


A Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) e a Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) organizan a XIII XORNADA DE FORMACIÓN PARA ELABORAR PROXECTOS DE ESTATÍSTICA. Esta xornada está dirixida a profesorado de materias STEM de educación secundaria en centros públicos e concertados máis este ano ábrese a participación a profesorado de último ciclo de primaria. Impartirase nunha única edición presencial na Facultade de Matemáticas da USC. A Xornada está homologada pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, con 8 horas de formación.