1.- Noticias
• Reunión da Asemblea Xeral da Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións
Data: 22/12/2026
Hora: 17:00
Lugar: Salón de Graos da Facultade de Matemáticas (Universidade de Santiago de Compostela)
• Presentación da Fundación Carmen Cadarso – 1 de decembro, Pazo de Fonseca
Información:a creación da Fundación Carmen Cadarso, nace para dar continuidade á traxectoria de Carmen, froito de máis de trinta anos de dedicación á docencia, á investigación e á transferencia no ámbito da Bioestatística. O acto estará presidido pola reitora da Universidade de Santiago de Compostela, Rosa María Crujeiras Casais, xunto cos membros do Padroado e do Comité Científico da Fundación.
Hora: 11:00, cun aperitivo posterior para as persoas asistentes.
Lugar: Salón Nobre do Pazo de Fonseca, Santiago de Compostela.
Confirmación de asistencia: ata o 27/11/2026 ás 12:00 h, mediante o formulario remitido pola organización
• Ricardo Cao, elixido académico da Real Academia de Ciencias
Información: Ricardo Cao Abad, catedrático de Estatística e Investigación Operativa e reitor da Universidade da Coruña, foi elixido académico da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales de España (RAC), na sección de Matemáticas. Entre outros recoñecementos, recibiu o Premio Nacional de Estatística 2023, a Medalla de Investigación da Real Academia Galega de Ciencias (2023) e a Medalla da SEIO (2022), e é membro electo do International Statistical Institute. Parabéns!
Máis información: https://rac.es/noticias/625/
• María Isabel Borrajo e María Teresa Rey, premiadas por divulgar a estatística na Aula Hospitalaria do CHUS
Información: María Isabel Borrajo García (USC-CITMAga) e María Teresa Rey Rey (UDC-CHUS) foron galardoadas nos premios Universidad y Divulgación da Fundación Muy Interesante, na categoría de Educación e Sociedade, polo traballo «Fuera de la foto de grupo», un texto de divulgación que ensina a interpretar cifras e enquisas desde unha perspectiva crítica. A iniciativa desenvolveuse no marco do programa de voluntariado da USC, cunha experiencia co alumnado hospitalizado na Aula Hospitalaria do CHUS: mediante o deseño de enquisas, a análise de datos e a extracción de conclusións, estudouse como se perciben e viven as enfermidades de longa duración nos centros educativos. Esta primeira edición dos premios recibiu 577 candidaturas de toda España. Parabéns!
Máis información: https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/traballo-alumnado-aula-hospitalaria-chus-materia-estatistica-faise-premios-universidad-divulgacion
- Publicado o Real Decreto polo que se determinan as especialidades de coñecemento
Información: O BOE publicou o Real Decreto 1025/2026, que fixa as especialidades de coñecemento (400) a efectos dos perfís das prazas de profesorado das universidades públicas, e os ámbitos de coñecemento (53) a efectos da adscrición dos postos, en substitución das áreas de coñecemento do RD 1312/2007. A Estatística e Investigación Operativa conforma unha especialidade (109), mentres que a Ciencia de Datos (29) e a Intelixencia Artificial e Aprendizaxe Automática (197) quedan recollidas como especialidades independentes. A SEIO presentara alegacións ao borrador, que non foron atendidas.
Máis información: https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2026-24316
• XXIII Encuentro de la Red Española de Elección Social (Vigo)
Información: A UVigo acollerá a XXIII edición do encontro da Rede Española de Elección Social (REES), con traballos sobre a medición do benestar, a xustiza distributiva e o deseño de sistemas de decisión colectiva. Contará con Philippe Solal (Université de Saint-Étienne) como relator convidado. No comité organizador participan María Gómez Rúa, Gustavo Bergantiños Cid, Leticia Lorenzo Picado e Juan Vidal Puga (UVigo).
Datas: 27-28/11/2026.
Lugar: Edificio Redeiras, Vigo.
Máis información: https://rees.webs.uvigo.es/index.html
• 7ª Reunión Científica de BIOSTATNET
Información: BIOSTATNET celebrará a súa 7ª Reunión Científica os días 13, 14 e 15 de xaneiro de 2027 en Valencia. O programa incluirá relatorios convidados de especialistas internacionais, sesións dos grupos de traballo, comunicacións e unha sesión de pósteres, con especial atención á participación das persoas investigadoras máis novas.
Datas: 13-15/01/2027.
Envío de resumos: ata o 09/12/2026.
Máis información: https://eventos.adeit.es/154055/detail/7th-general-scientific-meeting-of-the-national-biostatistics-network.html
• 2nd Scientific FENStatS Meeting – Statistical Week 2027 (Dresden)
Información: A Federation of European National Statistical Societies (FENStatS) celebrará o seu segundo encontro científico do 14 ao 17 de setembro de 2027 na Technische Universität Dresden (Alemaña), no marco da Statistical Week 2027. O encontro será organizado conxuntamente coas sociedades estatísticas alemás e FENStatS organizará sesións científicas internacionais. Os temas e relatores anunciaranse nos próximos meses.
