XXVI Congreso da Sociedade Portuguesa de Estatística - SPE 2023

O XXVI Congresso da Sociedade Portuguesa de Estatística (SPE 2023) terá lugar entre o 11 e o 14 de outubro de 2023, no Centro Cultural Vila Flor de Guimarães, situado preto do centro histórico da "Cidade Berço" de Portugal.

O evento, organizado polo Centro de Matemática da Universidade do Minho (CMAT/UMinho) xunto con a Sociedade Portuguesa de Estatística (SPE), está dirixido a investigadores e profesionais da área da Estatística de Universidades, Institutos e Laboratorios de Investigación, Empresas, Goberno, Entidades Reguladoras e de Estatísticas Oficiais. A participación de estudantes e de novos investigadores é particularmente benvida. Ademais do habitual Minicurso, que este ano titúlase "Modelação Conjunta de Dados Longitudinais e de Sobrevivência", o programa científico inclue cuatro sesións plenarias, sesións conxuntas con outras sociedades, varaias sesións temáticas e comunicacións libres seleccionadas (orais e en poster).

DATAS IMPORTANTES:

  • Envío de resumos: ata o 18 de xuño de 2023
  • Inscrición reducida: ata o 15 de xullo de 2023

ORADORES CONVIDADOS:

  • Jacobo de Uña-Álvarez (Universidade de Vigo, España)
  • Jorge Caiado (Instituto Superior de Economia e Gestão, Portugal)
  • Maria Eduarda Silva (Universidade do Porto, Portugal)
  • Maria Kateri (Aachen University, Alemaña)

MINICURSO:

  • MODELAÇÃO CONJUNTA DE DADOS LONGITUDINAIS E DE SOBREVIVÊNCIA impartido por Pedro Miranda Afonso (Erasmus Medical Center Rotterdam, Países Baixos)

ESTUDANTES | BOLSAS DE PARTICIPACIÓN

A SPE asigna un número limitado de bolsas para a participación dos estudantes no Congreso, de acordo coa normativa dispoñible en https://www.spestatistica.pt/pt ou ben w3.math.uminho.pt/SPE2023/img/Regulamento_bolsas_congresso_2023.pdf

MÁIS INFORMACIÓN: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.  e w3.math.uminho.pt/SPE2023

 

2024  SGAPEIO   globbers joomla templates