ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Introducindo o software científico nas aulas: R Commander
Programa de Formación de Innovación Docente da Universidade de Santiago de Compostela organiza o curso “Introducindo o software científico nas aulas: R Commander” dirixido ao profesorado de Ensino Medio con especialidade en Matemáticas. Esta actividade de formación está recoñecida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Os obxectivos do curso son os seguintes:
● Incentivar o uso de ferramentas de libre acceso nas aulas.
● Adentrar ao profesorado de ensino medio e, consecuentemente, ao alumnado no uso de software estatístico, que permitan posteriormente ampliar o coñecemento fora do ámbito da secundaria.
● Dar a coñecer a metodoloxía e o proceso para levar a cabo un proxecto estatístico na aula.
● Introducir aos asistentes no manexo e explotación de bases de datos públicas.
Esta actividade formativa será impartida por Laura Calaza Díaz (profesora de Educación Secundaria na Consellería de Educación Xunta de Galicia), Mercedes Conde Amboage (investigadora posdoutoral na Universidade de Santiago de Compostela) e Rosa Mª Crujeiras Casais (profesora titular de universidade na Universidade de Santiago de Compostela). O curso terá unha duración de 20 horas, das cales 15 horas serán presenciais e 5 non presenciais. As horas presencias repartiranse en catro sesións que se celebrarán os días 8 (de 17 a 20 horas), 15 (de 17 a 21 horas), 22 (de 17 a 21 horas) e 29 (de 17 a 21 horas) de marzo deste ano.
Datas importantes:
• 04-03-2019: Data límite da inscrición. A inscrición pode realizarse a través do seguinte formulario:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdKl-vim3nIsR26zhxbTMrtoqY0COw7S15wB2Xw2VbBDlpsFg/viewform
● 06-03-2019: Data límite para comunicación de aceptación no curso.
No documento adxunto detállase toda a información relativa ao curso. Podes consultar calquera dúbida no seguinte enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Ademais, a información do curso irase actualizando na seguinte páxina: https://cursorcommander2019.blogspot.com/.
Esta é unha excelente oportunidade para conectar ao alumnado de Ensino Medio coa Estatística e co software estatístico. ¡Anímate a participar!
Docentes do curso
Laura Calaza Díaz (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.)
Mercedes Conde Amboage (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.)
Rosa Mª Crujeiras Casais (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.)