Datas: 14-17/09/2027.
Máis información: https://fenstats.org/
• Novidades de divulgación da SEIO
Nova píldora SEIO: Tempo de eleccións e enquisas. Como entendelas.
o Nesta Píldora SEIO fálase de enquisas eleitorais: representatividade das mostras, intención directa e “cociña” eleitoral, promedios de sondaxes, proxeción do voto en cada provincia e reparto de escanos mediante o método D’Hondt. https://youtu.be/Ppw2WD691og?si=s_T7bbGMjWRxDpGR
2.- Selección de congresos con convocatoria aberta
IMS International Conference on Statistics and Data Science (ICSDS 2026) (Split, Croacia, 15–18
decembro 2026)
o Información: A conferencia internacional ICSDS, organizada pola IMS, ten como obxectivo
reunir investigadores en estatística e ciencia de datos de academia, industria e
administración pública. O programa inclúe sesións plenarias, comunicacións contribuídas,
pósters e sesións convidadas, así como competición de artigos de estudantes e apoio á
participación de investigadores novos. Continúa a serie recente de edicións en Florencia
(2022), Lisboa (2023), Niza (2024) e Sevilla (2025).
o Datas importantes:
• Rexistro regular: 10/11/2026
• Rexistro tardío: 15/12/2026
o Web: https://sites.google.com/view/ims-icsds2026/
VIII Congreso de Jóvenes Investigadores de la Real Sociedad Matemática Española (RSME 2027)
(Zaragoza, 18–22 xaneiro 2027)
o Información: O Congreso de Jóvenes Investigadores de la Real Sociedad Matemática
Española (RSME) é un encontro bienal deseñado para que investigadores xoves de todo o
mundo, con vinculación á comunidade matemática española, compartan os seus resultados
máis recentes. Máis alá do intercambio científico, o seu obxectivo fundamental é crear novos
lazos e consolidar redes de colaboración entre quen formarán a futura comunidade
matemática.
o Datas importantes:
• Rexistro regular: do 13/10/2026 ata o 15/11/2026
• Rexistro tardío: do 16/11/2026 ata o 11/12/2026
• Solicitude de bolsas: ata o 27/10/2026
• Envío de posters: ata o 27/10/2026
o Web: https://jovenesrsme27.unizar.es/
RobStat Symposium 2027 – Reliable and Trustworthy Inference in Modern Data Environments
(Kolkata, India, 5-7 febreiro 2027)
o Información: Simposio internacional organizado polo Indian Statistical Institute, centrado
nos avances recentes en inferencia estatística robusta e fiable en contornas modernas de
datos. O programa abrangue desenvolvementos metodolóxicos, computacionais e
aplicacións relacionadas coa Estatística e a Ciencia de Datos.
o Datas importantes:
• Envío de resumos: ata o 30/11/2026.
• Comunicación da aceptación: 05/12/2026.
• Inscrición ordinaria: ata o 20/12/2026.
o Web: https://sites.google.com/view/robstat27/home
Joint Annual Meeting of GAMM and DMV 2027 (Ulm, Alemaña, 8-12 marzo 2027)
o Información: Reunión anual conxunta da International Association of Applied Mathematics and Mechanics (GAMM) e da Deutsche Mathematiker-Vereinigung (DMV), aberta a persoas matemáticas, enxeñeiras e científicas de todo o mundo. O programa inclúe nove conferencias plenarias, minisimposios (entre eles, Optimization under uncertainty e Machine Learning in Actuarial Science), 36 seccións paralelas (con seccións de Estocástica, Optimización, Cuantificación da incerteza e Machine Learning e Ciencia de Datos) e sesións de pósteres.
o Datas importantes:
• Envío de resumos para comunicacións: ata o 01/12/2026.
• Comunicación da aceptación: 12/01/2027.
