Prazo limite envío de resumos III Encontro Luso-Galaico de Biometria (EBio2018) - 8 de Abril

Lémbrase que está aberto o prazo de presentación de resumos para o III Encontro Luso-Galaico de Biometría (EBio2018) que se celebrará na Universidade de Aveiro entre o 28 e o 30 de xuño de 2018.

O resumo (de ata 4 páxinas) debe enviarse antes do día 8 de abril accedendo a páxina https://ebio2018-gl.weebly.com/comunicaciones.html.

Destácase que se concederán premios para a primeira y segunda mellores comunicacións orais para investigadores novos. Esta información, incluíndo o regulamento, estará dispoñible en breve na páxina web do encontro.
Ademais, concederase o premio a mellor comunicación en formato póster.

Os traballos presentados no EBio2018 poderán ser sometidos ao número especial de Biometría que a revista REVSTAT publicará en 2019.

Sesións Plenarias

  • Peter Müller, Universidad de Texas Austin, EUA
  • Alessandro Fassò, Universidad de Bérgamo, Italia
  • Ricardo Cao, Universidade da Coruña, España
  • Carlos Daniel Paulino, IST-UL, Portugal

Minicurso em Biometry with compositional data
Karel Hron, Universidad de Palacký, República Checa
Xa está dispoñible, na páxina web do encontro, a información relativa ao tema e participantes na mesa redonda.

DATAS IMPORTANTES:
Envío de resumos: ata o 8 de abril de 2018
Notificación de aceptación: 11 de maio de 2018
Inscrición a prezo reducido e inclusión no libro de actas: 25 de maio de 2018
Para máis información consultar a web http://ebio2018-gl.weebly.com/

2019  SGAPEIO   globbers joomla templates