Desde a SGAPEIO queremos compartir convosco unha noticia moi especial: a creación da Fundación Carmen Cadarso, que nace para dar continuidade á traxectoria de Carmen, froito de máis de trinta anos de dedicación á docencia, á investigación e á transferencia no ámbito da Bioestatística.
Moitos de vós coñecestes a Carmen e sabedes da pegada que deixou, tanto polo impacto do seu legado científico como pola súa enorme calidade humana e xenerosidade.
O acto de presentación oficial da Fundación será:
Data: martes, 1 de decembro de 2026.
Hora: 11:00, cun aperitivo posterior para as persoas asistentes.
Lugar: Salón Nobre do Pazo de Fonseca, Santiago de Compostela.
O acto estará presidido pola reitora da Universidade de Santiago de Compostela, Rosa María Crujeiras Casais, xunto cos membros do Padroado e do Comité Científico da Fundación.