• Cota reducida: ata o 19/01/2027.
o Web: https://jahrestagung.gamm.org/joint-annual-meeting-2027/
IO2027 – XXV Congresso da Associação Portuguesa de Investigação Operacional (Leiria, Portugal, 21-23 marzo 2027)
o Información: XXV congreso da Associação Portuguesa de Investigação Operacional (APDIO), baixo o lema «Investigação Operacional em tempo real: decidir à velocidade dos dados». Contará cos relatorios plenarios de Alena Otto (TUM School of Management, Technical University of Munich) e Luís Guimarães (Faculdade de Engenharia da Universidade do Porto).
o Web: https://www.apdio.pt/io2027/
ROADEM’27 – 3rd International Conference of the Moroccan Association of Operational Research
and Decision Support (Rabat, Marrocos, 5-6 maio 2027)
o Información: Congreso internacional baixo o lema “Decision Making in the AI Era”, centrado
en Investigación Operativa, optimización, intelixencia artificial, analítica e apoio á decisión,
con participación académica e industrial.
o Datas importantes:
• Envío de artigos completos ata o 15/12/2026; envío de artigos curtos ata o
20/02/2027.
o Máis información: https://roadem2027.sciencesconf.org
OLA’2027 – International Conference on Optimization and Learning
(Cracovia, Polonia, 5-7 maio 2027)
o Información: Conferencia internacional centrada nas interaccións entre a optimización e a
aprendizaxe automática, incluíndo optimización baixo incerteza, metaheurísticas,
optimización multiobxectivo, aprendizaxe automática e novas aplicacións.
o Datas importantes:
• Envío de traballos: ata o 18/12/2026.
o Web: https://ola2027.sciencesconf.org
GRASPA-SIS – 3r biennial conference of the Italian research group for Environmental Statistics
(Venice, Italy, 27-28 maio 2027)
o Información: GRASPA é a conferencia bienal do grupo de investigación italiano de estatística
ambiental GRASPA-SIS e o principal evento sobre estatística ambiental en Italia. Tamén é
unha conferencia rexional da TIES.
o Datas importantes:
• Envío de abstracts: abrirá proximamente
o Máis información: https://graspa.sis-statistica.it/events/graspa-2027-conference/
RSME-AMS 2027 Joint International Meeting (Santiago de Compostela, 22-25 xuño 2027)
o Información: Segundo encontro conxunto da Real Sociedad Matemática Española e a
American Mathematical Society, que reunirá á comunidade matemática internacional con
relatorios plenarios e sesións paralelas temáticas.
o Datas importantes: a apertura do envío de comunicacións contribuídas e pósteres está
prevista para o 16/11/2026.
o Web: https://citmaga.usc.es/rsmeams2027/index.html
35th European Conference on Operational Research – EURO 2027 (Atenas, Grecia, 11-14 xullo 2027)
o Información: A 35ª edición da European Conference on Operational Research é o principal
encontro europeo no ámbito da Investigación Operativa e Management Science. A
conferencia reunirá persoal investigador, profesionais e estudantes interesados en
Investigación Operativa, modelización matemática, analítica, sistemas intelixentes de
decisión e as súas interaccións coa intelixencia artificial.
o Datas importantes:
• Envío de resumos: ata o 28/02/2027 ás 23:59 GMT.
• Comunicación da aceptación: 07/03/2027.
o Lugar: University of West Attica, Atenas.
o Web: https://euro2027athens.com/
(IWSM 2027) 41st International Workshop on Statistical Modelling (Bilbao, 18–23 de xullo de 2027)
o Información: A 41ª edición do International Workshop on Statistical Modelling (IWSM)
celebrarase en Bilbao, organizada polo Departamento de Matemáticas da Universidade do
País Vasco (EHU). O IWSM é un dos principais encontros internacionais dedicados á
modelización estatística e céntrase en novos desenvolvementos metodolóxicos orientados
á resolución de problemas reais. O workshop caracterízase ademais por non ter sesións
paralelas, favorecendo o intercambio científico entre todas as persoas participantes.
o Datas importantes:
• Curso o 18 de xullo; workshop do 19 ao 23 de xullo de 2027.
• Envío de traballos: a web aínda non publica o prazo límite.
o Web: https://iwsm2027.com
3.- Ofertas de traballo
• 1 contrato de persoal investigador na Universidade do Algarve
o Datas importantes:
Prazo de presentación de solicitudes ata o 30/11/2026
o Máis información: https://www.ualg.pt/bolsas-de-investigacao?id=481824
o Para máis información, contactar con: Clara Maria Henrique Cordeiro
• Praza de Profesor/a Axudante Doutor/a en Estatística e Investigación Operativa – Universidad Complutense de Madrid
o Descrición: A Universidad Complutense de Madrid convoca unha praza de Profesor/a Axudante Doutor/a no Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Facultade de Ciencias Matemáticas (código 171126/PAD/005), con perfil de Estatística e Investigación Operativa.
o Prazo de solicitude: ata o 10/12/2026, inclusive.
o Máis información: https://www.ucm.es/convocatorias-pdi/16773
• Consultoría en procesamento de datos e automatización de modelos (Python/R) – Instituto de Estatística da UNESCO (UIS), en remoto
o Descrición: O UIS busca unha persoa consultora para automatizar e controlar a calidade do fluxo de datos educativos cara á base de datos global do ODS 4 no ciclo de enquisa 2027: actualización e proba dos modelos Excel (MYDT), mellora dos scripts en Python/R/Stata, validación dos envíos dos países e elaboración de informes de revisión de indicadores. Ata 90 días de traballo entre xaneiro e novembro de 2027.
