O ENVÍO DE TRABALLOS ATÓPASE PECHADO
Os traballos poderánse enviar en galego, español, portugués e inglés indistintamente.
Poderanse redactar en formato LaTex ou Word pero é importante que o seu estilo se adapte ao modelo de redacción creado para este congreso.
- Descargar modelo LaTeX (figura de exemplo)
- Descargar modelo Word.
O arquivo definitivo incluirá necesariamente: un resumo, un mínimo de 4 palabras clave e bibliografía. Recoméndase unha extensión máxima de 12 páxinas. Será necesario encher o seguinte formulario e o arquivo enviarase en formato pdf a dirección sgapeio2019@uvigo.es.
No caso de ter algún problema á hora de utilizar o formulario, por favor póñase en contacto con nos a través do correo sgapeio2019@uvigo.es.
Envío de traballos: pechado.
Notificación de aceptación/rexeitamento de traballos: 25 de setembro.
Na presente edición do congreso da SGAPEIO a Sociedade volve convocar os premios ás mellores comunicacións presentadas neste XIV Congreso por investigadores novos en dúas categorías: a mellor comunicación teórica e a mellor comunicación aplicada.
Os candidatos a calquera destes premios deberán presentar a súa comunicación no congreso nunha sesión oral especial. A cada unha das dúas comunicacións premiadas corresponderalle un premio en metálico de 500€. A notificación da concesión de ambolos dous premios así como a súa entrega, realizaranse durante o acto de clausura do congreso.
Pódense consultar as bases da convocatoria na seguinte ligazón.