pola Universidade; aquí pódense obter máis detalles).

As persoas solicitantes que non sexan cidadás da Unión Europea deben dispoñer da documentación válida para poder formalizar o contrato de traballo en España antes de comezar.

O prazo de solicitude remata o 26 de novembro de 2025 ás 14:00 horas. As solicitudes deben presentarse a través da seguinte web:

https://www.uc3m.es/ss/Satellite/Empleo/es/Detalle/Ficha_C/1371449215775/1371272207002/Profesorado_Ayudante_Doctor_-_CONVOCATORIA_2025_D_DE_TD_5

2025  SGAPEIO   globbers joomla templates