1.- Noticias
• XIII XORNADA DE FORMACIÓN PARA ELABORAR PROXECTOS DE ESTATÍSTICA
Información: A Sociedade Galega para a Promocion da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) e a
Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) organizan a XIII XORNADA DE
FORMACIÓN PARA ELABORAR PROXECTOS DE ESTATÍSTICA. Esta xornada está dirixida a profesorado de
materias STEM de educación secundaria en centros públicos e concertados. Este ano curso, como novidade,
ábrese a participación a profesarado de último ciclo de primaria. Impartirase nunha única edición presencial
na Facultade de Matemáticas da USC.
Horas de formación: 8 horas.
Lugar: Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.
Data límite para o rexistro: 16/11/2026
Rexistro: https://forms.gle/MxsZto7PR8J1ShEN9
Data e horario: 21/11/2026 en horario de 10:00 a 20:00
• 7ª Reunión Científica de BIOSTATNET: reserva das datas
Información: BIOSTATNET está a organizar a súa 7ª Reunión Científica, que se celebrará os días 13, 14 e 15 de
xaneiro de 2027 en Valencia. A Rede anunciará proximamente o programa, así como os prazos de inscrición e
de envío de resumos.
Datas: 13-15/01/2027.
• 4º Workshop BIOSTATNET Mulleres e Bioestatística: homenaxe a Anna Espinal
Información: O 9 de novembro de 2026 celebrarase na Universitat Autònoma de Barcelona o 4º Workshop
BIOSTATNET Mulleres e Bioestatística, dedicado á memoria e ao legado científico e docente de Anna Espinal
Berenguer. A xornada combinará unha sesión científica pola mañá con relatorios de investigadoras e
colaboradoras da Rede e unha sesión conmemorativa pola tarde.
Modalidade e inscrición: A asistencia é gratuíta e poderá seguirse de forma presencial ou en liña. O enlace de
conexión enviarase ás persoas inscritas cando se achegue a data do evento.
Data: 09/11/2026.
• Novidades de divulgación da SEIO
A SEIO celebra o Día da Estatística
- Información: Con motivo do Día da Estatística, celebrado o 20 de outubro, a Sociedade de Estatística e
Investigación Operativa (SEIO) promoveu diferentes iniciativas destinadas a divulgar a importancia da
Estatística na sociedade.
- Entre elas atópase unha nova Píldora SEIO, titulada “Celebrando a Estatística, pilar da xestión pública: cando o
pequeno importa”, na que Isabel Molina e Domingo Morales abordan o papel da investigación metodolóxica
como garantía da calidade e motor de innovación na Estatística Pública.
https://www.youtube.com/watch?v=T2jl5G92Vp8
- A celebración complétase cun vídeo elaborado por membros novos da SEIO no que Víctor España, Daniel García,
Bibiana Granda, Roi Naveiro e Belén Pulido presentan de maneira dinámica diferentes curiosidades
relacionadas coa Estatística e a Probabilidade.
- Máis información: https://www.seio.es
Novo artigo MuySEIO: “Cómplices del azar: de diseñar experimentos a seleccionar datos». Mariano Amo, Víctor
M. Casero, Sergio Pozuelo y Licesio Rodríguez
2.- Selección de congresos con convocatoria aberta
Workshop on Statistics and Applications (WSA 2026) (Lisboa, Portugal, 4-5 decembro 2026)
o Información: Celebrada con motivo do 70 aniversario de Wenceslao González Manteiga,
esta reunión científica internacional está organizada por ISEG Research, en colaboración co
Centro de Matemáticas da Universidade do Minho (CMAT), o Centro de Matemáticas da
Universidade do Porto (CMUP), o Centro de Matemáticas da Universidade de Coimbra
(CMUC) e o Centro Galego de Investigación e Tecnoloxía Matemática (CITMAga). O
obradoiro reunirá a destacados investigadores en Estatística e áreas relacionadas para
presentar e debater os avances metodolóxicos recentes e as súas aplicacións nunha ampla
gama de dominios científicos.
o Datas importantes:
• Envío abstracts: 27/09/2026
• Inscrición: do 15 de setembro ao 30 de outubro de 2026
o Web: https://wsa2026.iseg.ulisboa.pt/index.php
IMS International Conference on Statistics and Data Science (ICSDS 2026) (Split, Croacia, 15–18
decembro 2026)
o Información: A conferencia internacional ICSDS, organizada pola IMS, ten como obxectivo
reunir investigadores en estatística e ciencia de datos de academia, industria e
administración pública. O programa inclúe sesións plenarias, comunicacións contribuídas,
pósters e sesións convidadas, así como competición de artigos de estudantes e apoio á
participación de investigadores novos. Continúa a serie recente de edicións en Florencia
(2022), Lisboa (2023), Niza (2024) e Sevilla (2025).
