Axudas da Fundación BBVA para os Equipos de Investigación Científica 2017-Big Data

Presentación: Estas axudas a proxectos de investigación reflicten o compromiso da Fundación BBVA coa promoción da investigación científica en diferentes áreas e a súa proxección á sociedade co galo de ampliar as oportunidades individuais e colectivas e así abordar de xeito efectivo os grandes retos do século XXI.
A área cuberta por esta convocatoria é o Big Data. As axudas se destinarán a proxectos de investigación básica ou aplicada relacionados coa análise de datos masivos e complexos, incluíndo técnicas e algoritmos para aprendizaxe de máquina, clasificación e “regression trees”, modelos lineais para datos lonxitudinais, “Random Forest”, máquinas de vectores soporte, métodos kernel, recoñecemento de patróns e visualización de datos.

Dotación e prazo: Serán concedidas un máximo de 5 subvencións. O importe bruto máximo de cada unha delas será de 100.000 euros. O prazo máximo de execución dos proxectos seleccionados será de 2 anos.

Modo de presentación: As solicitudes deben ser presentadas polo investigador principal, suxeitos ao acordo da entidade universitaria ou á organización de investigación á que está vinculada, a través da ferramenta de presentación de solicitudes dixitais dispoñible na páxina web da Fundación BBVA: www.fbbva.es

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 28 de febreiro de 2018, ás 19 horas.

2019  SGAPEIO   globbers joomla templates