Bolsas de investigación

A Deputación da Coruña convoca 18 bolsas destinadas a titulados universitarios que pretendan facer un traballo de investigación no período 2014-2015 (BOP da Coruña, 3 de marzo). Catro das bolsas son para a área de Ciencias.

Requisitos dos solicitantes:

1. Posuír titulación universitaria (licenciado, diplomado, grado o equivalente) recoñecida oficialmente.

2. Acreditar, como mínimo, un ano de residencia en calquera concello da provincia da Coruña, mediante a presentación dun certificado/volante de empadroamento.

3. Non superar os umbrais de renda que se establecen.

4. Non ser titular, no momento no que se produza a adxudicación da bolsa e durante a duración desta, de ningunha outra bolsa de investigación para o mesmo período, aínda que a investigación sexa diferente.

Presentación de solicitudes: ata o 31 de marzo de 2014.

Máis información: BOP-03marzo14

2025  SGAPEIO   globbers joomla templates