o Datas importantes:
• Rexistro regular: 10/11/2026
• Rexistro tardío: 15/12/2026
o Web: https://sites.google.com/view/ims-icsds2026/
VIII Congreso de Jóvenes Investigadores de la Real Sociedad Matemática Española (RSME 2027)
(Zaragoza, 18–22 xaneiro 2027)
o Información: O Congreso de Jóvenes Investigadores de la Real Sociedad Matemática
Española (RSME) é un encontro bienal deseñado para que investigadores xoves de todo o
mundo, con vinculación á comunidade matemática española, compartan os seus resultados
máis recentes. Máis alá do intercambio científico, o seu obxectivo fundamental é crear novos
lazos e consolidar redes de colaboración entre quen formarán a futura comunidade
matemática.
o Datas importantes:
• Rexistro regular: do 13/10/2026 ata o 15/11/2026
• Rexistro tardío: do 16/11/2026 ata o 11/12/2026
• Solicitude de bolsas: ata o 27/10/2026
• Envío de posters: ata o 27/10/2026
o Web: https://jovenesrsme27.unizar.es/
RobStat Symposium 2027 – Reliable and Trustworthy Inference in Modern Data Environments
(Kolkata, India, 5-7 febreiro 2027)
o Información: Simposio internacional organizado polo Indian Statistical Institute, centrado
nos avances recentes en inferencia estatística robusta e fiable en contornas modernas de
datos. O programa abrangue desenvolvementos metodolóxicos, computacionais e
aplicacións relacionadas coa Estatística e a Ciencia de Datos.
o Datas importantes:
• Envío de resumos: ata o 30/11/2026.
• Comunicación da aceptación: 05/12/2026.
• Inscrición ordinaria: ata o 20/12/2026.
o Web: https://sites.google.com/view/robstat27/home
ROADEM’27 – 3rd International Conference of the Moroccan Association of Operational Research
and Decision Support (Rabat, Marrocos, 5-6 maio 2027)
o Información: Congreso internacional baixo o lema “Decision Making in the AI Era”, centrado
en Investigación Operativa, optimización, intelixencia artificial, analítica e apoio á decisión,
con participación académica e industrial.
o Datas importantes:
• Envío de artigos completos ata o 15/12/2026; envío de artigos curtos ata o
20/02/2027.
o Máis información: https://roadem2027.sciencesconf.org
OLA’2027 – International Conference on Optimization and Learning
(Cracovia, Polonia, 5-7 maio 2027)
o Información: Conferencia internacional centrada nas interaccións entre a optimización e a
aprendizaxe automática, incluíndo optimización baixo incerteza, metaheurísticas,
optimización multiobxectivo, aprendizaxe automática e novas aplicacións.
o Datas importantes:
• Envío de traballos: ata o 18/12/2026.
o Web: https://ola2027.sciencesconf.org
GRASPA-SIS – 3r biennial conference of the Italian research group for Environmental Statistics
(Venice, Italy, 27-28 maio 2027)
o Información: GRASPA é a conferencia bienal do grupo de investigación italiano de estatística
ambiental GRASPA-SIS e o principal evento sobre estatística ambiental en Italia. Tamén é
unha conferencia rexional da TIES.
o Datas importantes:
• Envío de abstracts: abrirá proximamente
o Máis información: https://graspa.sis-statistica.it/events/graspa-2027-conference/
RSME-AMS 2027 Joint International Meeting (Santiago de Compostela, 22-25 xuño 2027)
o Información: Segundo encontro conxunto da Real Sociedad Matemática Española e a
American Mathematical Society, que reunirá á comunidade matemática internacional con
relatorios plenarios e sesións paralelas temáticas.
o Datas importantes: a apertura do envío de comunicacións contribuídas e pósteres está
prevista para o 16/11/2026.
o Web: https://citmaga.usc.es/rsmeams2027/index.html
35th European Conference on Operational Research – EURO 2027 (Atenas, Grecia, 11-14 xullo 2027)
o Información: A 35ª edición da European Conference on Operational Research é o principal
encontro europeo no ámbito da Investigación Operativa e Management Science. A
conferencia reunirá persoal investigador, profesionais e estudantes interesados en
Investigación Operativa, modelización matemática, analítica, sistemas intelixentes de
decisión e as súas interaccións coa intelixencia artificial.
o Datas importantes:
• Envío de resumos: ata o 28/02/2027 ás 23:59 GMT.
