O pasado 23 de outubro de 2026 celebrouse en Vigo a sexta edición do PhDay-EIO, unha xornada dirixida ao alumnado de doutoramento no ámbito da Estatística e a Investigación Operativa, que se consolidou un ano máis como un espazo de encontro para a difusión da investigación.

No marco desta xornada, o Comité Organizador do PhDay-EIO acordou por unanimidade conceder o premio á mellor comunicación oral á presentación titulada “De datos con ruido a variedades: estimación minimax de hipersuperficies”, realizada por Héctor González Vázquez, da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

A entrega do galardón contou coa colaboración da SGAPEIO. Na fotografía recóllese o momento da entrega do premio. 
De esquerda a dereita: Nora Martínez Villanueva (socia da SGAPEIO e encargada da entrega do premio), Paula Soto Rodríguez (membro do comité organización do VI PhDay-EIO), Héctor González Vázquez, gañador do premio e Alejandro Bernárdez Ferradás, (membro do comité organización do VI PhDay-EIO).

 

Desde a SGAPEIO queremos felicitar a Héctor González Vázquez por este recoñecemento e agradecer ao comité organizador do VI PhDay-EIO o seu traballo e compromiso coa promoción da investigación e da formación das novas xeracións de investigadores e investigadoras en Estatística e Investigación Operativa.

A xornada rematou cunha fotografía de grupo de parte das persoas asistentes ao VI PhDay-EIO.