o Perfil: mestrado en Estatística, Matemáticas, Informática, Educación, Economía ou área afín; polo menos tres anos de experiencia en procesamento ou validación de datos; programación en Python ou R; nivel excelente de inglés.
o Prazo de solicitude: ata o 27/11/2026 (medianoite, UTC−5).
o Máis información: https://careers.unesco.org/job/Montreal-Consultancy-Data-Processing-&-Template-Automation-%28PythonR%29-SDG-4-Education-Survey-2027%28Remote%29-QC/1378013857/
• Analista de datos con R – Fundación Artemisan (Ciudad Real)
o Descrición: Posto de perfil júnior para proxectos de investigación sobre conservación e xestión da fauna silvestre: deseño de protocolos de mostraxe, análises reproducibles en R e interpretación e comunicación de resultados.
o Perfil: formación en Estatística, Ciencia de Datos, Matemáticas ou titulacións afíns; admítense tamén candidaturas de FP de grao superior con formación en análise de datos (incluída a especialización en Intelixencia Artificial e Big Data). É imprescindible o dominio práctico de R e unha base sólida de estatística aplicada.
o Máis información: https://fundacionartemisan.com/fundacion-artemisan-busca-un-analista-de-datos-y-un-titulado-superior-para-su-equipo-de-investigacion/
• PhD in Statistics and Machine Learning – Bocconi University (Milán)
o Descrición: Programa doutoral internacional de catro anos, impartido en inglés, con formación avanzada en Estatística, Probabilidade e Machine Learning e unha forte orientación á investigación metodolóxica e computacional.
o Financiamento: 6 bolsas de catro anos financiadas pola Tech Europe Foundation, cunha dotación de 27.000 euros brutos anuais e exención total das taxas de matrícula.
o Prazo de solicitude: ata o 08/02/2027 ás 23:59 CET.
o Inicio: setembro de 2027.
o Máis información: https://www.unibocconi.it/en/programs/phd/phd-statistics-and-machine-learning
• Programas de posgrao en Bioestatística e Ciencia de Datos – Mahidol University (Bangkok)
o Descrición: O Department of Clinical Epidemiology and Biostatistics da Faculty of Medicine Ramathibodi Hospital mantén aberta a admisión 2027 para programas internacionais en Clinical Epidemiology e en Data Science for Healthcare and Clinical Informatics, tanto a nivel de mestrado como de doutoramento.
o Perfil de especial interese: o PhD in Data Science for Healthcare and Clinical Informatics admite candidaturas con formación en Estatística, Matemáticas, Ciencia de Datos, Informática, Enxeñaría, Ciencias da Saúde e áreas afíns.
o Prazo da primeira rolda: ata o 31/01/2027.
o Máis información: https://graduate.mahidol.ac.th/Admission/
• Financiamento doutoral en Statistical Science – University College London (UCL)
o Descrición: O Department of Statistical Science de UCL mantén abertas distintas vías de financiamento doutoral en Estatística. Entre as opcións con acceso internacional destacan as UCL Research Excellence Scholarships e o UCL EPSRC Landscape Award.
o Prazo: 08/01/2027 para as UCL Research Excellence Scholarships e para o UCL EPSRC Landscape Award.
o Máis información: https://www.ucl.ac.uk/mathematical-physical-sciences/statistics/study/mphil-phd-opportunities/research-studentships
4.- Convocatorias e premios
Premios de Investigación Fundación Barrié-RAGC
o Descrición: A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Fundación Barrié queren dar recoñecemento público á investigación do máis alto nivel que se desenvolve en Galicia mediante a concesión de tres premios de investigación aos traballos correspondentes ás seguintes grandes áreas de coñecemento: Ciencias Básicas, Ciencias Técnicas e Ciencias Sociais.
o Prazo de presentación: 11/12/2026
o Máis información: https://www.ragc.gal/gl/premios-investigacion/
• Premio Nacional de Estatística (INE)
o Descrición: O Instituto Nacional de Estadística recoñece a contribución e o labor científico no campo da Estatística, manifestados a través da traxectoria profesional da persoa candidata ou mediante unha obra singular.
o Prazo de presentación: 15/02/2027
o Máis información: https://www.ine.es/dyngs/FYE/es/index.htm?cid=138
• Premio José Luis Rubio de Francia 2026 (RSME)
o Descrición: Premio da Real Sociedad Matemática Española dirixido á mocidade investigadora que desenvolve o seu labor no campo das Matemáticas.
o Prazo de presentación: 31/12/2026 (18:00 h)
o Máis información: https://rsme.es/convocado-el-premio-jose-luis-rubio-de-francia-2026/

