ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Máster en Técnicas Estatísticas
O Máster en Técnicas Estatísticas é un máster interuniversitario organizado polas tres Universidades galegas: A Coruña, Vigo e Santiago de Compostela (universidade coordinadora). Ademais, participan profesores invitados de recoñecido prestixio de universidades nacionais e estranxeiras.
A duración do mesmo é dun ano e medio. Para obter o título de máster débense completar 90 créditos (en xeral, 60 o primeiro ano e 30 o segundo). A modalidade de ensino é presencial e os cursos séguense por videoconferencia.
O Máster divídese en tres cuadrimestres:
- Primeiro cuadrimestre: Fundamentos de Estatística e Investigación Operativa.
- Segundo cuadrimestre: Materias avanzadas.
- Terceiro cuadrimestre: Materias especializadas e Traballo Fin de Máster (traballo relacionado coa abordaxe e proposta de solución dun problema práctico, ou co inicio á investigación). Existe a posibilidade de realizar o Traballo Fin de Máster a través de prácticas en empresas.
Obxectivos:
- Orientación académica: obter unha formación avanzada en Estatística e Investigación Operativa, tanto no aspecto teórico como no aplicado.
- Orientación investigadora: capacitar ao estudante para a investigación no ámbito da Estatística e a Investigación Operativa. Dar os primeiros pasos na investigación, que se culminan na elaboración dunha tese de doutoramento.
- Orientación profesional: proporcionar formación sobre á aplicación dos métodos da Estatística e a Investigación Operativa que son valiosos na práctica profesional en múltiples sectores: biosanitario, finanzas, enxeñería, entre outros, así como nas actividades que requiren investigación, para as cales os métodos estatísticos son indispensables.
O Máster está dirixido a graduados e profesionais interesados en obter formación avanzada en técnicas estatísticas. Ademais, da acceso a un programa de doutorado (tamén interuniversitario) na área de Estatística e Investigación Operativa e, por tanto, diríxese tamén a aquelas persoas interesadas en iniciar unha etapa pre-doutoral.
O título del Máster ofrece a posibilidade de emplearse como profesional da estatística en:
- Empresas do sector financeiro.
- Empresas do ámbito da saúde.
- Administracións públicas.
- Empresas de investigación social.
- Laboratorios de investigación e desenvolvemento.
- En moitas outras actividades profesionais.
Contacto:
Hai un coordinador por cada universidade.
- Balbina Casas Méndez - Coordinador Xeral e da Universidade de Santiago de Compostela (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.)
- Jacobo de Uña Álvarez - Coordinador da Universidade de Vigo (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.)
- Germán Aneiros Pérez - Coordinador da Universidade da Coruña (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.)
Sitio da web: http://eio.usc.es/pub/mte