• Comunicación da aceptación: 07/03/2027.
o Lugar: University of West Attica, Atenas.
o Web: https://euro2027athens.com/
(IWSM 2027) 41st International Workshop on Statistical Modelling (Bilbao, 18–23 de xullo de 2027)
o Información: A 41ª edición do International Workshop on Statistical Modelling (IWSM)
celebrarase en Bilbao, organizada polo Departamento de Matemáticas da Universidade do
País Vasco (EHU). O IWSM é un dos principais encontros internacionais dedicados á
modelización estatística e céntrase en novos desenvolvementos metodolóxicos orientados
á resolución de problemas reais. O workshop caracterízase ademais por non ter sesións
paralelas, favorecendo o intercambio científico entre todas as persoas participantes.
o Datas importantes:
• Curso o 18 de xullo; workshop do 19 ao 23 de xullo de 2027.
• Envío de traballos: a web aínda non publica o prazo límite.
o Web: https://iwsm2027.com
3.- Ofertas de traballo
• 1 contrato Posdoutoral na University of South Carolina
o Descrición: O obxectivo principal deste posto de investigador posdoutoral é impulsar a
metodoloxía estatística e a investigación aplicada nun proxecto financiado pola
subvención R01 e centrado no descubrimento de biomarcadores dixitais. Baixo a
supervisión directa do Dr. Ghosal e a co-investigadora principal, a Dra. Cui, o
investigador liderará o desenvolvemento e a aplicación de técnicas avanzadas de análise
de datos funcionais e distribucionais. O posto esixe capacidade analítica e autonomía
para deseñar estudos de simulación, procesar datos complexos do mundo real e
transformar os resultados analíticos en artigos de alto impacto —tanto metodolóxicos
coma aplicados— para revistas científicas de primeira liña con revisión por pares. Así
mesmo, a persoa investigadora contribuirá á comunidade científica mediante o
desenvolvemento de software estatístico de código aberto e ben documentado en R, a
presentación dos resultados en conferencias relevantes de bioestatística e a orientación
de estudantes de grao e posgrao, todo isto contando cun apoio continuo para o seu
propio desenvolvemento profesional e a súa carreira investigadora independente.
o Datas importantes:
Prazo de presentación de solicitudes ata o 30/10/2026
Data prevista de incorporación: 16 de xaneiro de 2027
o Máis información: https://uscjobs.sc.edu/postings/213017
• Research Studentships – UCL Department of Statistical Science
o Información: O Department of Statistical Science de University College London (UCL)
ofrece distintas bolsas e oportunidades de financiamento para realizar estudos de
doutoramento en Estatística e áreas relacionadas. As axudas permiten incorporarse a
proxectos de investigación do departamento e desenvolver investigación
metodolóxica e aplicada nun ambiente internacional.
o Convocatoria actualmente aberta: Home Departmental Studentship.
o Prazo: ata o 31/10/2026.
o Máis información: https://www.ucl.ac.uk/mathematical-physical-sciences/statistics/study/mphil-phd-opportunities/research-studentships
• 1 contrato Posdoutoral na Universidade do Algarve
o Datas importantes:
Prazo de presentación de solicitudes ata o 06/11/2026
o Máis información: https://www.ualg.pt/bolsas-de-investigacao?id=481823
o Para máis información, contactar con: Clara Maria Henrique Cordeiro
• 1 contrato de persoal investigador na Universidade do Algarve
o Datas importantes:
Prazo de presentación de solicitudes ata o 30/11/2026
o Máis información: https://www.ualg.pt/bolsas-de-investigacao?id=481824
o Para máis información, contactar con: Clara Maria Henrique Cordeiro
4.- Convocatorias e premios
• Convocatoria Premios de investigación Concello de Ferrol
o Descrición: Estes premios teñen como finalidade apoiar e impulsar os labores de
investigación realizados nalgún dos cinco ámbitos universitarios cos que se relacionan.
Poderanse relacionar xa sexa desde un enfoque estrictamente teórico, a partir da
análise de experiencias/feitos concretas/os ou como proxectos de futuro, podendo polo
tanto ter unha perspectiva histórica, de presente ou como proxección de futuro.
o Datas: 09/11/2026
o Máis información: https://www.ferrol.es/premiosdeinvestigacionconcellodeferrol/
• Premios Enrique Fuentes Quintana de Teses Doutorais
o Descrición: Premios convocados por Funcas para recoñecer teses doutorais de
excelencia en cinco ámbitos, entre eles Enxeñaría, Matemáticas, Física, Química e
Arquitectura.
o Datas: ata o 16/11/2026
o Máis información: https://www.funcas.es/premios-enrique-fuentes-quintana/
• Axudas para a Formación de Profesorado Universitario (FPU) 2026
o Descrición: Financiamento de contratos de formación de persoal investigador
destinados á realización dunha tese de doutoramento e á formación de novo persoal
docente e investigador.
o Datas: Prazo previsto: do 20/10/2026 ao 20/11/2026.

