ÚLTIMAS NOVAS
- Avances Recentes en Modelos M-Cuantil para a Estimación en Áreas Pequenas
- Convocatorias abertas de financiación estatal e autonómica
- VIBASS 8: Escola de Verán Internacional en Estatística Bayesiana de Valencia
- Seminario web Statistical Modeling for Scientists and Engineers
- Seminarios web do International Statistical Institute (ISI)
Acceso socios
MatCampus 2010
Desde a Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela (USC), en colaboración co Departamento de Matemáticas da Universidade do Minho e o Centro Internacional de Matemáticas (CIM) en Portugal, se está a organizar unha actividade, MatCampus 2010, dirixida a estudantes de 1º de Bacharelato dos centros de ensino medio de Galicia e Portugal que amosen un interese especial polas Matemáticas. MatCampus 2010 ten como obxetivo achegar as matemáticas á xuventude galega e portuguesa entre os 16 e 17 anos, mediante actividades que se celebrarán do 18 ao 31 de xullo de 2010 en Braga e Santiago de Compostela.Esta actividade conta co aval científico da Sociedad Española de Estadística e Investigación Operativa (SEIO), a SGAPEIO e a Sociedad Española de Matemática Aplicada (SEMA). Para máis información consultar http://www.matcampus2010.org